22/12/10

FLORES NO IES DE ARZÚA

O alumnado dos ciclos de Agraria do noso instituto estiveron este días facendo uns centros florales coa nosa compañeira Mamen.

Quedaron tan lindos que decidimos repartilos polo instituto para que todos puideramos disfrutar deles.

Aquí tedes unha pequena mostra deles:


16/12/10

ORGULLO E PREXUÍZO

Título: Orgullo e prexuízo
Autora: Jane Austen
Editorial: Espasa

Orgullo e prexuízo está en Biblioarzúa. Tamén a película

Pois entro hoxe en Google e vexo que é o 235º aniversario do nacemento de Jane Austen. E como pensaba falarvos deste libro/película pois aproveito.

Seguro que moitos xa coñecedes ben o libro, ben a película ou ben as dúas cousas.

Moitos pensaredes que son un "bodrio", e moitos reledes esta obra de cando en vez.

Xa sei que é unha historia de amor, pero penso que tamén serve de telón de fondo para relatar os costumes burgueses dunha sociedade que todo o mide polos cartos: a beleza, o talento e mesmo a honorabilidade.

Tan pouco cambiamos dende fai dous séculos?

12/12/10

ZAPATOS DE CARAMELO

Editorial: De bolsillo

A través de tres mulleres asistimos a unha historia repleta de maxia: Vámonos a París, a Montmartre, a probar o chocolate da súa anterior novela (por certo a película con Juliette Binoche é unha marabilla), con parte das súas protagonistas nun momento posterior da historia á que asistimos en Chocolat (para os que non a lestes basta con saber que Vianne e á súa filla marcharon de Lasquenet despois da fin da histoira e que a maxia que levaban con elas parece adormecida nos primeiros momentos da novela actual).

É unha fermosa historia que ben pode estar dedicada a todas as nais do mundo e a aquelas fillas que as veces parecen esquecer que as verdadeiras nais son moito máis que unha amiga, por seductora que pareza ser e por lindísimos que sexan os seus zapatos de caramelo...

8/12/10

EXTRAÑOS EN UN TREN

Título: Extraños en un tren
Autora: Patricia Highsmith
Editorial: Libros de El PAÍS

Extraños en un tren, libro e película están en Biblioarzúa


Ti cres que poderías chegar a matar se che veras envolto nunha espiral de acontecementos e de situacións que che superasen? Non? Pois le este libro e volve a preguntarche.

Unha apaixonante trama psicolóxica desta xenial escritora, onde vemos a importancia que teñen ás veces algunhas persoas nas nosas vidas, mesmo se tivemos tan só un pequeno encontro que puidera parecernos insignificante e sen outro valor que o meramente anecdótico ou casual.

Despois de este libro o mestre do suspense fixo unha película, asi que merece a pena ler o libro e ver a peli: Disfrútase cos dous

2/12/10

OS CINCO NARRADORES DE BAGDAD

Título: Os cinco narradores de Bagdad
Autor: Fabien Vehlmann e ilustracións: Frantz Duchazeau
Editorial: Faktoría K de libros

Os cinco narradores de Bagdad está en Biblioarzúa

Achégadevos se queredes escoitar unha historia.

Collede o libro sen perxuícios por ser un cómic, con ilustracións en cores, co texto en galego, (aínda de de orixe francesa).

Deixade aparcada a idea de que sodes maiores para ler contos...

Deixádevos levar pola imaxinación e os soños como can erades aínda máis nenos ca hoxe e disfrutade desta historia que son moitas, pero que é un único relato fantástico....

25/11/10

A CINCENTA QUE NON QUERÍA COMER PERDICES CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Editorial: Planeta S.A.

Para este 25 de novembro DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO: miradeque libro tan estupendo!!! Penso que ademáis é xenial para tal día como hoxe en contra da violencia machista...

Eu collino porque os debuxos chamaronme a atención e sobre todo porque botei unha ollada e quedeime cos intriga...

Animo a todas e a todos a lelo. É moi curto. Tan so uns minutiños para ler o conto e outro momento para o resto de reflexións e comentarios que incorpora a edición.

É un conto de sempre que esta reescrito para todo o mundo e non tan so para as novas xeracións, como di ana Mª Matute.

É un libro que lle da a volta aos tópicos que nos inculcaron dende nenas e que, no fondo, nos complican a vida. Silvia Grijalba.

