22/6/21

Peche da biblioteca por vacacións


Onte, luns 21 de xuño, durante o segundo recreo celebramos o final do curso na nosa biblioteca cunha pequena festa para agradecer a colaboración do equipo de voluntariado, dos membros dos clubs de lectura e todos os grandes lectores e usuarios da biblioteca!

Tivemos para eles pequenos agasallos, música e algún petisco saudable . Puxemos a disposición de toda a comunidade educativa libros, revistas de balde  para darlles unha segunda oportunidade ...

Aproveitamos tamén para compartir as recomendacións lectoras para este verán: “Tempo de lecer, tempo de ler”.

Despois deste curso atípico xa hai ganas de troula e relax!

Bo verán a todos e volveremos o vindeiro curso con máis lecturas, actividades para todos vós! 

Feliz descanso estival coa compaña dos vosos mellores libros!






                   


 


 

20/6/21

O sábado 11 de xuño, asistimos a Boiro ao festival Olloboi 10+1 no que duas curtas do centro foron seleccionadas como finalistas na modalidade de 'olloboi comprometido'. As profesoras Maca, Marga e Marisol acompañaron ao alumnado creador das curtas 'Abrir os ollos', de María, Antía, Iván e Iris de 2º BAC do curso 2019-20 e 'Sen coidados non hai vida' de María, Ana, Sandra e Alba de 2º BAC 2020-21. Finalmente non voltamos co premio simbólico do amigurumi pero desfrutamos das reflexións sobre a importancia do cine e a creatividade na escola e do concerto 'Por mi, swing'. Podedes ver as mais de 150 curtas apresentadas na páxina do https://www.olloboi.com/


 

O luns 31 de maio tivemos a última xuntanza do club de lectura co alumnado de 3º ESO. Desta volta aproveitamos para facela ao aire libre. Cada alumno/a escolleu unha novela gráfica diferente: La guerra de Catherine de Julia Billet e Claire Fauvel; El arte de volar de Antonio Altarriba e Kim; Sufragista de Sally Heathcote; Maus de Art Spiegelman e El capital de Marx adaptada.
O alumnado fixo unha sinopse e valoración persoal de cada obra. Aproveitamos para explicar a linguaxe do cómic e os tipos de planos e acabamos a sesión con unhas partidas ao xogo de mesa deseñado este curso, Palabrarte, con preguntas pensadas en relación coas obras lidas por ele/a/s no club este ano e sobre cultura xeral. Atá o curso, lector@s!