30/11/08

A historia dos números árabes...



Gustariame que leses atentamente esta histoira de Juan José Millas e Antonio Fraguas "Forges" sobre a historia dos números árabes, e tamén me gustaría que me comentasedes a que vos soa???
"Europa era un lugar sin números, aunque con muchas letras. Sus habitantes no sabían cuantas, puesto que carecían de números para contarlas. Tampoco sabían el número de piernas ni de ojos, ni de brazos, ni de dedos que tenían. En las escuelas, cuando los profesores preguntaban a los niños cuántos dedos tenían, ellos decían:
-Varios.
-¿Y cuántos dientes?
-Varios.
¿Y cuántos ojos teneis en el pecho?
-Ninguno.
Sólo sabían decir "varios" y "ninguno". Hacían preguntas absurdas, como las de los ojos o los pelos, para dar la impresión de que sabían contar.
Cuando las madres mandaban a sus hijos a la tienda para hacer recados, si ellos preguntaban cuántas patatas o magdalenas debían comprar, las madres decían:
-Varias.
-¿Y cuántos pulmones de acero?
-Ninguno.
La gente no cumplían años, sin varios años, o ningún siglo. Si en las entrevistas de trabajo te preguntaban cuántos años tenías, la contestación correcta era:
-Varios
-¿Y siglos?
-Ninguno.
Los sabios dijeron a las autoridades que no se podía continuar así, porque para entender la realidad es preciso contarla, o numerarla. Entonces inventaron los números romanos que están hechos de letras mayúsculas. Así la I quería decir uno; la V, cinco; la X diez; la L, cincuenta y la M mil. No es que fuera fácil contar y numerar con números romanos, pero eran mejor que nada.
-Yo tento XXX años.
-Yo quiero V kilos de patatas.
-Pedro me ha quitado VI cromos.
-A mi hijo le han salido XV granos en la cara.
Entre tanto, había en África unos números árabes muy fáciles de entender y muy prácticos para contar y para numerar las cosas, que al enterarse de las dificultades europeas decidieron emigrar en busca de un trabajo aritmético digno. La mayoría de ellos viajaron, por falta de medios, apiñados en pequeñas embarcaciones, llamadas pateras, que con frecuencia naufragaban antes de alcanzar la costa, condenando a los números y númeras árabes a perecer en medio de horribles sufrimientos. Algunas de estas númeras estaban embarazadas y sus hijos jamás verían la luz. Los que lograban alcanzar la costa taenían que huír de los números romanos, que les llamaban extranjeros o moros, despectivamente y los perseguían con leyes y palos. Pero los números árabes estaban convencidos de que eran más útiles que los números romanos y no dejaban de llegar en busca de una vida mejor para si mismos y para sus descendientes.
La población, al ver que era tan fácil contar o numerar con ellos las cosas, empezó a usarlos sin importarle lo que dijeran las leyes.
-Hijo vete a la tienda y compra dos botellas de leche y 3 barras de pan.
-Mi padre ha cumplido 42 años.
-El día tiene 24 horas y el año 365 días.
-Me debes 7 cromos.
-Pues yo tengo 2 ojos en la cara.
Los números romanos comprendieron que su tiempo había pasado y negociaron ser utilizados para la base de los monumentos, donde llevan una vida muy feliz y son muy respetados.
Hoy la mayoría de la gente no sabe que los números que utiliza son árabes. A nadie en su sano juicio se le ocurriría no usarlos porque son extranjeros. Aunque la pregunta correcta es: ¿son de verdad extranjeros? ¿Qué rayos significa ser extranjero?"

... Del libro números pares, impares e idiotas...

28/11/08

LA NIÑA DE LOS TRES NOMBRES

Finalizando o mes adicado á Muller, vos propoño un libro escrito por unha muller, sobre outra muller, unha nena, que tamén sufriu violencia aínda que esta vez pola súa raza e relixión.
É unha historia aínda máis especial porque é verdade (é a historia de Nili Goren), porque sucedeu fai uns poucos anos aquí na “civilizada Europa”, nos últimos anos da II Guerra Mundial.
Nun período da nosa historia que aída que non debemos esquecer, si que debemos tentar que non se repita nunca máis, e no medio de todos os horrores cometidos contra os xudeos europeos asistimos á lucecita que nos da a esperanza de que sempre existirán persoas capaces de manter viva esa lume de humanidade pola que merece a pena continuar.
La niña de los tres nombres de Tami Shem-Tov está en Biblioarzua.
E aínda que non é o mesmo facede unha relectura do diario de Anna Frank

25/11/08

Stop !!!

Unha vez máis as bibliotecas de Galicia e todas as personas de ben reunimónos para mostrar a nosa repulsa ante un feito tremendo que temos que axudar a combatir. Hoxe a través de tres blogs amigos: TRAFEGANDO RONSEIS , O SEGREL DO PENEDO (nun traballo colaborativo coas biblios de Ferrolterra) e MESTURAS (coa súa especial forma de facernos chegar a situación da muller no mundo) chégannos estas presentacións para dicir NON A VIOLENCIA DE XÉNERO.... NON A CALQUERA CLASE DE VIOLENCIA.