21/11/10

EXPOSICIÓN DE SETAS NO IES DE ARZÚA

Os ciclos da Familia Profesional de Agraria do IES de Arzúa fixeron unha Exposición de setas durante esta semana pasada de novembro, na cafetería do noso instituto. O día de inaufuración tamén tivemos uns pinchos de setas variadas aos que nos invitou Déborah, á nosa estupenda xestora da caf.
Esta entrada vai dedicada a Marina, que tamén é profe de agraria ademáis da nosa responsable de biblioteca, para que saiba que a botamos moito de menos no ies e, sobre todo, en biblioarzúa.

12/11/10

LA TERCERA VIRGEN

Título: La tercera virgen
Autora: Fred Vargas
Editorial: Siruela. Policiaca
Poder decidir a vida ou a morte dos seres, dispor da súa existencia ao seu antollo, iso xa era como ser deusa e tecer a tea dos destinos dos homes...

Agora ocupábase do seu propio destino. Ela que reinou nas vidas dos demais, non podía deixar que a morte alcanzásea como a unha vella vulgar e corrente. O seu inmenso poder sobre a vida e a morte ía usalo para ela mesma, conquistando a potencia dos inmortais, chegando ao se verdadeiro trono dende onde porseguiría a súa obra fatal...

Unha tendencia hacia a excelencia como defensa contra as ameazas do mundo exterior esencialmente feminina.

Vontade de perfección, a verificación do mundo. A porcentaxe de horas que presentan estos síntomas é insignificante...

10/11/10

ZARA Y EL LIBRERO DE BAGDAD

Unha bomba cae en Barcelona durante a guerra civil.

Un misil destroza un dormitorio de Bagdad durante a invasión de Irak.

60 anos separan estes dous feitos, estas dúas guerras... no entanto son as mesmas víctimas, o mesmo exilio... Estamos condenados a repetir a histoira?

A destrucción das bombas son elas e as súas circusntancias. Explotan durante un único instante, pero o seu horror permanece durante o resto da eternidade xunto aos mortos aos que destripou.

Moitos dos compatriotas vanse ver condenados a abominación. É unha das peores e máis imprescriptibles responsabilidades morais dos que decidiron invadir Irak e deron a vida dos seus exércitos, transformando homes decentes en delincuentes armados, pais de familia de cans de guerra como eles...

5/11/10

O FUTURO DO PAPEL

Dende o blog de Enrique Dans leo e reflexiono sobre o libro como foi pensado ata os nosos días e permítome traducir e adaptar o seu texto, aínda que non podo compartir todas as súas opinións, coas que seguro que moitos si que estaredes de acordo:

"....O papel durará ata que aqueles que creceron nun mundo no que o papel era a forma máis barata e eficiente de diseminar información pásense finalmente a mellores métodos ou, simplemente, desaparezan. Nunha xeración, a idea de cultivar bosques, tallalos, transportar a madeira, sometela a complexos procesos de transformación física e química, imprimir con tinta sobre o produto e distribuílo aos lectores verase xa como o que é hoxe: un total e absoluto anacronismo.

En efecto: desde que a tecnoloxía de fabricación de papel iniciou a súa andaina e desde que Gutenberg perfeccionou a tecnoloxía para crear múltiples copias impresas dun orixinal, o papel foi a forma máis económica de facer que a información circulase, e iso levou á edificación imperios económicos baseados na creación e circulación de devandita información. Con todo, isto xa non é así no mundo actual. Aínda que a conectividad aínda non é ubicua, o crecemento da cifra de poboación conectada é incesante, e o xeito máis eficiente de facer que a información circule, decididamente, xa non é o papel. Resulta completamente obvio mencionalo: o papel está suxeito a unha loxística lenta e pesada, non se actualiza unha vez impreso, limita enormemente a interacción bidireccional e é comparativamente moi caro: con respecto á circulación de información en bits, o papel deixa ver claramente a súa verdadeira natureza, a de produto dramaticamente anticuado, obsoleto, propio doutra época.

Podemos pornos nostálxicos. Podemos falar do cheiro do papel, da súa maior portabilidade, de comodidade en determinadas situacións, de romanticismo ou de que non serve para matar moscas. Podemos xustificar os inmensos desenvolvementos e investimentos acometidos para asegurar que o papel chegue aos quioscos e fogares dos subscritores puntualmente todas as mañás. Podemos comprometer diñeiro público para regalar xornais aos mozos. Pero a verdade é a que é: os mozos non queren un xornal de papel nin en pintura. Non o usan, non lles resulta cómodo, ven absurdo que conteña as noticias de onte, e cando ven nel algo interesante, non poden copialo, pegalo, renviarlo, votalo, vinculalo nin facer ningunha das cousas que gustan facer coa información....Desaparecerá a industria papeleira? Tampouco. Ocórrenlleme algúns usos do papel que non acabo de ver substituídos polo seu equivalente electrónico.

