Mostrando entradas con la etiqueta Ciclos Formativos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ciclos Formativos. Mostrar todas las entradas

6/6/11

XORNADA DE TREPA

O martes 31 de maio o alumnado de 1º curso do CS de Recuros Naturais e Paisaxísticos e os profes Mamen, Manuel e Goreti (como sempre, estes apúntanse a toda canta festa se organice..., jaja) estiveron todo o día en Ribadiso nunha xornada de "trepa", e para os non expertos aclaro que trátase de trepa de árbores...

Coa colaboración de Lois Arenas Barreiro, director da CFEA de Guísamo, e de Francisco Rodríguez Trinidad, da empresa de arboricultura ARCE, realizouse unha xornada de trepa.

Esta actividade está integrada no módulo de Instalación de xardíns e restauración da paisaxe, no 1º curso do CS.

Divididos en grupos, traballamos os nós empregados en arboricultura e en ascenso e descenso de árbores, coñecimos de primeira man os equipos, os materiais e as técnicas de seguridade, e finalmente realizaronse as subidas e descensos.

Dende aquí queremos dar as grazas á Lois, a Fran e a Guillermo, pola súa colaboración desinteresada.




De paso aproveito para propoñervos que botedes unha ollada a un libro precioso sobre as árbores de Galicia que temos en Biblioarzúa


Título: Árbores de Galicia

Autor: Adela Leiro Lois / Mon Daporta / Victor M. Caamaño Rivas / Manuel Núñez Pérez / Isaac Pontanilla Pérez / Xoán Colazo Pazó

Editorial: A nosa terra

26/5/11

VALORES NATURAIS NO CAMIÑO DE SANTIAGO-ARZÚA E A NOSA MAMEN

Título: Valores Naturais do Camiño de Santiago no Concello de Arzúa
Autores: Mª del Carmen López Marcos e Carlos Iglesias Ramos
Publicado por: Concello de Arzúa

No IES
de Arzúa e en Biblioarzúa en particular estamos moi contentos por contar con este profesorado tan "chachi"

O IES de Arzúa, coa colaboración económica do Concello acaba de publicar unha pequena guía titulada "Valores naturais do camiño de Santiago no Concello de Arzúa".

Esta publicación enmárcase nun proxecto iniciado no curso 2009-2010 por dous profesores do departamento de Agraria e un grupo de alumnos do Ciclo Medio Traballos Forestais e de conservación do medio natural, e do Ciclo Superior Organización e xestión de recursos naturais e paisaxísticos.

O proxecto desenvolveuse arredor do Camiño francés. Percorreuse o camiño fotografando aquelas especies e lugares máis característicos para despois identificalas e documentalas. Tamén se elaborou unha enquisa para coñecer o grao de valoración da conservación do camiño por parte do peregrino. Esta enquisa estivo dispoñible en distintos lugares de paso dos camiñantes, en galego, castelán, francés e inglés, realizando despois o tratamento estatístico das enquisas. Ao mesmo tempo, traballouse na elaboración dunha maqueta, así como dun poster que se presentaron no Congreso de Educación Ambiental de centros de ensino da Coruña, organizado polo Ceida.

No proxecto traballouse de xeito interdisciplinar a través de diferentes departamentos didácticos, como Agraria, Administrativo, Francés, Inglés, Latín, Normalización Lingüística e Xeografía e Historia, desenvolvendose así este traballo como un proxecto de toda unha comunidade educativa donde cada unha cumpliu un papel.

Un dos resultados deste traballo é esta publicación financiada polo Concello e que se presentou aos medios o día 24 de marzo.



18/5/11

O ALUMNADO DE CICLOS FORESTAIS EN PUEBLA DE SANABRIA

Entre os día 4 e 6 de maio, o alumnado dos ciclos de forestais do IES de Arzúa realizaron unha saída formativa a Puebla de Sanabria, acompañados dos profes Mamen e Manuel.

Na viaxe fixéronse visitas a espazos naturais, centros de interpretación, plantacións forestais, e outras actividades, nas que expertos e profesionais dos diferentes ámbitos complementaron a formación que reciben no centro polo profesorado.

A viaxe iniciouse o día 4 coa visita á Fraga de Catasós, en Lalín, protexido coa figura de Monumento Natural. A continuación visitaron o Centro Agroforestal de Riós, dependente do INORDE, Deputación de Ourense, donde se lles falou da problemática dos castiñeiros e as súas enfermidades, con demostracións dos tipos de enxerto que alí realizan. Para finalizar, realizaron a ruta do Tejedelo de Requejo, visitando a área de teixos máis antiga e extensa de Zamora.

O día 5 estiveron no Parque Natural Lago de Sanabria, visitando o centro de interpretación e a Casa do Parque, Laguna de Peces, canón do río Tera e ruta da Cascada de Sotillo, apreciando as diferentes paisaxes da zona e identificando as especies máis emblemáticas de flora e fauna. Tamén visitaron plantacións forestais acompañados por axentes medioambientais que explicaron as características e problemáticas da zona en canto á xestión e conservación forestal.

Rematou a viaxe cunha visita á Serra da Culebra, lugar emblemático pola presenza do tan querido e á vez odiado lobo.



22/12/10

FLORES NO IES DE ARZÚA

O alumnado dos ciclos de Agraria do noso instituto estiveron este días facendo uns centros florales coa nosa compañeira Mamen.

Quedaron tan lindos que decidimos repartilos polo instituto para que todos puideramos disfrutar deles.

Aquí tedes unha pequena mostra deles: