30/10/07

Dominio. gal

Na reunión de biblioteca de onte luns, a nosa compañeira OKI, defendeu a incorporación do logotipo .gal no noso blog para axudar na campaña que se está a levar a cabo por un dominio galego a través de http://www.puntogal.org/. O curioso, e que nos debería facer reflexionar seriamente, e que sexa unha persoa vallisoletana, a que nos teña que indicar o camiño para reivindicar a nosa cultura e que non estemos máis concienciados dela os propios galegos. Ben é verdade que OKI xa é galega, non tedes máis que comprobar como escribe en galego (ver blog e comentarios), e como fala, aínda que con certo acento castelá.
Partamos do principio: ¿Que é un dominio?, a pregunta pode parecer un pouco absurda, pero ¿sabémolo?...
Pois non é nin máis nin menos que o nome que identifica un sitio web. Cada dominio é único dentro de internet. Normalmente compóñense de tres partes:
  • as tres www
  • o nome da organización
  • o tipo de organización
Existen dou tipos de dominios de primeiro nivel: xenéricos e código de país. Os xenéricos foron creados para o uso público da rede e os de código de país para ser usados en cada un deles de maneira individual. Os xenéricos corresponden ó tipo .com, .org, .net, .info .gov, .mil ou .int. Os dominios de código de país son, por exemplo, .uk, .es, .mx ou .fr.
Dominos como .com, .net, .org, .biz, .name, .museum, .aereo ou .info están dispoñibles para persoas físicas e para empresas de todo o mundo. Son, digamos, os dominios básicos da rede. Poden rexistrarse (ou mercarse) a través de empresas acreditadas.
Os dominios .edu, .gov e .mil están reservados para institucións norteamericas e o .int é para organizacións establecidas por tratados internacionais entre gobernos.
Os dominios de código de país non corresponden necesariamente con estados independentes ou recoñecidos pola ONU, senón que son aqueles que están inscritos na lista ISO3166. Son empregados maioritariamente para empresas ou persoas que desexan establecerse en internet ou protexer a súa marca ou identidade comercial nese territorio.
Así como os anteriores eran orixinariamente de tres letras (algúns dos novos ten algunha máis), os dominios xeográficos identifícanse sempre por dúas letras (.uk é para United Kingdom, Reino Unido, es para España). Para o caso galego, o dominio xeográfico quedaría hoxe restrixido á combinación .gz (outros como ga, gl están ocupados). Esta opción, sendo posible, conta sen embargo con problemas de regulamento non resoltos a día de hoxe.
A opción máis factible para un DOMINIO GALEGO refíres os de tres letras esponsorizados, que son grupos de usuarios da rede con estreitos vencellos que os permiten definirse como comunidade. (Ex: .cat para a comunidade lingüítica e cultural catalana que xa o ten conseguido).
A Asociación PuntoGal promove a creación do dominio .gal para a comunidade lingüística e cultural galega.
(información vía ASOCIACIÓN PUNTOGAL). Visita a páxina si queres saber máis

27/10/07

LIBROS para ser OLLADOS... e LIDOS

Como vos indiquei o martes, inauguramos unha nova seción: LIBROS QUE ENTRAN POLA VISTA, porque somos conscientes de que non a todos vos gusta ler e que tedes o dereito a non ler, pero tal vez vos guste mirar porque a través dos "santos" tamén se aprende e se disfruta. E eu pensei que sería bó traer a este blog eses libros que vos imos a expoñer e que podedes tocar e mirar no instituto.
A vindeira semana o libro que se expoñerá será: LA REVOLUCIÓN DE LAS MUJERES. Crónica gráfica de una evolución silenciosa.

"Creo que el acontecimiento social más importante del siglo XX, la revolución más profunda y poderosa, ha sido la incorporación de la mujer a la vida pública, al trabajo, a la política. Para la sociografía el tema resulta especialmente atractivo, porque es el paso de la invisibilidad histórica a la visibilidad" (J.A. Marina)

Este libro foi comprando por dúas cousas:

  • Primeiro porque con só velo enamoraste del.
  • Segundo porque o seu autor é José Antonio Marina , profesor de filosofía, autor de libros de gran éxito e conferenciante marabilloso (eu tiven o pracer de escoitalo nunha charla e foi xenial, deses días que non esqueces e que tes no recordo para sempre.
Neste libro aborda a presenza e evolución da muller ó longo do século XX, con texto e imaxes impactantes entrelazados unha sintonía de constrastes.