.... Non é un cambio que vaiamos ver dun día para outro, estas cousas non funcionan así. Pero é evidente e simple: o papel foi superado tecnoloxicamente, tanto en desenvolvemento, como cada día máis en alcance e difusión. Actualicen as súas axendas? electrónicas."

24/10/10

MANUEL ESTRÉASE COMO ESCRITOR

Título: As manifestacións relixiosas ao longo da historia
Autor: Manuel Lamas
Editorial: tresCtres editores

No día das bibliotecas, empezamos finalmente o blog de Biblioarzúa e para iso temos unha noticia estupenda!!!!

Esta semana, Manuel Lamas, o noso moito máis que compañeiro do IES de Arzúa e de Biblioarzúa, presentou en Ames, no fermoso Pazo de A Peregrina, o seu libro "As manifestacións relixiosas ao longo da historia".


Manuel e o seu libro foron presentados por Amancio Liñares Giraut, da editora, e Xesús Ferro coa presenza do alcalde de Ames, Carlos A. Fernández Castro.

É un texto pensado para 1º e 2º de ESO, pero eu, como profana no tema, atopo que pode resultarnos interesante a moitos máis, xa que a través das súas páxinas facemos un percorrido por aquelas rerelixións máis significativas que xurdiron ao longo da histoira da humanidade, e non só polas do noso mundo occidental.

Finalmente, e dada a orientación didáctica do texto, propóñense exercicios prácticos ao final de cada capítulo.

E todo da man de Manuel o que o fai máis cercano e interesante, e ao que desexamos moita sorte nesta nova andaina literaria.

2/7/10

Ata setembro...

Como todo leva tempo e esforzo e este blog tamén coas súas subidas e baixadas e cos seus máis e os seus menos, despedímonos ata o novo curso en setembro voltamos con novas ilusións renovadas e con novos temas.
Pero agora precisamos un paréntese e un descanso.
BO VERÁN A TODOS E TODAS.
Aquí vos queda o anticipo dunha das actividades que queremos levar a cabo o curso que ven... Que será sera....?

18/6/10

Reflexións para os docentes....

Sen palabras.... ¿estamos preparados?


17/6/10

Me gusta leer... Publicidade xenial!!!

Aquí vos deixo unha de publicidade sobre libros. Fantástica....!!!

5/6/10

Día das letras galegas

Un pouco tarde pero chegan as imaxes da celebración do día das letras galegas. Os nosos agradecementos ás bibliotecas do IES de Fene, do CEIP Quintela de Moaña e a do IES Pedra da Aguia, polos seus traballos que por suposto utilizamos xunto cos feitos por nós para este día.
Tamén felicitar a todos e todas as participantes, a Berri pola súa charla, ós de normalización polo seu traballo, a Oki pola súa presentación e as tesoiras para cortar as follas, a Jesús polo bon pegar polo chan, a Carlos pola música, ós de bacharelato pola súa letanía.... en fin a todos por defender o noso idioma e a nosa cultura.


31/5/10

Celso Sanmartín en Arzúa

Con motivo das celebracións do día do libro estivo no noso instituto Celso Sanmartín que nos brindou un rato do máis agradable contando os contos que a el lle foron contando moitas persoas maiores e que transmite con gran amor e tamén (porque non dicilo) con gran humor. Déixovos aquí as instantáneas.

24/5/10

Compartindo alegrías en Vide

Este sábado pasado reunímonos un grupo de xente da bibliotecas escolares de Galicia en torno á lamprea, este pequeno "bicho" ten adoradores incondicionais e tamén detractores totais, outros dedicámonos a probala e a ver que pasaba..... e pasou.... o de menos foi o da comida, esa era só a disculpa... o mellor foi o que veu pola tarde.
Sabela da Escola Unitaria de Vide e Lurdes e as mulleres de Vide nos ofreceron un espectáculo total: a escola hai que vela, só con vela sábese o que alí se traballa e se vive, e logo a Casa da Auga, onde en torno as filloas e a un café nos ofreceron un fantástico concerto e iso que tiñan que traballar e facer un montón de cousas.... pero alí estiveron, dando o mellor de si mesmas a este grupo de tolas e un tolo das bibes que non sabiamos como agradecer o que nos estaba a ocorrer.
Vaia dende aquí o meu recoñecemento a todas elas, non teño nin idea de como é a vosa vida diaria pero o que si vos podo asegurar é que foi un auténtico privilexio compartir con vós esa preciosa tarde de verán.

