18/5/14

Visita de Olga Seoane Paulus

A fotógrafa Olga Seoane Paulus ven de visitarnos nunha serie de conferencias organizadas pola biblioteca do IES de Arzúa. vainos falar da imaxe nos medios de comunicación, pero tamén da súa carreira profesional, das dificultades que tivo que superar nunha profesión tradicionalmente masculina, da súa participación en proxectos tan variados como labores humanitarias, antropoloxía ou o seu traballo máis recente: Les gens du Chemin. Trátase dunha exposición de fotografías que permaneceu seis meses no Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela. O vindeiro luns, día 26 de maio, agardámola. Os horarios das conferencias e demais detalles están nos carteis repartidos polos corredores do instituto e na porta da biblioteca.

5/5/14

A derradeira obra de Hayao Miyazaki

O director xaponés anuncia que se retira. Con El viento se levanta, a película de animación que será o seu testamento. Trata de antimilitarismo –tema moi delicado nunha sociedade tan marcial como é a xaponesa- e contén o lirismo ao que nos afixo nos seus outros traballos, como El viaje de Chihiro. Aínda non a vin. O detalle exquisito co que estarán debuxados os avión, protagonistas da historia, ten que ser digno de ver: o pai de Hayao era director dunha compañía aeronáutica que foi contratada polo goberno xaponés durante a Segunda Guerra Mundial, así que a infancia do director estivo rodeada de deseños de avión. A película está baseada en persoas e feitos históricos. Leva máis de trinta anos traballando en películas de animación; nesta parece ser que se superou a sí mismo.