Neste libro aparece unha reseña de EMILIA PARDO BAZÁN sobre a muller galega: "Carga sobre sus hombros pesados sacos llenos de centeno o máiz y los lleva al molino. Amasa la harina, enciende ella misma el horno y cuece en el tosterono el mollete. Hace de niñera, apacienta bueyes, ordeña las vacas, marcha al mercado con la cesta en la cabeza para vnder sus productos: leche, pollos, huevos, hojas de berza, quesos. Esa mujer que trabaja sin tregua, va a ser esclava y criada de todos: del abuelo, del padre, del marido, del niño, de los animales que cuida". (LA MUJER GALLEGA)

26/10/07

TODO BAJO EL CIELO - Matilde Asensi

As viaxes teñen unha influencia amnésica moi poderosa, teñen ese poder máxico sobre o tempo e a razón ao obrigarche a romper cos costumes e os medos de cada día.

¿Queres facer entón unha viaxe pola China de principios do século XX? ¿Queres ir de aventuras por ese país dos taoístas e do tai-chi, que eles chaman “Todo baixo o ceo”?

Coñecerás da man de Matilde Asensi algo da súa xeografía entre Shangai e Pekín, da súa filosofía do Tao, da súa historia de emperadores, colonizacións occidentais e comunismo, e das súas lendas das dinastías de emperadores e conspiracións polo poder.

Aprenderás da súa filosofía que calquera vida por indigna que sexa hai que respectala ou que cando pidas respecto para as túas tradicións debes ofrecelo ti tamén para as dos demais, e en especial no que se refire ás mulleres.

Vive unha entretida aventura polo corazón de China con dúas mulleres españolas, un intelixente rapaz, un vello e enigmático anticuario chinés e un mestre taoísta bo e sabio na procura da tumba do primeiro emperador chinés, un segredo tan ben gardado durante numerosas xeracións e que agora poderás desvelar por ti mesmo...

www.todobajoelcielo.com

25/10/07

Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos (Library of Congress)

Edificio Thomas Jefferson de la Biblioteca del Congreso














Situada en Washington DC y fundada en 1800, es la mayor biblioteca del mundo. Cuenta con más de 126 millones de volúmenes en más de 460 lenguas entre los que destaca una tableta de piedra del año 2040 adC. Está organizada en veintinueve salas de lectura.

En la práctica es la Biblioteca Nacional de los Estados Unidos.

Si queredes entrar nela, picade neste link: http://www.loc.gov/index.html












Salón de lectura de la Biblioteca del Congreso.

23/10/07

Bibliotecas Escolares si, por favor

Maña 24 de outubro, celébrase o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES e dende a biblio non vos imos a aburrir con ningunha historia sobre a importancia (que a teñen) das bibliotecas, só nos imos remitir ó que di Michael Gorman sobre elas como unha nova forma de ler as cinco leis da ciencia bibliotecaria enunciadas por Ranganathan ¿lembrades que falamos del fai pouco?. Son istas:
  • As bibliotecas serven á humanidade.
  • Respectar todas as formas en que se transmite o pensamento.
  • Usar a tecnoloxía intelixentemente para mellorar o servizo.
  • Protexer o acceso gratuíto ó coñecemento.
  • Honrar o pasado e crear futuro

Ademais ofrece algúns pensamentos para que os bibliotecarios os ponderen mentras abrazan ó futuro:


Recordade que o servizo ás persoas e ás comunidades é a razón primaria para a existencia das bibliotecas.

Recoñecer que o coñecemento e o entendemento, non os datos e a información, son o interese primordial das bibliotecas.