Máis información en:
MESTURAS
O SEGREL DO PENEDO

17/5/10

Novoneyra dende a nosa biblioteca

E no día das letras galegas e dende a nosa biblioteca estas dúas presentación homenaxe a Uxío Novoneyra. Feliz día a todos e todas e recordade que a cultura, a nosa cultura e o noso idioma son dous pilares importantes sobre os que nos asentamos. Defendámolo e loitemos por el.... é parte de nós e nós somos parte de el.


13/5/10

Máis de Novoneyra dende varias bibes galegas

Dende o CEIP Quintela de Moaña otra escolma sobre Novoneyra, coma todas as presentadas ... igual de fantástica. O seu título é 15 poemas para recitar.


Tamén nos acaba de chegar outra fantástica presentación dende o CPI "Luís Díaz Moreno" de Baralla, a través do responsable da súa biblioteca Delio, na que se nos amosa un Novoneyra menos coñecido... onde reivindica a memoria histórica.
O poema que nos traen é o de "Manoel de Ribadaira". "Como en moitos lugares de Galicia, e non só de Galicia, no Courel tamén se practicaban "paseos" contra aquelas persoas que estaban baixo sospeita".


Tamén dende O Ceip Progreso de Catoira nos chega outra marabillosa presentación...

12/5/10

Máis Uxío dende Fene e Cambre

De novo estamos con vós para subir materiais que dende as bibliotecas escolares galegas se están a facer sobre Uxío Novoneyra .... tedes que ver a cantidade de material que se está a elaborar.... entre eles esta marabillosa escolma feita por O segrel do penedo (IES de Fene) dentro dunha preciosa actividade que se chama Poemas na Rúa para celebrar o día das Letras galegas.
Tamén vos traio unha fantástica guía (imprescindible) sobre Novoneyra feita pola biblioteca "O Bosque animado" do IES Afonso X O Sabio....

Todo un luxo ter a estes dous (Loly e Antonio) neste grupo do PLAMBE, ademais de amigos meus, son uns fantásticos traballadores ... Grazas dende aquí...

Ademais nos deixaron esta fantática webquest sobre este persoaxe das letras galegas...



11/5/10

Uxíao dende O IES Luis Seoane de Monteporreiro

Dende a Biblioteca Luis Seoane de Monteporreiro chéganos outra antoloxía de Novoneyra onde fala do Courel. Nos vos perdades esta preciosa presentación.

Follarasca dende Fene, Camariñas e Malpica

Todos estes lugares tan distantes e tan perto nos traen recien saído do forno esta presentación dende o IES de Fene e dende o IES Pedra da Aguia. Como podedes ver toda unha obra de arte!!. E tamén podedes ver o slideshare que dende a biblio Milladoiro de Malpica fixeron con estas poesías

10/5/10

Empezamos co día das letras galegas

Para este día temos preparadas varias actividades e algunha moi especial.... Vos sabiades que o noso director Berri era amigo persoal de Uxío Novoneyra?. Pois imaxinade o que nos pode contar.... xa escoitaredes!. As actividades no IES vanse retrasar un pouco porque como sabedes unha boa parte do centro marchamos a semana que ven de intercambio a Portugal e no podemos facelas ata a volta, pero o importante é celebrar as nosas letras e ser conscientes da súa importancia para difundir o idioma...
Comenzamos a publicar traballos que as Bibles escolares puxeron o servizo de todos e todas. Hoxe deixovos con este fermoso traballo que chega dende a Biblioteca do IES de Porto do Son.



6/5/10

DIME QUIÉN SOY

TÍTULO: Dime quién soy AUTORA: Julia Navarro

Si queres empezar a ler, aquí tes as 32 primeiras páxinas, seguro que sigues: ENLACE

Esta é unha novela onde Julia Navarro fai un repaso por algúns conflictos do século XX máis sanguentos e violentos: A Guerra Civil española, A segunda guerra mundial, A Rusia de Stalin, a Guerra fría... dunha forma amena e partindo de personaxes anónimos que falan dende as súas ideas.

A historia comeza cando un periodista recibe a proposta de investigar a vida da súa bisavoa da que non saben nada máis que abandonou ó seu marido e ó seu fillo antes de comezar a guerra. Cada paso que vai dando na investigación descobre unha muller comprometida e forte, fiel ás súas ideas e disposta a loitar ata o final polos seus principios. De paso vai facendo un repaso pola historia do século XX. Unha historia amena, que engancha dende o principio. Totalmente recomendable.

