21/12/21

MERCADO DE LIBROS TRISTES

 Exitazo do mercado de LIBROS TRISTES TRISTES LIBROS. Compañeiros, alumnos.....todos aproveitamos para darlle un segundo uso a estes libriños que levaban tempo esperando por dono.

Agardamos que sexan felices alña a donde vaian

FELICITACIÓN DE NADAL

https://app.genial.ly/editor/61c102fa2bdfbe0dcaa8245c

traballazo dos días previos ás vacacións

 Despois dos días cheos de exames e de moitas horas de estudo, da gusto ver com o noso alumnado se achega á biblio paa botar unha man. Pabro, xa convertido en voluntario dirixe ó equipo que se encarga de revisar a colocación dos fondos de GALEGO e INGLÉS. 


á volta das vacacións de nadal continuamos....!!!

entrega de premios CONCURSO MANDALAS

 O mércores 15 entregamos os premios do CONCURSO DE MANDALAS. Parabéns ás gañadoras:


1º ESO:

.    1ª FINALISTA: Elisabeth

.     GAÑADORA: Melody


2º ESO:

.    1ª FINALISTA: Geo

.     GAÑADORA: María Pose

Xeniais traballos os de toda a rapazada. Co exitazo que tivo este concurso, o ano que ven repetiremos!!!!

Moitas grazas a Rahoul, o noso lector, por achegarnos á orixe e os significados das cores, así coa ó seu uso no hinduiamo, budismo e jainismo.
Achegamos fotiños do concurso



11/12/21

BIBLO A TOPE

Hoxe Biblioarzúa estaba a reventar de xente!!!! Nótase que estamos en época de exames e que estamos a tope. ÁNIMO a tod@s que queda menos para as vacacións de nadal






TALLER DE PAPIROFLEXIA

 Hoxe venres 11 de decembro, arrincamos en Biblioarzúa cun taller de origami superchuli. Grazas María por motivar á rapazada a facer cousiñas bonitas.



6/12/21

SORPRESAZA, SORPESAZA

 Menuda sorpresa nos deu onte Digna!!!! Fixo cola estoicamente para traernos para BIBLIOARZÚA dous exemplares de libros de ELOY MORENO.....con sorpresiñas. Esta vez tocoulle a DIFERENTE e TIERRA. Marabilla de libros.

Exemplares adicados a todos vos para que cando leades o libro p sintades mais ainda como voso. 

Gracias ELOY MORENO, grazas DIGNA polo detalle. E por facer esa longa cola nunha tarde fría coma a do 30 de novembro... QUERÉMOSTE PORQUE NOS QUERES!!!

Non o podedes crer? pois aquí tedes unhas fotiños.... E O VÍDEO DA ADICATORIA para todos vos-


Hai premio especial para a primeira persoa que leve o libro emprestado. Corre a ser a primeira!!!







EN NADAL RECORDA...

 A industria da moda é unha das mais contaminantes do mundo!!! Pénsao ben antes de mercar roupa. Porqué non renovar a que temos e darlle un toque persoalizado e molón?  Propoñémosche que botes unha ollada a este libro que temos na biblio, Renovar o armario nunca foi tan doado


BIBLIOTECA SOLIDARIA


En BIBLIOARZUA tocou hoxe xornada de formación en SOLIDARIEDADE.
Porque pensamos que a formación do alumnado pasa tamén pola educación en valores. 

EN NADAL, AGASALLOS QUE VEÑEN E VAN

Para acercar a biblioteca á casa, temos unhas mochilas cunha selección de libros que podedes levan á casa en préstamo temporal,para reforzar vinculos entre as vosas familias e o IES.

FPB agraria busca info

Maletas Viaxeiras

Tamos encantadas porque chegóu a primeira maleta viaxeira

3 DE DECEMBRO. DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

happy diwala( polo noso lector de inglés)