Defender ós principios éticos da bibliotecoloxía (acceso igual ós materiais e recursos, servizos, cooperación e libertade intelectual

Enorgullecerse da forma en que os bibliotecarios/as e as bibliotecas honraron a súa misión durante séculos e aceptaron o peso desa misión, esa eterna misión de coleccionar, preservar, organizar e diseminar os documentos onde constan o coñecemento e a información para a humanidade e proveer servizos ás persoas basados nestos documentos. (Información recollida de Margarita Mercado Cortés)

Dende Arzúa, mañá e aproveitando esta celebración, inauguramos unhas novas seccións que esperemos sexan do voso interese:
Libros que entran pola vista

Grandes bibliotecas

Novidades na entrada

Non morde é só ciencia

Lecturas a medianoite... cóntanos os teus libros favoritos (empezamos polos profes)

Extraído de: Gaturro I / Nik. — Buenos Aires : Catapulta, cop. 2005 – ISBN 987-1078-49-8

21/10/07

Ranganathan en Santiago


Onte e máis antonte celebráronse en Santiago as XORNADAS DE BIBLIOTECAS DE GALICIA 2007 cun éxito total de público (máis de 1000 persoas) e cun éxito total de organización.
Este ano o lema era LER AO DEREITO. O DEREITO A LER.
Estas xornadas servíronnos para reflexionar sobre a lectura na escola e para facer novas amizades e volver a ver as antiguas, que cada vez están máis presentes.

A algúns tamén nos serviron para descubrir a RANGANATHAN . Foi unha das ponentes, Pilar Pérez Esteve, quen nolo presentou e resulta que ademais de bibliotecario era matemático e o que postulou, mediante 5 leis, nin máis nin menos que a esencia da biblioteconomía:
  1. Os libros son para usarse
  2. Cada lector ten o seu libro
  3. Cada libro ten o seu lector
  4. O tempo do lector é precioso, aforra tempo ó lector
  5. A Biblioteca é un organismo vivo e en crecemento
Así desta forma sinxela e tan fermosa exprésase unha VERDADE.
Máis sobre estas xornadas nos blogs:

Silencio na Biblio...

19/10/07

Día internacional do cancro de mama

Hoxe é o día internacional do cancro de mama e parecíame importante ensinarvos este novo anuncio feito para concienciarnos, a todos, deste problema. Pero, é máis importante darnos conta da solución que ten esta enfermidade : a detección precoz. O cancro non só é un problema do que o padece senón que tamén o sufre o seu entorno.


18/10/07

Conformando algunhas NOVIDADES

Hoxe comenzou a funcionar unha nova sección que cremos pode ser de interese para toda a comunidade educativa do centro: é a sección de novidades que engadimos na nosa páxina web, nela pretendemos darvos a coñecer as novas que van entrando a formar parte dos fondos e que polo tanto podedes consultar.
Buscádenos:
http://biblioarzua.googlepages.com/anosaweb aquí busca o link de novidades

Si queres ver esas novidades busca o expositor no corredor contiguo da biblio e si che interesan ... xa sabes .... leváos en préstamo!


A partir do Luns 5 de novembro comenzaremos un proxecto "HORA DE LER", esperamos vos guste e estade atentos ó que chegará as vosas aulas... un mundo de viaxes e aventuras...
Tamén queremos expresar a nosa alegría xa que dúas das nosas mellores lectoras empezarán a colaborar con nos no préstamo e na biblio. Son Iria Carreira e Raquel Facorro (1º Bach.). Moitas grazas as dúas, estamos encantadas de tervos no grupo. Esperemos que haxa máis colaboradores si queredes apuntarvos xa sabedes pasade pola biblio .... otorgamos algunhas dadivas!

15/10/07

Obxectivo común: Salvar o medio ambiente... salvarnos

A través de " O Segrel do Penedo" descubrín que hoxe 15 de outubro organizouse unha acción que pretende atraer a atención cara unha causa común: O Medio Ambiente. Esta iniciativa está enmarcada no Día de Acción do Blog.
O cambio climático é un dos maiores desafíos que afrontamos e por eso precisamos un esforzo global para tratar de deter ou revertir os seus efecto.
Dende o Blog da Biblio do IES de Arzúa a nosa pequena contribución a tan grande empresa:



14/10/07

Marabillas da enxeñería

A través dun correo que me enviou o noso querido compañeiro Fernando Verdes, descubrín unha pasada de "deseños tecnolóxicos" que me deixaron coa boca aberta e os ollos coma platos, e pensei que tiña que compartilo con todos vos e de paso darlle ánimos a Fernando que continúa a loitar coa enfermidade.