A mesma autora di da súa novela:

"Si tuviera que definir Dime quién soy, diría que se trata de una novela de personajes que, sin renunciar a la aventura ni a la historia, retrata la memoria del siglo XX y la identidad de esas personas anónimas que lo protagonizaron"

5/5/10

Ramón Suárez Picallo

O noso compañeiro Xosé Ramón de Allariz (profe de galego) fíxonos esta semblanza sobre a figura de Ramón Suárez Picallo, que estes días está de paseo por Arzúa nunha exposición cedida polo concello de Sada.

"Naceu en Sada (A Coruña) en 1894. Emigrou a Arxentina de rapaz moi novo e alí mantivo contactos cos intelectuais galeguistas que residían en Buenos Aires. Regresaría despois a Galicia onde exercería de director da revista A Nosa Terra (órgano das Irmandades da Fala).

En 1931 participou na fundación do Partido Galeguista . Accedeu os estudos de bacharelato e universidade cáseque ós 40 anos. Rematou a carreira de dereito en1935.

Foi escollido deputado no ano 1936 polo Partids Galeguista . Participou na campaña a favor do Estatuto de Autonomía de Galicia formando parte da comisión que presentou o Estatuto en Madrid. Trala Guerra Civil residiu en New York, Chile e Arxentina. En Buenos Aires formou parte do Consello de Galiza, xunto a Castelao e Alonso Ríos. Morreu no sanatorio do Centro Galego de Buenos Aires en decembro de 1964.

No ano 2008 as súas cinzas foron repatriadas a Sada."

Tamén comentar que foi un lector incansable. Aquí vos quedan as fotos da exposición:


3/5/10

Unha reflexión sobre a ensinaza da literatura na ESO e Bacharelato

En elpaís. com de onte aparece un artigo de Rosa Montero que non ten desperdicio: "Cómo convertir el "Quijote" en un ladrillo.
Neste artigo plantéxanse cousas tan interesantes como:
" ...el gremio de las letras, y todo el tiempo repetimos obsesivamente la misma canción: tenemos que fomentar el gusto por los libros, debemos inculcar el amor a la literatura en las nuevas generaciones, hay que hacer más lectores. Objetivos que comparto, desde luego, y que me parecen de perlas. El problema es que no sé cómo se compaginan todos esos propósitos tan buenos con los planes de estudio vigentes, que parecen diseñados maquiavélicamente para crear aborrecimiento hacia la lectura".

"Siempre me ha parecido una barbaridad obligar a los adolescentes a leer el Quijote. Y no sólo eso: la enseñanza de la literatura en la educación secundaria española es un completo disparate. Por ejemplo, en 3º de la ESO (catorce años) tienen que estudiar el periodo comprendido entre la Edad Media y el siglo XVIII. Chavales que no han leído jamás una novela por propio placer y que no han descubierto todavía que entre las páginas de un libro cabe el Universo, tienen que tragarse por narices el Mio Cid, que no sé si ustedes lo recuerdan o lo han leído, pero que desde luego es considerablemente espeso. “Con el agravante de que los programas de Historia y de Literatura no están coordinados, de manera que se les habla de épocas que ni siquiera han estudiado antes, lo que genera situaciones entre absurdas y grotescas”, dice Fernando López, un joven dramaturgo y narrador".

“Aunque sólo llevo cuatro años dando clase, ya ha venido algún padre indignado a preguntarme por qué su hijo pierde el tiempo leyendo cuando debería estar estudiando”, dice Fernando.

Luego entramos en el Bachillerato y la cosa sigue empeorando. Porque ahí, a los 17 y 18 años, es cuando se tienen que meter entre pecho y espalda el Quijote y La Celestina, dos textos verdaderamente maravillosos pero dificilísimos de digerir a esa edad. Los clásicos son una estación de llegada, no de partida. Hace falta haber leído y haber vivido bastante para poder gozarlos. La obligatoriedad de estas lecturas sólo convierte esas joyas en un muermo espantable, en un plúmbeo recuerdo que será una losa para toda la vida.

29/4/10

Internet e o seu uso




Na páxina KONTUZDATOS (AXENCIA VASCA DE PROTECCIÓN DE DATOS) hai algunhas cousas moi interesantes sobre os datos en internet para diferentes grupos de idades. Eu cheguei aquí a través do blog ANB de Antonio Alonso do que tamén obtiven esta mostra de vídeos que considero unha fonte fantástica para reflexionar sobre o uso de Internet. Ningún deles ten desperdicio

Os vídeos son:
  • La reunión con mi profesora, mi padre y mi madre iba bien.....
  • Era sólo una broma, pero de repente pulse la tecla intro...
  • Dejando rastro...
  • Bullyng a Marius...
  • El hombre del callejón....

