Seguimos no mes adicado á Muller, e vos recomendo esta novela histórica de Lorenzo de’ Medici, que en medio dunha trama inventada permite achegarnos a unha das máis grandes retratistas do renacemento: Sofonisba Anguissola, que o propio Rubens (este si que coñecido por todos) asegurou que creou un debuxo inédito que antes ninguén atreveuse a abordar, sabendo plasmar nos seus cadros innovación e profesionalidade como ningún artista masculino, sendo a primeira vez na historia que o talento pictórico era atribuído a unha persoa do sexo feminino cunha vontade tenaz, capaz de reivindicar unha inconcibible e inaudita igualdade de dereitos entre homes e mulleres.
Nun mundo feito, pensado e gobernado polos homes non é posible imaxinar as dificultades polas que tivo que pasar para continuar pintando dunha forma profesional.
Foi pintora na corte de Felipe II, nunca de forma oficial, aínda que viviu nela máis de quince anos, pero o feito de pintar non lle era considerado un traballo, catalogábase como un “pasatempo”, unha excentricidade (“¿ela...? ¿Unha muller que se entretén pintando? Era verdadeiramente insoportable....”). E moitas das súas pinturas nunca foron recoñecidas como tales, senon que lle foron atribuídas ao pintor oficial da corte ou a outros artistas aínda que todos sabían que a gran pintora era ela.
Asistimos tamén a unha particular visión do Vaticano, centro de autoridade por excelencia da época, como un niño de víboras, escenario dos máis variados xogos de poder e influencia.
Se queredes saber máis desta pintora mirade a entrada sobre ela no blog de Iniciarte.

1 comentario:
Como me gustan estas mulleres. Grazas por referenciarme. Bicos
Publicar un comentario