Nós votámoste de menos na biblio. Bicos e mogollón de grazas por colaborar aínda que sexa de forma indirecta con esta biblio que ti axudaches a formar e a crecer.


Alucinas con esta foto, pois clicade neste enlace: MARABILLAS DA ENXEÑERÍA DO SÉCULO XXI, e descubriredes unha presentación moi interesante e sorprendente.

11/10/07

Paisaxes impresionistas

Aínda que o Impresionismo aplícase en diferenes artes como música e literatura, a súa vertente máis coñecida é a da pintura impresionista, este movemento desenrolouse a partir da segunda metade do século XIX en Europa, principalmente en Francia.
Os impresionistas preocupábanse máis por captar a incidencia da luz sobre o obxecto que pola exacta representación das súas formas. Eliminaron os detalles minuciosos e tan só xurdiron as formas empregando as cores primarias (cian, maxenta e amarelo) e as complementarias (laranxa, verde e violeta), desta forma conseguiron ofrecer unha ilusión da realidade aplicando directamente sobre o lenzo pinceladas de cor curtas e xustapostas que son mesturadas polo observador dende unha certa distancia.
O termo impresionistas foilles imposto, de forma peiorativa polo crítico Louis Leroy, ó ver a obra de Monet "Impresión atardecer" ou" Impresión sol naciente"pintada en 1872.
Algúns dos seus principais representantes son: Cézanne, Monet, Pisarro, Degas, Morisot, Renoir y Sisley).
Este movemento exerceu unha gran influencia durante décadas, así xurdiron novas técnicas como o puntillismo e pintores como Toulouse-Lautrec, Paul Gauguin e Vincent van Gogh estiveron moi influenciados pola viveza do colorido desta corrente pictórica.

Si queredes saber máis temos varios libros sobre o impresionismo na biblioteca e tamén sobre os pintores que se mencionan no artigo....BUSCAOS !...

10/10/07

Contrastes

¡Vale más una imagen que mil palabras!

Así es el mundo, lleno de contrastes y estos son los que lo hacen tan bonito.

Publicidade?

Non teño palabras para describir esta publicidade, e vos como vedes o asunto...?
(Vía Trafegandoronseis e Bibliotecadocole)


9/10/07

Olvido García Valdes: Premio Nacional de Poesía


Hoxe acábase de facer público o PREMIO NACIONAL DE POESÍA, otorgado polo Ministerio de Cultura e que recaeu nunha asturiana: OLVIDO GARCÍA VALDÉS
RESEÑA BIOGRÁFICA
Poeta española nacida en Santianes de Pravia, Asturias, en 1950. Licenciada en Filoloxía Románica e en Filosofía, co-dirixe a revista "Los Infolios" e é membro do consello editor de "El signo del gorrión" creada en 1992. Foi xurado de varios premios literarios, publicou diversos artigos en distintos medios periodísticos e traduxo «La religión de mi tiempo» de Pier Paolo Pasolini. Os seus poemas foron traducidos ó francés, inglés e alemán e foron recollidos en importantes antoloxía. En 1990 gañou o Premio Ícaro de Literatura polo seu libro "Exposición" e en 1993 o Premio Leonor de Poesía por «Ella, los pájaros». Ademais é autora dos libros «El tercer jardín» en 1986, «Caza nocturna» en 1997, e «Del ojo al hueso» en 2001. En 2006 foi publicado "Y todos estabamos vivos" polo que acaba de recibir o PREMIO NACIONAL DE POESÍA.

Ela mesma di: "No hay una escritura femenina, pero sí hay una escritura de mujeres. (...) ¿cómo no va a haber tenido influencia, para la literatura y para la lengua, la situación jurídica, económica, social y cultural de las mujeres a lo largo de la historia? (...) ¿cómo no va a influir la experiencia histórica, y la experiencia presente y personal de las mujeres, de la mitad de la población, en lo que escriben?, ¿cómo no va a ir creando una lengua y un modo de ver y de pensar el mundo nuevos?"

EL RECORRIDO DEL SOL CUANDO CAE...
el recorrido del sol cuando cae
la noche, el recorrido
de la noche, hacia dónde
va llegando, mirar
lo conocido como signos
que son y ya no son, un aceite
de estar, representar
su hueco,
desplazados miramos
como si fueran los otros
siempre a estar ahí y de
pronto no están o no estuvieran
De "Y todos estábamos vivos"

5/10/07

Chegou o San Froilan e con Peludez...