Ademais desto, non vos perdades na páxina de KONTUZDATOS:

28/4/10

OS ADEUSES

Título: Los adioses
Autor: Juan Carlos Onetti
Editorial: Punto de Lectura

Grazas ao noso compañeiro Berri, que donou este libro á Biblioarzúa, puiden ler esta magnífica novela curta de Juan Carlos Onetti, para poder recomendárvola.

Empeñado en inducir ao lector a que dilucide que papel cumple cada un dos personaxes que forma parte do triángulo central da novela, Onetti nos ofrece este libriño, que parece era unha das súas obras favoritas... Non é estraño porque a partires dunha historia máis ou menos sinxela consegue despertar a curiosidade e converternos en xogadores activos, especulando, deducindo e as veces fisgoneando e memo recreándonos na vida e morte deste personaxe ao fin e ao cabo alleo.

E para rematar un puoco de poesía que non nos ven mal (que ten un pouco que ver con "Os adeuses":

Querida Litty
Desde hace meses
con inusitada frecuencia
no me deja el cartero cartas tuyas.
Sera amnesia del hombre
o tal vez las apile
en un rincón limpio
de su cuarto de soltero
solterón
y algún día me las traiga
cinta rosa
todas juntas
como un banquete
para el olvidado hambriento
que puede imaginarse
desde ahora
de clara catarata
de ternuras y recuerdos.

26/4/10

Para que les ... temén en Arzúa

No noso inti, recompilamos as frases de para que les ou porque les (xa que de todo houbo), case que todas son anónimas (non nos debemos de explicar ben cando fixemos a proposta), pero da igual, o caso é que no I.E.S. DE ARZÚA lemos PARA E PORQUE......


25/4/10

Animación á lectura

A través do blog de Antonio Alonso ANB, entereime que hai moitas formas de incitar e celebrar a lectura, e neste día aínda tan próximo ó día do libro, deixovos con esta iniciativa dunha escola Californiana: Occoe middle school e a súa versión fantástica de The black Eyed Peas
O título é Gotta Keep Reading

24/4/10

Para que les? e Tamén len....

Como sabedes, no noso Instituto estamos a celebrar o día do libro, este ano estivemos participando con 102 bibliotecas escolares galegas na campaña .... PARA QUE LES....?. Aquí vos deixo dous traballos encadrados nesta campaña realizados por Loly Lago de O segrel do Penedo e Olga Rodríguez do Ceip de Malpica, seguro que moitas destas respostas soánvos porque están colgadas polo noso instituto..... O luns colgarei as do noso instituto, case todas anónimas, é verdade que non especificamos que foran acompañadas de nome e apelidos pero creíamos que se sobreentendía... bueno que ... aquí están estes traballo e o luns máis...........

14/4/10

NOVAS TENDENCIAS EN BIBLIOTECAS

Nas Bibliotecas Escolares de Galicia fai moito que nos prantexamos a necesidade de entender aquelas dunha forma diferente á idea digamos "tradicional" e adaptalas ás necesidades e gustos das novas xeracións de alumnos e alumnas.

E outra vez a traves dunha páxina "El ciudadano bibliotecario" que leo grazas ao meu irmán acércome á este debate, do que vos fago un resume:

Parece, que en Gran Bretaña, recentemente tamén descubriron algo de todo isto, e xunto á crise econónmica actual tomaron unha serie de decisións:

- Pechar decenas de bibliotecas para aforrar cartos.

- Diminuír os horarios de apertura de moitas outras bibliotecas.

- Apostar por un novo tipo de biblioteca como a recentemente renovada biblioteca do concello de Enfield (norte de Londres). Ao redor do antigo edificio fixeron unha moderna estrutura de cristal. Na planta baixa, hai unha cafetería, unha biblioteca infantil cun área de xogos, unha área xuvenil onde se pode escoitar aos cantantes preferidos, unha sección con terminais de ordenador e un autoservizo de escáneres para o préstamo. Na planta superior atópanse máis ordenadores e a colección de libros.

Os británicos tomaron estas decisións tamén basánsose no uso cada vez menor das bibliotecas "tradicionais" e no desprestixio que estaban desenrolando como lugares "carcas". Nas novas bibliotecas reduciuse o lugar que ocupan os libros porque a xente le menos e descarga máis, e razoan que tamén antes as bibliotecas non se usaban só polos libros, e moito menos agora.

