21/12/16

NOVIDADES NA BIBLIO: CHEGARON MÁIS CÓMICS!!!!

Chegaron novos comics á Biblioteca!! Aquí tes algunhas das novidades...






17/11/16

O texto do mes... de "CON FALDAS Y A LO LOCO" (Billy Wilder)

Some Like It Hot    
(Con faldas y a lo loco )

Guion de BILLY WILDER e I.A.L. DIAMOND.
Con Jack Lemmon no papel de Jerry / Daphne e Joe E. Brown no papel de Osgood.
 
OSGOOD: Falei con mamá. Estaba tan contenta que ata chorou. Quere que leves o seu vestido de noiva. É de encaixe branco.
JERRY/DAPHNE: Osgood, non podo casar co vestido da túa mamá. Eeeh, seguro que ela e eu... nnn... non temos o mesmo tipo!
OSGOOD: Podemos reformalo.
JERRY/DAPHNE: Non fai falta. Osgood, teño que ser sincera contigo, ti e eu non podemos casar.
OSGOOD: Por que non?
JERRY/DAPHNE: Pois... primeiro porque non son loura natural.
OSGOOD: Non me importa.
JERRY/DAPHNE : E fumo. Fumo moitísimo!
OSGOOD: Éme igual.
JERRY/DAPHNE: ¡Teño un horrible pasado! Desde hai tres anos estou vivindo cun saxofonista.
OSGOOD: Perdóocho.
JERRY/DAPHNE: Ah! Nunca poderei ter fillos.
OSGOOD: Adoptarémolos.
JERRY/DAPHNE: Non me comprendes, Osgood... (Sacando a perruca e coa súa voz de home) Son un home!
OSGOOD: Bo, ninguén é perfecto.

BILLY WILDER



BILLY WILDER NACEU EN GALICIA!!!!!!!!!
Samuel Wilder (Sucha (Galicia, actual Polonia), 1906 – Los Ángeles, 2002) Guionista, director e productor de cine. Debido á súa orixe xudía, á chegada ao poder de Adolf Hitler en Alemania tivo que exiliarse. En Hollywood traballou como guionista e director de escena. Trala Segunda Guerra Mundial iniciou a súa actividade como director, na que destacou pola súa brillante dirección de actores, a súa fina ironía e a calidade dos seus guions (a maioría dos cales escribiu en colaboración con I. A. L. Diamond), nos que diseccionaba, case sempre en ton de comedia, as convencións sociais da clase media estadounidense amosandoas súas contradicións internas.

Na súa filmografía destacan Días sen pegada (1945), premiada co Oscar, O crepúsculo dos deuses (1950), A tentación vive arriba (1957), O apartamento (1960), que lle supuxo o segundo Oscar, Un, dous, tres (1961) e Some Like It Hot (Con faldas y a lo loco).

28/10/16

CERTAME LITERARIO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


O 25 de novembro é o Día Internacional contra a violencia machista.
No IES queremos escoitar o que o alumnado ten que dicir sobre a desigualdade entre sexos, por iso convocamos un CERTAME FEMINISTA.
O texto gañador (pode ser en forma de manifesto, poema,...) será lido na concentración contra a violencia sexista que terá lugar o venres 25 ás 12:30 na porta da entrada do IES.
Podedes presentar os vosos escritos até o venres 18 en Vicedirección ou envialos ao mail do IES:
ies.arzua@edu.xunta.es
poñendo no asunto "Certame 25 novembro".

19/10/16

CONCURSO DE EPIFAFIOS para celebrar o Samaín!


BASES DO CONCURSO

1.    Poderá participar no concurso calquera alumno ou alumna do centro; tamén profes e persoal non docente, pero sen optar a premio.
2.    A participación será individual. Os  textos deben ser orixinais e inéditos (en calquera idioma).
3.    Valorarase que sexan ocorrentes, pero non deben ser ofensivos.
5.    Valorarase  o enxeño  e a corrección lingüística.
6.    Os traballos, nos que se farán constar os datos do/a autor/a, deberán presentarse na urna antes da 3ª hora do xoves 27 de outubro.
7.    O xurado estará composto por representantes do alumnado, do profesorado e do persoal non docente do centro.
8.    Categorías: A (ESO) / B (Bacharelato e Ciclos).
9. Os premios serán entregados no Salón de Actos no 2º recreo do venres 28 de outubro.
10.    Premios: Unha semana de bocata + refresco gratis na cafetería do Instituto.