20/6/23

LECTURA DIXITAL ELBE-2

Non deixedes escapar a oportunidade de disfrutar dun libro dixital dos que están dispoñibles aquí

diplomas para os "supermegas"

Traballazo fixestes este curso!!!! que contentiña está Biblioarzúa con vos!!!! Voluntarios de primeiro e segundo ano recibiron seu detalliño.
Bo verán a todos

lecturas de verán 2023

"Aquí hai praia...vaia, vaia". Este ano, decidimos traer a praia a Arzúa,porque non? fixemos a montaxe e aproveitámola para facer nela as nosas recomendacións lectoras. Deixamos foto,pero pasade ver todo o que hai e que está agardando por vos

tivemos visita

Enterémonos de que viñan ó IES os alumnos do colexio de 6º de primaria e os voluntarios non se poideron poñer máis contentos. Máns á obra con agasallos, recepción e preparación dun scape. Quedouvos brillante, supermegas!!! parabéns

Gancho e calceta

Andamos facendo probas para unha idea que temos para o próximo curso: porque non tecer as nosas bufandas o próximo outono?
Estade atentos e atentas ó noso "club da calceta"

renovamos

Hai tempo que non vos falamos da migración a Koha, verdade? deixámolo un pouco de lado porque toca renovar mobiliario. A nosa Vice que non para deunos unhas ideiñas para novas adquisicións e para aproveitar reubicando mobiliario do Centro. Deixámosvos unhas fotiños de como vai quedando a cousa. Mirade que sillonciños máis comodos para unha boa lectura!!!

entrega BOOKCROSSING "Arzúa, cruzamento de camiños, cruzamento de libros"

Como xa sabedes, Biblioarzúa ten moi presente a importancia da circularidade dos produtos, nomeadamente, de cara ó cumplmento da Axenda 2030. Pois aquí nos fomos outra vez ás casetas do bookcrossing a depositar unha remesa de libriños para disfrute de pelegríns e cidadáns de Arzúa.

cousiñas novas

Como se nos esqueceu esto!!!!! aquí tedes unha foto das adquisicións do mes de marzo. O xogo "colour brain;preguntas para flipar en colores " foi un exitazo e non o foi menos a colección de manga " el pupitre de al lado"

o noso IES voa "camiño de Europa"

Outra cousiña que nos quedaba pendente de comentar. O Noso IES recibio este curso a acreditación KA120-SCH - Acreditación Erasmus de Educación Escolar e os profes Teresa e Xurxo puxéronse más á obra para convocar un concurso para o logo do proxecto.Había logos ben bonitiños, a verdade!!!! para o día da entrega do premio ó logo gañador, os voluntarios da biblio puxéronse a traballar arreo para agasallalos cunhas chapas do logo. Aqui tedes o proceso

MECO 2023

Non podemos rematar o curso sin falaovos do noso entroido deste curso. Sabemos que é algo tarde, pero non queremos deixar de amosárvolo porque sen esta entrada o meco caería no olvido. ollo ó piollo!!! se vos fixades parece que foi obxecto de suicidio ou asasinato.....pero esa historia queda para outra entrada.