30/5/11

UNHA COSTURA NO TEMPO

Título: Unha costura no tempo
Autor: Xosé A. Neira Cruz
Editorial: Oxford University Press
"Hai preguntas que salvan a vida. E respostas que lle poden dar a razón de ser a varios baleiros espirituais"

Dúas historias de mulleres conectadas por un fío no dobrez da vida: o tempo que cose a solidaridade de dúas mulleres que se axudan sen verse e sen tocarse pero que se senten.

Mulleres fortes e valientes. Mulleres nas que podrían os homes bater nelas, ou ser desprezadas polos seu fillos. Mulleres con olladas de infinito cansanzo... pero que ensinan ás meniñas a non aceptar a humillación sen máis: sometidas á imposición masculina si, pero non aldraxadas, non sen esperanza. No fondo do seu ser mulleres libres que un día rebelaranse e xuntarán as súas forzas mesmo a través do tempo...


"Porque sentir preto a quen un ama é como renovar o sangue que corre polas veas". E xuntas unhas e outras pola lei maior que existe: a que xorde do benquerer.

Cantigas do noso pobo galego e o segredo da Illa de San Simón de telón de fondo deste libro que poderás atopar en Biblioarzúa

26/5/11

VALORES NATURAIS NO CAMIÑO DE SANTIAGO-ARZÚA E A NOSA MAMEN

Título: Valores Naturais do Camiño de Santiago no Concello de Arzúa
Autores: Mª del Carmen López Marcos e Carlos Iglesias Ramos
Publicado por: Concello de Arzúa

No IES
de Arzúa e en Biblioarzúa en particular estamos moi contentos por contar con este profesorado tan "chachi"

O IES de Arzúa, coa colaboración económica do Concello acaba de publicar unha pequena guía titulada "Valores naturais do camiño de Santiago no Concello de Arzúa".

Esta publicación enmárcase nun proxecto iniciado no curso 2009-2010 por dous profesores do departamento de Agraria e un grupo de alumnos do Ciclo Medio Traballos Forestais e de conservación do medio natural, e do Ciclo Superior Organización e xestión de recursos naturais e paisaxísticos.

O proxecto desenvolveuse arredor do Camiño francés. Percorreuse o camiño fotografando aquelas especies e lugares máis característicos para despois identificalas e documentalas. Tamén se elaborou unha enquisa para coñecer o grao de valoración da conservación do camiño por parte do peregrino. Esta enquisa estivo dispoñible en distintos lugares de paso dos camiñantes, en galego, castelán, francés e inglés, realizando despois o tratamento estatístico das enquisas. Ao mesmo tempo, traballouse na elaboración dunha maqueta, así como dun poster que se presentaron no Congreso de Educación Ambiental de centros de ensino da Coruña, organizado polo Ceida.

No proxecto traballouse de xeito interdisciplinar a través de diferentes departamentos didácticos, como Agraria, Administrativo, Francés, Inglés, Latín, Normalización Lingüística e Xeografía e Historia, desenvolvendose así este traballo como un proxecto de toda unha comunidade educativa donde cada unha cumpliu un papel.

Un dos resultados deste traballo é esta publicación financiada polo Concello e que se presentou aos medios o día 24 de marzo.



18/5/11

O ALUMNADO DE CICLOS FORESTAIS EN PUEBLA DE SANABRIA

Entre os día 4 e 6 de maio, o alumnado dos ciclos de forestais do IES de Arzúa realizaron unha saída formativa a Puebla de Sanabria, acompañados dos profes Mamen e Manuel.

Na viaxe fixéronse visitas a espazos naturais, centros de interpretación, plantacións forestais, e outras actividades, nas que expertos e profesionais dos diferentes ámbitos complementaron a formación que reciben no centro polo profesorado.

A viaxe iniciouse o día 4 coa visita á Fraga de Catasós, en Lalín, protexido coa figura de Monumento Natural. A continuación visitaron o Centro Agroforestal de Riós, dependente do INORDE, Deputación de Ourense, donde se lles falou da problemática dos castiñeiros e as súas enfermidades, con demostracións dos tipos de enxerto que alí realizan. Para finalizar, realizaron a ruta do Tejedelo de Requejo, visitando a área de teixos máis antiga e extensa de Zamora.

O día 5 estiveron no Parque Natural Lago de Sanabria, visitando o centro de interpretación e a Casa do Parque, Laguna de Peces, canón do río Tera e ruta da Cascada de Sotillo, apreciando as diferentes paisaxes da zona e identificando as especies máis emblemáticas de flora e fauna. Tamén visitaron plantacións forestais acompañados por axentes medioambientais que explicaron as características e problemáticas da zona en canto á xestión e conservación forestal.

Rematou a viaxe cunha visita á Serra da Culebra, lugar emblemático pola presenza do tan querido e á vez odiado lobo.



13/5/11

CELEBRAMOS AS LETRAS GALEGAS

Sentímonos orgullosos de falar galego.

Sentímonos orgullosos de sentirnos galegos.

Na tve1 na súa edición nacional desta semana daban esta noticia:

(O único que non entendo é que parece que queren dar a imaxe de que o galego quedouse no rural e nos anos cincuenta... eu dou fe de que non é así)

Feliz Día das Letras Galegas!!!!!

6/5/11

MALDITO KARMA

Título: Maldito karma
Autor: David Safier
Editorial: Seix Barral

Non fai falta nirvana para estar no mellor lugar do mundo.

As veces a fatalidade permiteche acceder a diversas situacións que nunca pensaches nin tan siquiera que podían existir.

Aprender a valorar o que realmente é importante e reflexionar sobre a propia forma de levar a nosa existencia dende unha perpectiva de comedia.

En fin, toda unha serie de tópicos a través dunha divertida fábula para atopar a felicidade.

4/5/11

GALEGO: LINGUA MINORITARIA? SEGURO?

Pensas que o galego é unha lingua minoritaria?

E que che importa?: O galego é unha lingua fermosa que ten bolboretas voando polo xardín, que nos días de brétema dispárase a morriña e que ten toxos amarelos que nos fan berrar de dor e nos días de rosas e sangue as marabillas da lingua loitan porque ninguén esqueza que moitos amamos Galiza.

Por iso non me importa se pensas que o galego é para pailáns, porque o galego vai pegado ao meu corazón, e por iso non entende nin atende a razóns: porque simplemente é un amor.