19/3/12

UN TEXTO DE DOUSCENTOS ANOS

Estamos de aniversario: A Constitución gaditana de 1812 cumpre hoxe douscentos anos, e todos o celebramos: incluso Google!
Esa Constitución, que por ser aprobada tal día como un 19 de marzo foi denominada "A Pepa", é unha importantísima aportación ao estado democrático moderno, e moitos dos seus valores promulgados nos seus artigos segen vixentes hoxe, dous séculos despois: a democracia, a liberdade, a soberanía nacional, a separación de poderes, a independencia da xustiza e os dereitos humanos baseados na liberdade individual das persoas... e moito máis.

En todos os medios estase a recordar e celebrar este feito, e en Biblioarzúa tamén.

Escoita un pouco de cómo fixeron en 1812


14/3/12

Bicentenario de Dickens

Fai douscentos anos, no porto inglés de Portsmouth, naceu Charles Dickens, un dos máis famosos -e popularmente coñecidos- novelistas. A súa experiencia persoal levouno a solidarizarse cos desfavorecidos nas súas obras, e a criticar á clase dominante. En 1837 publicou a súa primeira novela: Os papeis póstumos do club Pickwick. Converteuse en famoso, e moito máis coas aventuras do orfo Oliver Twist, unha dura condena ao maltrato á infancia na Inglaterra vistoriana, tema presente tamén noutras obras como David Copperfield. En Historia de dúas cidades trata temas políticos: a revolución francesa; aínda que non era un revolucionario, senón un "reformista compasivo" que pensaba que, se a xente facía o ben, a sociedade funcionaría mellor. Esta é a mensaxe de Conto de Nadal. Pese á súa crítica feroz das desigualdades sociais e da hipocrisía das institucións británicas da época, Dickens nunca perdeu popularidade e segue a reeditarse. As mensaxes das súas obras -clásicos imprescindibles- continúan sendo temas desgraciadamente actuais. "Dickens sigue diciendo la verdad" é o título dun artigo publicado recentemente no diario El País. Pódese consultar en http://elpais.com/diario/2012/02/07/opinion/1328569211_850215.html.

12/3/12

Broders in Band

Son galegos, fanse chamar Brothers in Band, como homenaxe a un dos mellores temas e discos de Dire Straits (Brothers in arms), e cravan o son e a posta en escea do grupo de Mark Knopfler, un dos máis populares da década dos 80 e un dos mellores sen discusión. O venres pola noite actuaron na sala Capitol , o primeiro concerto da súa nova xira. O que comezou como unha broma entre catro amigos coruñeses, acabou por converterse nun grupo formado por 14 persoas (nove músicos e cinco técnicos) adicados a reproducir e facer versións da música dunha das grandes bandas de rock, Dire Straits. Óscar Rosende, o guitarrista e vocalista, líder da banda, e os seus compañeiros, contaxian ilusión cando soben ao escenario. O seu traballo é tamén a súa paixón: nótase, e gózase oíndoos tocar e véndoos cun sorriso mentres actúan.