Como é normal, non todos están de acordo coas innovacións, porque pensan que as zonas infantiles, máis parecen unha gardería e que a biblioteca en xeral, se asemella a un centro de comunicación, con ordenadores e con poucas mesas de traballo.

Este sector da comunidade pensa que a biblioteca non é simplemente un lugar de encontro da comunidade, consideran que se distingue pola súa natureza literaria, pola presenza do libro. Pero realmente non parece que o debate sobre a maior ou menor presenza de libros nas bibliotecas sexa o que dilucide a esencia do que ten que ser unha biblioteca.

O debate está e seguirá estando. Non pode ser doutro xeito, porque a sociedade, e as súas necesidades e expectativas, varían constantemente e a biblioteca terá que seguir modificando as súas formulacións para, sen perder os seus acenos de identidade, ofrecer o mellor servizo á sociedade.

12/4/10

E seguimos coa literatura por "correspondencia"

Título: Cartas de amor de un sexagenario voluptuoso
Autor: Miguel Delibes

Editorial: Edidiones Destino Áncora y Delfín
Remato de ler nestes días este delicioso libro do autor da miña cidade. Recoméndovos este libriño, curto e encantador.

Que marabilla o relato dunha evolución, xa desfasada hoxe, da forma de entender a edición dun periódico, a idea de apurar o paso ante a visión dun semáforo que parpadea para pasar ao vermello, a descrición de todas unha serie de ideas sobre o amor, a televisión, a gastronomía, a infancia na súa aldea, as mulleres...!!!

A través de 42 cartas un solterón xubilado de 65 anos establece unha correspondencia que va corvertíndose nunha verdadeira declaración de amor a unha viuva, a quen todos menos o noso escritor vemos pouco ou máis ben nada namorada.

Postos os dous en contacto a través dunha reseña dunha revista sentimental, asistimos á versión antigua dos contactos que establecemos hoxe en día a través dos chats e internet e o desenlace cando, igual que hoxe, estas dúas persoas finalmente vense cara a cara.

9/4/10

LA SOCIEDAD LITERARIA Y EL PASTEL DE PIEL DE PATATA GUERSNSEY

Nunha europa que ven de rematar a Segunda Guerra Mundial, unha escritora busca unha inspiración para o seu próximo libro.

A partires dunha carta que lle envía un descoñecido que vive na isla de Guersney, situada no Canal da Mancha cerca da costa francesa, iniciará unha correspondencia cunha serie de habitantes da mesma e despois co seu amigo e editor e outras persoas cercanas a medida que vaia descubrindo outro sentido da vida, da amizade, mesmo do amor, do gusto pola lectura, a vida cotiá e o impacto que a ocupación alemana deixou nas vidas das persoas que a partires de agora serán os seus verdadeiros compañeiros da viaxe que é a súa nova vida.

É un libro peculiar esctructurado nesta serie de cartas que van dando forma a historia. É fácil de ler se consigues que te enganche despois duns primeiros momentos desconcertantes.

23/3/10

LENDO HIPERTEXTOS: OUTRA CONCEPCIÓN DA LECTURA

Mirade que cousa acabo de atopar para iniciar o mes adicado á Lectura no IES de Arzúa, a través do meu irmán, dende a Universidade de Valladolid.

Facede clik en Lendo hipertextos e veredes este proxecto que forma parte da colección do Plan Lector de Editorial Voluntad.

É un libro sobre hipertexto que é un hipertexto sobre o libro. Tal é a aventura á que o lector enfróntase, xa que nestas páxinas dáse un repaso histórico á evolución da comunicación, utilizando signos.

Este percorrido arrinca coa pedra e outros soportes, pasa polo papel e libérase nas pantallas, tecendo historias e ideas que saltan e combinan medios. O libro convértese en exemplo do que pode ser o futuro do impreso, xa que estende o seu alcance mediante a inclusión das máis contemporáneas técnicas de creación de hipervínculos.

Un punto de partida para o camiño que, desde o colexio, os novos lectores percorren.

Morte do libro? Non creo. Se este acaba de nacer! O que pasa é que é mutante...

21/3/10

TOKIO BLUES - Norwegian Wood

Título: TOKIO BLUES - Norwegian Wood
Autor: Haruki Murakami
Editorial: Tusquets de bolsillo

Un home escoita "Norwegian Wood" dos Beatles e evoca á enigmática Naoko, noiva do seu amigo da adolescencia que acabou suicidándose.

