BASES DO CONCURSO
1. Poderá participar no concurso calquera alumno ou alumna do centro; tamén profes e persoal non docente, pero sen optar a premio.
2. A participación será individual. Os textos deben ser orixinais e inéditos (en calquera idioma).
3. Valorarase que sexan ocorrentes, pero non deben ser ofensivos.
5. Valorarase o enxeño e a corrección lingüística.
6. Os traballos, nos que se farán constar os datos do/a autor/a, deberán presentarse na urna antes da 3ª hora do xoves 27 de outubro.
7. O xurado estará composto por representantes do alumnado, do profesorado e do persoal non docente do centro.
8. Categorías: A (ESO) / B (Bacharelato e Ciclos).
9. Os premios serán entregados no Salón de Actos no 2º recreo do venres 28 de outubro.
10. Premios: Unha semana de bocata + refresco gratis na cafetería do Instituto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario