15/1/08

O noso clube de lectura: Arredor de si.


Hoxe querémosvos contar que no noso instituto xa hai anos que tivemos un clube de lectura e este ano volvémolo recuperar. Despois de moito pensar e barallar moitas ideas decidimos facerlle unha pequena homenaxe á nosa literatura escollendo o título da novela de Otero Pedrayo Arredor de si como nome do noso clube, eso si, tamén aceptamos máis suxerencias. Comenzamos lendo Luces del Norte; para ilustrar o tema, imos ir ver a película que fixeron baseada neste libro: La brújula dorada. Os máis de nos xa temos escollido o noso daimonion (se queredes saber o que é, teredes que ler o libro). Algúns dos que xa rematamos coa lectura deste libro, estamos a ler outro moi especial que se titula El señor Ibrahim y las flores del Corán. Gostaríanos moito que nos visitedes no noso, e agora voso tamén, blog Arredor de si. Logo, se vos interesa a idea, esperámosvos nas reunións do clube de lectura.

2 comentarios:

Oki dijo...

Quero mandar unha aperta moi moi grande para Catalina, esta estupenda profesora que está a levar o clube de lectura e que está traballando moitisimo nesta bblioteca do noso instituto.
E tamén outra aperta e moitísimas felicitacións a tod@s os participantes-lector@s do clube de lectura, porque están descubrindo e vivindo o fantástico regalo que é a lectura.

Anónimo dijo...

Pois eso que xa se empezan a ver os resultados do clube de lectura e eso é un punto,parabens a todos o que o conformades e conformamos (aínda que non sempre) porque ler sempre é unha sorte e en compañía máis.