Ao tempo de iniciar unha estraña relación íntima con Naoko, o noso protagonista coñece a outra muller, tampouco nada tradicional, nin vulgar, coa que establecerá unha sorte de complicidades, fidelidades e desenganos.

Amor, sexo, amizade, morte, desexo, melancolía, esperanza,... todo para ir experimentado ao longo da novela de fai anos, deste escritor ultimamente tan de moda, que descubrín nestes días


12/3/10

Miguel Delibes: In memoriam

“Va, mi ciudad”, esta é a dedicatoria de “El Hereje”, a novela de Miguel Delibes, falecido hoxe en Valladolid.

“El hereje” xira arredor do auto de fe que condena á fogueira ao doutor Cazalla e a un grupo de amigos no século XVI. Novela sobre a teoría luterana da xustificación pola fe, que pode que sexa unha das ocorrencias máis disparatadas da nosa historia: “Se un deus foi capaz de morrer por toda a humanidade, como é posible que a nosa vida poda non ter sentido?”. E Delibes aparece e di que non fai falta que un deus sufra por nós, basta con que un home o faga, alguén querido. A nosa vida só ten xustificación no encontro cos demáis. Ao final da novela hai unha conmovedora escena: Minervina aparece para acompañar a Cipriano, ao seu “neno” ata a fogueira, parecendo dicir que se a morte non pode evitarse, a misión do home é facer, como pedía Quevedo, “das súas propias cinzas po namorado”.

Miguel Delibes é quizais o autor español máis importante da 2ª metade do século XX , e quizais aquí eu deixeime levar pola paixón que esperta en min, pero é que a súa influenza se mide no só por aquel Premio Nadal de 1948 por “La sombra del ciprés es alargada”, senón tamén polo recoñecemento crítico e literario: O premio Príncipe de Asturias, el Premio Ciudad de Barcelona, El premio Cervantes... galardóns que xamais igualarán a gloria de que algúns dos seus personaxes sigan para sempre con nós...

Quizais sexa o seu espírito compasivo, a súa idea de redimir aos oprimidos que narraba nas súas novelas, a súa innegable calidade literaria o que fixo que Delibes sexa aceptado por tanta xente.

Delibes é o escritor de Castela, o profesor da Escola de comercio e o director do periódico de “El Norte de Castilla”, o cazador-escritor, o pesimista interesado no ecoloxismo, o mundo e o, non por poñelo ao final menos importante, amante da súa cidade de Valladolid.

Sempre asociarei a Delibes coa miña cidade de Valladolid, coa súa e miña Castela “a vella”, coa caza,... e sempre recordarei aquela anécdota do meu tío que tivo o seu único suspenso con el, en matemáticas, na Escola de comercio cando fai xa moitos anos foi profesor.

11/3/10

Algunhas das vantaxes dos Ebook

Para non perder de vista ás novas tecnoloxías no campo da lectura falmos hoxe dos e-books, e vía o Blog da biblioteca da Facultad de Traducción y Documentación de la Universidad de Salamanca

1. O ebook promove á lectura.

2. O ebook non afecta ao medioambiente.

3. Os ebook preservan os libros.

4. Os ebook son máis rápidos de producir que os libros impresos; permiten que os lectores lean libros sobre temas e asuntos de actualidade.

5. Os ebook pódense actualizar con facilidade, corrixindo erros e engadindo información.

6. Os ebook permiten a procura de información.

7. Os ebook pódense imprimir: e polo tanto danlle ao lector a maioría ou case todas as vantaxes dun libro impreso.

8. Os ebook desafían o espazo: os ebooks en línea poden ser lidos simultaneamente por miles de persoas.

9. Os ebook son máis baratos de producir.

10. O ebook de literatura clásica é gratis.

11. Os ebooks fai accesible a lectura ás persoas con discapacidades visuais.

12. Os ebook pode conter vínculos (links) para un acceso máis cómodo a información adicional.

13. Os ebook -con programas e equipo adicional- poden ser lidos en voz alta para que os escoites.

14. Os ebook permítenche incorporar contido multimedia: imaxes e son.

15. Os ebook publicados en liña alentan os comentarios, correccións e a retroalimentación a cal elimina os erros e mellora a precisión, o cal é especialmente importante nos temas científicos e tecnolóxicos.

16. Os ebook vencen calquera intento de censura.

17. Os ebook evolucionan. Co desenvolvemento das tecnoloxías, os ebooks poden incluír novas funcións.

18. E moito máis...