26/11/13

Jaume Plensa

Pero se non sei quen é Jaume Plensa¡ Non me volvo cuestionar sobre as inquietudes artísticas no século XXI. Premio Nacional das Artes Plásticas 2012, Premio Nacional de Arte Gráfica 2013 e acaba de recibir hoxe mesmo o Premio Velázquez 2013. Para expiar o meu descoñecemento dos nosos artistas internacionais, coa mellor vontade, deixo aquí unha mostra da obra deste escultor. Trátase dunha enorme escultura -de nome Awilda- realizada en merengue e colocada nunha famosísima praia de Brasil.

25/11/13

Majid Majidi: "O Canto dos Pardais"

"O Canto dos Pardais", do director Majid Majidi, é unha das raras -por infrecuentes- películas afastadas das redes comerciais típicas e tópicas que comúnmente chegan a nós.Trátase duuha belísima historia de amor: o que sinte un pai polos seus fillos e, moi especialmente, pola súa filla maior, que é xorda. Desvívese o home por conseguir un carísimo audífono para que a súa filla poida facer os exames na escola. En Irán. Estamos en Irán. En todas partes existen homes maltratadores e homes bentratadores. Conmove a dor deste pai pola súa nena. Proxectamos nestes días a película para que os alumnos vexan o outro punto de vista do amor: o bo.

22/11/13

Un corto de Chus Gutiérrez

Non llega a dous minutos a duración de "Sin pensarlo dos veces", un corto do ano 2009 que presenta a dous adolescentes namorados?. Non. En ningún diccionario do mundo -nin cando se tratase dun diccionario enciclopédico- chamarían así á relación malsán de posesión e sometimento que hai entre eles. Acabamos de proxectalo nas aulas do primeiro ciclo de ESO. Os protagonistas son unha moza e un mozo como tantos que hai neste instituto; dalgún xeito, os rapaces do centro débense ver reflectidos neles. Supoño que é a maneira de que lles impresionara tanto. O Día contra a Violencia de Xénero está moi preto e imos velo con prespectivas diversas.

14/11/13

Aniversario de A la recherche du temps perdu

Hoxe, 14 de novembro, cúmplense cen anos da publicación do primeiro tomo desta magna obra. Despóis de que o manuscrito fora rechazado pola editorial Gallimard (Proust nunca llo había perdoar a Jean Schlumberger e a André Gide), o autor pagou do seu peto a publicación de Du côté de chez Swann. Se hoxe chegara Proust a presentarlle a súa obra a calquera editorial, ¿habíana aceptar? Non estou moi segura. A verdade é que paréceme que non. Nihil sub sole...

11/11/13

Ler ciencia na escola

Imos comenzar o antes posible. Xa temos dous autores escollidos: Jean Echenoz e Oliver Sacks. Os dous autores están na nosa biblioteca en formato electrónico e queremos ler algo deles cos nosos alumnos máis novos. De Jean Echenoz leremos "Lóstregos", que trata sobre o famoso Nikola Tesla, inventor, mecánico, enxeñeiro electricista e físico de orixe serbia. É coñecido, sobre todo, polas súas numerosas e revolucionarias invencións no campo do electromagnetismo. Tamén contribuíu en diferente medida ao desenvolvemento da robótica, o control remoto, o radar, as ciencias da computación, a balística, a física nuclear e a física teórica. O que máis chama a atención nel é que debeu ser unha alma grande, ao lado de xentes mezquiñas como Thomas Alva Edison. Do segundo autor -Oliver Sacks- queremos ler "O Tío Tunsteno", relato autobiográfico no que conta a súa accidentada infancia (os experimentos de química teñen os seus riscos).

8/11/13

El juego de Ender

Casi treinta años ha tardado Hollywood en aceptar el reto que supone llevar a la pantalla "El juego de Ender", el clásico de ciencia ficción escrito por Orson Scott Card. Y resuelve ahora el envite con una efectista superproducción protagonizada por Harrison Ford, Ben Kinsley y un muchacho llamado Asa Butterfield. Gavin Hood dirige esta película de más de cien millones de dólares para trasladarnos a un futuro en el que la humanidad se enfrenta a su aniquilación a manos de los "insectores", una especie extraterrestre más avanzada. En nuestra biblioteca contamos con las obras completas de Orson Scott Card en formato electrónico. Lo que he leído en el libro no concuerda grandemente con lo que he leído sobre la película, pero habrá que verla sin prejuicios y después juzgar.