29/11/21

SEMANA EUROPEA DA REDUCIÓN DE RESIDUOS (EWWR)

 Do 20 ó 28 de novembro adicamos a semana a facer un pelegrín con residuos, aproveitando que se coelebra a EWWR (SEMANA EUROPEA DA REDUCIÓN DE RESIDUOS)https://ewwr.eu/esp/

Achegamos un enlace ás fotos dos resultados




Non está de mais que botes unha ollada ó vídeo "6 razones para reciclar" e a este outro que nos ensina como funciona unha  planta de reciclaxe

https://www.diainternacionalde.com/semanas-internacionales/semana-europea-prevencion-residuos


https://youtu.be/FuU9ddZng3Q





26/11/21

VENRES DE AGASALLO

Rematamos unha semaniña de traballo intenso preparando o traballo das PLASTICOFOBIAS, formación con "O GLOBO" e preparando a primeira patrulla de limpeza " recreos residuos cero". Pódese pedir máis?

De agasallo para as voluntarias de primeira Patrulla Recreos Residuos Cero, uns marcapáxinas chulisimos que nos trouxo Digna, a nosa profesora de PT. Que contentiñas ían!!!. Grazas Digna polo detalle.

24/11/21

XORNADAS Is 4KIDS

BIBLIOARZUA está moi contenta, porque nos comunican que imos ter DUAS SESIÓNS DE  50 minutos dirixidas ó noso  alumnado para seguir traballando en CIBERSEGURIDADE.
 QUÉ IMPORTANTE É concienciar ós nenos e adolescentes para un uso seguro y responsable de Internet!!!

No segundo trimestre arrincamos!!!

23/11/21

Voces na Biblio: Ana Saavedra (25N)

Hoxe, co motivo do 25N contra a violencia de xénero, recibimos na nosa biblioteca no marco das "voces na Biblio" a Ana Saavedra, presidenta de Mirabal, asociación de mulleres maltratadas.Asociación Mirabal
Ana foi, ela mesma, unha víctima da violencia de xénero. Sufriu dúas lesións graves hai 20 anos por parte da súa parella e iso foi o detoante para poñerse a axudar a outras mulleres.
O seu relato en primeira persoa foi moi impactante e instructivo.

20/11/21

BIBLIOTECA ALTERNATIVA. NOVO ESPAZO DE LECTURA FORA DA BIBLIO

En Biblioarzua creamos un novo espazo lector. Novos ambientes para consolidar o hábito da lectura. 
ainda que no inverno haberá que estar algo abrigadiños, parece que xa tivo unha boa acollida.

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS

BIBLIOARZUA loita contra a pobreza.

Lembrámosvos que no edificio principal hai colocada unha caixa onde podedes depositar a vosa aportación para o BANCO DE ALIMENTOS.
Este nadal, axudemos ós máis necesitados e contribuamos a redución de desigualdades.

20 DE NOVEMBRO: DIA INTERNACIONAL DA MEMORIA TRANS

En Biblioarzua estamos nesta loita para apoiar as persoas vítimas de transfobia. Oxalá non fixera falta celebrar este día.
Para achegarvos esta realidade, aquí tedes na biblio unha selección de libros sobre esta temática. Podedes levalos para casa ou consultalos na sala ou no NOVO RECUNCHO DE LECTURA no edificio principal. ANIMÁDEVOS!!!

XORNADA BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA 20 DE NOVEMBRO DE 2021

LER REVOLUCIONA...PERO TODO COMEZA CA ORALIDADE.
Sábado intenso de formación en Biblioarzua. 
Estivemos  nas xornadas de Bibliotecas escolares no Pazo de  Congresos de Santiago. 
Interesantes reflexións de Carlos Scolari, Susana Pedreira, Pep Bruno e  Paula Carballeira, sobre a importancia da ORALIDADE e sobre o futuro dos documentos dixitais. Poderemos ler un .PDF dentro de 100 anos?

16/11/21

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE "CIBERSEGURIDADE NO COLE"

O venres 12 de novembro entregamos nos premios ó alumnado de 2 ESO que conseguiu un merecido posto de PRIMEIRO FINALISTA no concurso de "ciberseguridad no cole". Mochilas, bolígrafos, libretas...COAS que agasallamos a todos. Continuarémos formándonos en CIBERSEGURIDADE.

15 N: día das enfermidades neuromusculares

Segundo a Federación Española de Enfermedades Raras (FEDER),  mais de 3.000.000 de persoas en España conviven con algunha destas patoloxías. A unha delas adicouse o día 15 de novembro, DÍA DAS ENFERMIDADES NEUROMUSCULARES. 
Dende BIBLIOARZUA  quixemos facer unha pequena homenaxe a todas as persoas que conviven con ela. SEDE FORTES!!!. APOIÁMOSVOS!!!!
Deixamos unhas fotiños de sensibilización para todos #capaces15N. 

7/11/21

2 ESO PASA Á FINAL DO CONCURSO DE CIBERSEGURIDADE

En biblioarzua estamos moi felices!!!! Os alumnos de 2 eso clasificárons para a FINAL galega o mércores na cidade da cultura. Ser dos 3 mellores de Galiza en coñecementos de seguridade non é doado. 

A FINAL TERÁ LUGAR o mércores 10 de novembro ÁS 17:00 H H É PODERÁ SER SEGUIDA en streaming. Irán acompañados por Cristina. Sorte e
VÉMONOS!!!!

CONCURSO DE MANDALAS DO 8 Ó 20 DE NOVEMBRO



Ímosvos contar primeiro que son os mandalas. Son uns debuxos de orixe oriental, cuxa función é a de relaxar a mente do que os debuxa ou os observa, con resultados moi positivos. É un símbolo sacro para o Budismo e o Hinduísmo, que representa o cosmos. É outra forma ancestral de facer Meditación con eles. Cada un serve para un propósito: relaxar, sandar, achegar confianza en si mesmo, sabedoría, atoparse a si mesmo, para invocar a prosperidade…




Pasa pola biblioteca, dámosche o modelo e tí coloréalo. Haberá premio para a mais orixinal e equilibrada 
Data límite de entrega: 19 de novembro

5/11/21

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO LEGO "COMO QUERES A TÚA BIBLIO"

O taller de LEGO vai a toda máquina!!!!!
 

Para celebralo, hoxe entregamos o premio á maqueta LEGO coa que os gañadores fixeron unha marabillosa versión da biblioteca que lles gustaría ter. Farémoslle algo de caso e terémolo en conta na remodelación que estamos facendo.

OS  GAÑADORES FORON:

.Alves Diniz, Heitor
.Alves Diniz, Yasmim
.Quintana Noa, Mélody
.Vázquez Yáñez, Sandra

👏👏PARABÉNS 👏👏ÓS 4 E A SEGUIR CREANDO CON LEGO