(Vía trafegando ronseis)

(Vía o segrel do penedo)


(Vía mesturas)

NON A VIOLENCIA EN CALQUERA FORMA OU FORMATO

24/11/08

RUIDOS por Iria Carreira Pazos 2BAch A

Silencio

Xa non.
Pequenos murmurios
Besbexar e rin.
Son nenos.
Calan
Un home.
Alza a voz.
Berra.
Eacoitanse laios.
Unha muller chora.
Non chores.
Volve a berrar.
Insulta.
"Filla de puta".
Os nenos chaman
"Mamá, mamá".
Un golpe.
Todo cesa.
Choros.
Os nenos soloucan.
Un berro.
O home berra.
Un portazo.
Outra vez silencio.
Non.
Dous nenos choran.
Chaman a sús nai.
Ninguén responde.

Silencio.

23/11/08

A SÍNDROME DE DOWN: INDEPENDENCIA

De xoves a domingo tivo lugar en Santiago o II Congreso Galego Síndrome de Down. Falouse da nova lei da dependencia que consolida un dereito subxectivo e das expectativas que hai en torno a ela.
Pensemos que as persoas con síndrome de Down deben loitar moito máis que os demais por acadar un traballo, pola súa independencia, polo sexo, polo dereito a unha educación non discriminatoria (escoitamos o que lle pasou a unha nai galega coa súa filla nun colexio e da vergonza), por unha boa vellez …
Que pensades vos de... ?
Son persoas discapacitadas? Non é toda a verdade, porque todos somos capaces en maior ou menor medida. E a loita é por poder engadir: capaces coma todos.
Son persoas enfermas? NON. A síndrome de Down non é unha enfermidade, “iso sería como dicir que a miña nai sofre por ser muller” (esta é unha frase dun rapaz coa síndrome de Down, e eu atrévome a engadir que é bastante exacto, mesmo se facemos nunha dobre lectura).
Son persoas dependentes? Pois si, pero non o somos todos tamén dalgunha maneira?: económicamente, na saúde, e que non depende de alguén que lle ame e a quen amar para poder ser feliz?
Eu me/vos interpelo: Que sabemos da síndrome de Down? Pensamos neses rapaces/as como un alumno/a máis, coas súas diferenzas, COMO TODOS, coas súas dificultades de aprendizaxe e de axuda, COMO TODOS, en definitiva coas súas capacidades: COMO TODOS?.
Debemos estar aí para prestarlles o apoio adecuado ás súas necesidades, porque eles queren ser un máis, tamén coas súas diferenzas: exactamente igual que o queremos TODOS.
Que sabemos nós da síndrome de Down?

19/11/08

E DESPOIS QUÉ?


17/11/08

O SEGREDO DE SOFONISBA

Seguimos no mes adicado á Muller, e vos recomendo esta novela histórica de Lorenzo de’ Medici, que en medio dunha trama inventada permite achegarnos a unha das máis grandes retratistas do renacemento: Sofonisba Anguissola, que o propio Rubens (este si que coñecido por todos) asegurou que creou un debuxo inédito que antes ninguén atreveuse a abordar, sabendo plasmar nos seus cadros innovación e profesionalidade como ningún artista masculino, sendo a primeira vez na historia que o talento pictórico era atribuído a unha persoa do sexo feminino cunha vontade tenaz, capaz de reivindicar unha inconcibible e inaudita igualdade de dereitos entre homes e mulleres.
Nun mundo feito, pensado e gobernado polos homes non é posible imaxinar as dificultades polas que tivo que pasar para continuar pintando dunha forma profesional.
Foi pintora na corte de Felipe II, nunca de forma oficial, aínda que viviu nela máis de quince anos, pero o feito de pintar non lle era considerado un traballo, catalogábase como un “pasatempo”, unha excentricidade (“¿ela...? ¿Unha muller que se entretén pintando? Era verdadeiramente insoportable....”). E moitas das súas pinturas nunca foron recoñecidas como tales, senon que lle foron atribuídas ao pintor oficial da corte ou a outros artistas aínda que todos sabían que a gran pintora era ela.
Asistimos tamén a unha particular visión do Vaticano, centro de autoridade por excelencia da época, como un niño de víboras, escenario dos máis variados xogos de poder e influencia.
Se queredes saber máis desta pintora mirade a entrada sobre ela no blog de Iniciarte.

14/11/08

Números pares, impares e idiotas.

