23/3/10

LENDO HIPERTEXTOS: OUTRA CONCEPCIÓN DA LECTURA

Mirade que cousa acabo de atopar para iniciar o mes adicado á Lectura no IES de Arzúa, a través do meu irmán, dende a Universidade de Valladolid.

Facede clik en Lendo hipertextos e veredes este proxecto que forma parte da colección do Plan Lector de Editorial Voluntad.

É un libro sobre hipertexto que é un hipertexto sobre o libro. Tal é a aventura á que o lector enfróntase, xa que nestas páxinas dáse un repaso histórico á evolución da comunicación, utilizando signos.

Este percorrido arrinca coa pedra e outros soportes, pasa polo papel e libérase nas pantallas, tecendo historias e ideas que saltan e combinan medios. O libro convértese en exemplo do que pode ser o futuro do impreso, xa que estende o seu alcance mediante a inclusión das máis contemporáneas técnicas de creación de hipervínculos.

Un punto de partida para o camiño que, desde o colexio, os novos lectores percorren.

Morte do libro? Non creo. Se este acaba de nacer! O que pasa é que é mutante...

21/3/10

TOKIO BLUES - Norwegian Wood

Título: TOKIO BLUES - Norwegian Wood
Autor: Haruki Murakami
Editorial: Tusquets de bolsillo

Un home escoita "Norwegian Wood" dos Beatles e evoca á enigmática Naoko, noiva do seu amigo da adolescencia que acabou suicidándose.

Ao tempo de iniciar unha estraña relación íntima con Naoko, o noso protagonista coñece a outra muller, tampouco nada tradicional, nin vulgar, coa que establecerá unha sorte de complicidades, fidelidades e desenganos.

Amor, sexo, amizade, morte, desexo, melancolía, esperanza,... todo para ir experimentado ao longo da novela de fai anos, deste escritor ultimamente tan de moda, que descubrín nestes días


12/3/10

Miguel Delibes: In memoriam

“Va, mi ciudad”, esta é a dedicatoria de “El Hereje”, a novela de Miguel Delibes, falecido hoxe en Valladolid.

“El hereje” xira arredor do auto de fe que condena á fogueira ao doutor Cazalla e a un grupo de amigos no século XVI. Novela sobre a teoría luterana da xustificación pola fe, que pode que sexa unha das ocorrencias máis disparatadas da nosa historia: “Se un deus foi capaz de morrer por toda a humanidade, como é posible que a nosa vida poda non ter sentido?”. E Delibes aparece e di que non fai falta que un deus sufra por nós, basta con que un home o faga, alguén querido. A nosa vida só ten xustificación no encontro cos demáis. Ao final da novela hai unha conmovedora escena: Minervina aparece para acompañar a Cipriano, ao seu “neno” ata a fogueira, parecendo dicir que se a morte non pode evitarse, a misión do home é facer, como pedía Quevedo, “das súas propias cinzas po namorado”.

Miguel Delibes é quizais o autor español máis importante da 2ª metade do século XX , e quizais aquí eu deixeime levar pola paixón que esperta en min, pero é que a súa influenza se mide no só por aquel Premio Nadal de 1948 por “La sombra del ciprés es alargada”, senón tamén polo recoñecemento crítico e literario: O premio Príncipe de Asturias, el Premio Ciudad de Barcelona, El premio Cervantes... galardóns que xamais igualarán a gloria de que algúns dos seus personaxes sigan para sempre con nós...

Quizais sexa o seu espírito compasivo, a súa idea de redimir aos oprimidos que narraba nas súas novelas, a súa innegable calidade literaria o que fixo que Delibes sexa aceptado por tanta xente.

Delibes é o escritor de Castela, o profesor da Escola de comercio e o director do periódico de “El Norte de Castilla”, o cazador-escritor, o pesimista interesado no ecoloxismo, o mundo e o, non por poñelo ao final menos importante, amante da súa cidade de Valladolid.

Sempre asociarei a Delibes coa miña cidade de Valladolid, coa súa e miña Castela “a vella”, coa caza,... e sempre recordarei aquela anécdota do meu tío que tivo o seu único suspenso con el, en matemáticas, na Escola de comercio cando fai xa moitos anos foi profesor.

11/3/10

Algunhas das vantaxes dos Ebook

Para non perder de vista ás novas tecnoloxías no campo da lectura falmos hoxe dos e-books, e vía o Blog da biblioteca da Facultad de Traducción y Documentación de la Universidad de Salamanca

1. O ebook promove á lectura.

2. O ebook non afecta ao medioambiente.

3. Os ebook preservan os libros.

4. Os ebook son máis rápidos de producir que os libros impresos; permiten que os lectores lean libros sobre temas e asuntos de actualidade.