A PELUDEZ por MANUEL MARÍA
Meu querido PELÚDEZ, vello amigo,
luguesa flor de onte e de lameiro,
freixo frondoso, nobre castiñeiro,
mistura de bon millo e de pantrigo
Home sufrido, alerta e cismador:
sabes que caíches na fochanca,
na trampa que che puxo o cazador.
O teu lúcido instinto é o puxigo
que dá luz ó teu vivir tristeiro:
un marmurio calado de regueiro
e unha humilde forteza de caxigo.
Pra defenderte usas da retranca:
disimulo reposo e sorridor
que pese a non ferir ó mellor manca!

Monumento a Famila Peludez en Lugo
Obra en bronce de Fernándo García Blanco

Hoxe día de San Froilán, e como boa lucense, aínda que lonxe da terra, quero recordar a unha persoaxe que nos acompaña por estas datas dende 1908: Peludez, e a que todos os lucenses seguimos coma si unha novela entregada por capítulos fose, en "El Progreso" o periodico de Lugo.
Ana Mª Rodríguez Rivas (do Departamento de Ciencias da Comunicación e do Turismo da Universidade Rey Juan Carlos de Madrid), nun estudio sobre estereotipos comentaba sobre esta persoaxe: "Dentro del marco de la diversidad cultural que ofrece España, Galicia presenta uno de los ejemplos más claros de este tipo de símbolo e identificación de un pueblo, a pesar de que en la actualidad ya no representa a la población. Se trata de Pelúdez, un estereotipo de la idiosincrasia gallega, símbolo extraído del pueblo lucense y extensible a toda la Comunidad. Probablemente sea el estereotipo más logrado, certero y completo que existe en el periodismo español que aborde el tema de la diversidad cultural. Casi un siglo de publicación en las páginas del periódico local avalan la repercusión e importancia de esta figura de ficción más propia del folletín y en cualquier caso a medio camino entre el periodismo y la literatura."
Pelúdez naceu en 1908 da pluma de Antonio de Cora. Dende aquel ano e con alugnhas excepcións como a guerra civil, Pelúdez visita a cidade coincidindo coas festas patronais en honor a San Froilán, e fala dende a contraportada do periódico (case sempre foi así) das cousas da cidade e outras reflexións. Era Peludez un home traballador, amante da boa mesa (sobre todo o pulpo) e o bo viño (sobre todo o da Ribeira Sacra), baixo a súa apariencia de persoa bruta e elemental descúbrese un home intelixente e perspicaz, crítico coa realidade e cun gran sentido de humor baixo as súas expresións cargadas de ironía, (típica retranca galega).
Foron varios os autores que lle foron dando vida as súas andainas, pero sen dúbida foi Xosé Trapero Pardo o que o moldeu e fixo seu para sempre durante maís de 50 anos. Na actualidade segue a visitarnos da man doutro ilustre lucense José de Cora que o define como: "Un filósofo do pobo, frívolo e desletrado, pero filósofo a fin de contas. Os lectores identifícanse co Pelúdez, non porque teña grandes ideas, senón pola naturalidade coa que enfronta a vida. Certo é que nos tempos de censura, Pelúdez foi utilizado para poñer na súa boca críticas sociais e municipais que noutra sección poderían orixinar represións, pero non se pode dicir que sexa un subversivo, máis ben tira a conservador; un conservador subversivo, se cadra".
Non deixedes de mirar na contraportada de "El progreso" o que lle acontece a Peludez e o piolín hoxe día de San Froilan. DENDE AQUÍ FELICIDADES ÓS LUCENSES E QUE O DISFRUTEDES. ¡VÉMONOS EN LUGO!
Santy

4/10/07


Las últimas noticias que llegan de Birmania son desalentadoras. Cada vez “el color azafrán es más verde oliva”, como dicen los medios. En esta revolución, Internet ha desempeñado un papel muy importante, por lo que tal vez una acción cibernética conjunta sirva para presionar a la opinión pública y hacer que a países como China e India “les interese” por fin que la dictadura caiga.