"El cero, harto de no ser nada, decidió buscarse la vida fuera del Sistema Métrico Decimal.
-Al otro lado del Sistema Métrico Decimal no hay nada-le dijeron los números, pares y los impares y también los idiotas, pues sabían que sin el cero todo el sistema se vendría abajo.
-Pues ese es mi sitio-respondió é-, ya que yo no soy nada (...). El cero fue devuelto violentamente al S. Métrico Decimal, donde fue recibido con todos los honores por el resto de números, que no podían vivir sin él. Y para que no volviera a irse lo nombraron el Rey del Sistema, y él aceptó, y desde entonces reina sin comprender por qué es preciso ser nada para serlo todo"
Deste xeito comenza o libro de Juan José Millás e Antonio Fraguas "Forges": NÚMEROS PARES, IMPARES E IDIOTAS. Son contos de números que están nun mundo tan complexo como o dos humanos. Aparentemente para nenos, hai que ler entre liñas para ver que cunha fina ironía nos están a contar problemas da vida cotidiana. Como na contraportada se di: "La azarosa vida de los números se convierte en un espejo de las perplejidades de los hombres, que quizá sepan matemáticas, pero que no saben leer en sus corazones"
En calquera casa absolutamente recomendable.

13/11/08

Non deixedes de visitar O Segrel....

Para todos e todas os que nos seguides ou para os que chegades por primeira vez ata nós, quero recomendarvos que non esquezades vistiar o Post de O Segel do Penedo "O Xordo e o Caco", (unha desas xenialidades da nosa amiga Loly), pero sobre todo entrade nos comentarios e observade como se fai unha regueifa sobre bibliotecas escolares ALUCINANTE.............. UNHA PASADA................. de verdade que non o debedes perder.... A xente ten unha imaxinación portentosa.

12/11/08

Que está a pasar na entrada do IES?

Los hombres que no amaban a las mujeres

Detrás deste título que sin dúbida impacta: LOS HOMBRES QUE NO AMABAN A LAS MUJERES, hai unha gran obra, que te engancha dende o principio e que ten unha última parte que fai que permanezas irremediablemente lendo ata as tantas da mañán e maldecindo a todo aquel que se che acerca tratando de desviarte da única cousa importante nese momento: saber que vai pasar e como acabará todo.
Pois si, así de marabilloso me pareceu este título de Stieg Larson, pero ademais dunha fenomenal novela negra, hai unha cousa que me chamou moito máis a atención: a crítica que fai da sociedade dos países ricos (concretamente da sociedade sueca) e de aqueles que non encaixan nesta sociedade, pero sobre todo da violencia contra a muller no seo da propia familia e por parte de persoas que en teoría deberían protexelas e non utilizalas
Traiovos este título que ven moi a conto sobre a VIOLENCIA DE XÉNERO que este mes tratamos dende a biblioteca coa intención de concienciar sobre este tremendo problema que nos afecta a todos e todas.
Por certo alguhas "esceas" do libro son desas que poden ferir a sensibilidade máis dura...
Gustoume moito a crítica que vin en Papel en Blanco

9/11/08

MIL SOLES ESPLÉNDIDOS

Seguindo co mes da Muller e da violencia de xénero... :
Eran incontables as lúas que brillaban sobre as súas azoteas e os mil soles espléndidos que se agachaban tras os seus muros…

Parece incrible que detrás estas liñas esteamos falando de Kabul, pero se pensamos que eses soles poden referirse ás súas mulleres poderemos, quizais, entendelo.

Non así entenderemos nunca a crueldade que os homes verten cara ás súas mulleres e case tampouco a capacidade daquelas para resistir humillacións, sometementos, golpes, violacións, malos tratos, odio, desprezo, medos, sufrimentos indicibles e incribles…

Non esquecer: Non as esquezamos nunca, e nos, mulleres (e homes) que vivimos en occidente, mundo imperfecto pero tan bo se o comparamos con outras realidades, recordemos e valoremos as liberdades das que gozamos e esteamos sempre dispostas a combater para que outras mulleres no mundo acaden como mínimo o que queremos para nos mesmas
Mil soles espléndidos de Khaled Hosseini está en bilioarzúa

4/11/08

LA ABADESA. María La Excelenta

Xa fai algún tempo que quería propoñervos este libro de Toti Martínez de Lezea, e vou aproveitar que é unha novela que xira arredor dunha gran muller e que empezamos o mes de novembro que en biblioarzúa queremos adicar á Muller e a violencia de xénero para falarvos del.

Tamén para ti, Catalina, xunto cun biquiño.

Fernado, príncipe herdeiro de Aragón e consorte de Castela acode a Bilbao para xurar os seus Foros. A nobleza e os gobernantes locais preparan unha gran festa na sua honra, están dispostos a darlle todo o que queira para que marche contento e os favoreza no futuro... E o que que resulta querer é a Toda de Larrea, xoven dama vizcaína...

Pois é iste o punto de partida da novela da Abadesa do mosteiro da Nosa Señora de Gracia de Madrigal, novela histórica que como noutros libros desta autora nos fai un percorrido por algunha das cidades da nosa xeografía.