5. Os ebook pódense actualizar con facilidade, corrixindo erros e engadindo información.

6. Os ebook permiten a procura de información.

7. Os ebook pódense imprimir: e polo tanto danlle ao lector a maioría ou case todas as vantaxes dun libro impreso.

8. Os ebook desafían o espazo: os ebooks en línea poden ser lidos simultaneamente por miles de persoas.

9. Os ebook son máis baratos de producir.

10. O ebook de literatura clásica é gratis.

11. Os ebooks fai accesible a lectura ás persoas con discapacidades visuais.

12. Os ebook pode conter vínculos (links) para un acceso máis cómodo a información adicional.

13. Os ebook -con programas e equipo adicional- poden ser lidos en voz alta para que os escoites.

14. Os ebook permítenche incorporar contido multimedia: imaxes e son.

15. Os ebook publicados en liña alentan os comentarios, correccións e a retroalimentación a cal elimina os erros e mellora a precisión, o cal é especialmente importante nos temas científicos e tecnolóxicos.

16. Os ebook vencen calquera intento de censura.

17. Os ebook evolucionan. Co desenvolvemento das tecnoloxías, os ebooks poden incluír novas funcións.

18. E moito máis...

7/3/10

QUE 20 ANOS É MOITO PORQUE AS COUSAS SI TEÑEN IMPORTANCIA

Título 1: Que 20 años no es nada
Título 2: La importancia de las cosas
Autora: Marta Rivera de la Cruz
Editorial: Planeta

Proposta 1: Unha pequena cidade, das chamadas de provincias, na que intuímos a Lugo, acolle unha historia singular entre unha xoven apenas sen mundo e un famoso escritor en horas baixas: punto de partida para coñecer (e recoñecer) todo un repertorio de personaxes.

Foi unha recomendación de Marina moi boa que eu vos propoño a todos.

"Os sentimentos teñen unha dimensión moito máis complexa do que parece e os camiños do corazón son tan retorcidos e difíciles que un ten dar mil voltas para comprobar que aínda segue no punto de partida"

Proposta 2: Un libro sorprendente que fala dunha historia fresca e novedosa, con ritmo, con sorpresa, que non se fai pesada, que non lle sobra nin esa parte central, que moitos dos éxitos editoriais destes momentos nos teñen acostumbradsos, un relato onde varios personaxes, ningún deles triunfadores, en termos cotiáns, nos atrapan nas súas vidas e nos fan posicionarnos ao lado dfos chamadops débiles, pero que no fondo son as persoas máis interesantes para coñecer (e recoñecer), e tras os que se agacha un relato moi particular e co que non me entretía tanto dende fai tempo.

E aínda que non todo o mundo esta dacordo e hai persoas que non lles gustou nada de nada este libro eu volo recomendo, e tras a súa lectura xa estou esperando o próximo libro desta escritora, que para mín era descoñecida tan só fai uns 3 ou 4 anos.

"... nados con destinos diferentes, e sendo as súas expectativas tan distintas, resultaba case milagroso que as aúas vidas se tocaran, sin sequerea de refilón, nalgún punto da súa existencia. Pero así é o azar, a así lanza os dados a fortuna..."

3/3/10

ÁS DE BOLBORETA

Título: Ás de bolboreta
Autora: Rosa Aneiros
Editoral: Xerais
É Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil, pero a mín paréceme moito máis que literatura so para lectores novos.

Unha cafetería onde conflúen xente de todas as idades e mesmo nacionalidades, cada un coa súa historia detrás para descubrir ás persoas que están agachadas nos clientes do bar da man da camareira do local.

Porque cada un de nós somos diferentes dos demais...

Porque nós mesmos non somos iguais sempre...

Porque imos cambiando segundo as situacións que nos toca vivir...

Porque evolucionamos e razoamos e sentimos diferente...

E no bar este mosaico de historias entrecruzan os seus deseños e xuntos parecen ás Ás dunha linda bolboreta.

1/3/10

LA ESPOSA DEL DIOS DEL FUEGO

Título: La esposa del Dios de Fuego
Autora: Amy Tan
Editorial: Booket

Ás veces non nos atrevemos a falar con aqueles a quen máis amamos por temor a causarlles un dano maior que o que pensamos que sentimos nós mesmos ao calar.

Ás veces esta terrible situación coincide recíprocamente e a soidade de ámbalas dúas persoas tórnase nun abismo que separa e desune cada día un pouco máis.

Finalmente non nos queda máis remedio que falar e a verdade ignorada, que resulta libre agora, abre unha porta ao rencontro e a unha nova vida sen segredos na procura dun futuro que se pode, agora si, de verdade compartir.