16/6/25

LIBRO DO MES ABRIL 2025 "primavera silenciosa"

"PRIMAVERA SILENCIOSA", de Rachel carson foi o libro escollido polo profesorado de agraria no mes do libro. Envíannos un straballos feitos polo alumnado

10/6/25

BIBLIOARZUA SAE A ESCENA

Aproveitando que o lema das bibliotecas era "Biblioteca escolar, a escena!" e que ademais o Día das Letras galegas estivo adicado ás Cantareiras e á poesía popular oral, o alumnado de 1º de Bac e as nosas pandereteiras, animáronse a facer unha representación teatral onde Adolfina e Rosa Casás, Eva Castiñeira, Prudencia e Asunción Garrido e Manuela Lema cobraron vida.
Parabéns e todo se todas!!

4/6/25

PRODUTOS FINANCEIROS CON LEGO SERIOUS PLAY

O alumnado de 3º de Cultura Financeira achefouse á biblioteca para traballar coa metodoloxía "lego serious play" facendo en grupos unha maqueta de diversos produtos financeiros e da bolsa de valores. Todos partán don kit co mesmo tipo de pezas. So tiñan que deixar voar a imaxinación...e aplicar os seus coñecementos.
qué ben representado o risco dos investimentos en renda variable!!!
a vertixinosa volatilidade das criptomoedas
e a rendibilidade fixa dos bonos do Estado. Xenial, rapazada.

1/6/25

ENREDANDO FÍOS

Se entrades no seguinte enlace tedes acceso ó catálogo de produtos elaborados este curso.