28/11/12

Exposición sobre a violencia de xénero

Da man de La Cenicienta que no quería comer perdices, e grazas á admirable labor da nosa compañeira Emilia, vimos de celebrar na Biblioteca do IES de Arzúa unhas xornadas sobre a violencia de xénero. Vimos unha película que deu moito que falar: Hierro 3, do director coreano Kim Ki-duk. Con debuxos feitos por Emilia, collages, carteis moi coloristas e fermosos comentarios, puxémoslle un pouco de cor ao que sempre nos chega asociado á dor. O sorriso da rapaza que ocupaba o cartel da entrada do noso centro é o emblema do que quixemos expresar: o xesto natural dunha rapaza que sexa sempre coma ese sorriso.

28/5/12

Nómades


Temos na nosa biblioteca un libro impresionante, sinxelo e fondo a un tempo. O ilustrador Xosé Tomás retrata a emigración feminina en Nómades, novela gráfica  articulada sobre breves pero reveladores episodios que teñen como fío condutor a emigración e como protagonistas a mulleres de diferentes idades e condicións. Polas súas páxinas pasan mulleres que atravesan o océano en caiuco, que se prostitúen para enviar o diñeiro ás súas familias, que emigran na vellez por acompañar os fillos e non se adaptan, que viven ás agachadas o seu lesbianismo ou que non poden regresar ao seu país a enterrar a un ser querido pola situación laboral irregular na que se atopan.  Trátase dunha historia que ten fe na superación persoal, posto que comeza cunha travesía pola morte, e remata coa redención humana. O autor documentouse a fondo para escribir e debuxar cada un dos episodios, o que nos permitirá coñecer de primeira man a vida das protagonista, rexeitar ideas preconcebidas e, sobre todo, comprender o drama de todas estas persoas.

9/5/12

Trogloditas

Para esforzarse no traballo e dar o mellor rendemento non hai acicate como o apoio, o ánimo, o recoñecemento por parte dos demais. Vímolo todos o pasado sábado no concerto de Trogloditas. Subira a banda ao escenario con poucos folgos –agás o batería, Jordi Vila, que era a alma do grupo-, pero ao cabo dun ratiño, cando foron sentindo como cantabamos no público, como os animabamos e, principalmente, o ben que o estabamos a pasar, entón tamén eles se foron entregando. O resultado foi un concerto memorable, o primeiro co que a sala Le Club da comezo á tempada. Un concerto co mellor protocolo clásico: teloneiros –a banda coruñesa Doctor Snob-, puntualidade, diálogo entre músicos e público, a sección rítmica orixinal de Trogloditas e varias cancións –das máis famosas- a maiores: o público non nos cansabamos de pedir outra canción e Lobo –o cantante- concedíanola. O noso parabén. Trogloditas

18/4/12

Exposición sobre a Constitución de 1812





O pasado 19 de marzo celebrábase o bicentenario da proclamación da nosa primeira Constitución, tal día do ano 1812, na cidade de Cádiz. Non podiamos deixar de lembralo e dedicarlle unha mínima homenaxe. A biblioteca organizou unha exposición con información sobre o contexto histórico e un breve resumen dos artigos máis importantes. Acompañaban aos textos imaxes da edición orixinal, de cadros da época e do cartel oficial publicado pola comisión organizadora do Bicentenario da Pepa.

Exposición sobre Charles Dickens



No mes de febreiro conmemorábase o Bicentenario do nacemento do gran escritor británico Charles Dickens. A Biblioteca do IES de Arzúa quixo sumarse ás abundantísimas mostras de admiración que se lle tributaron en todo o mundo. Fíxose unha pequena –en verdade moi pequena, porque non había moitos materiais- exposición de libros e películas, acompañados dunha ampla reseña sobre o autor e a súa obra.
Tamén nesta ocasión a imaxe acompañou á palabra: os alumnos de 1º e 2º de ESO asistiron á proxección dunha película baseada na famosa novela de Dickens Oliver Twist. Por certo, foi todo un éxito de crítica e público.

Exposición de banda deseñada





No mes de xaneiro a Biblioteca do IES de Arzúa organizou unha pequena exposición sobre banda deseñada. A idea xurdiu coa adquisición dunha serie de novelas gráficas de extraordinaria calidade: Blacksad. Seguiron diversos tomos en galego e en castelán, adquiridos polos diferentes departamentos do centro, e, vista a ampla e completa –para tratarse dun centro de ensino- colección coa que xa contabamos, topámonos cunha mostra moi interesante de libros. Todo o cal, sumado ás cores brillantes e vistosas dos materiais, dou como resultado unha exposición rechamante para os alumnos, e tamén para os profesores.
A actividade completouse coa proxección de dúas películas cortas de Tintín, en sesión de tarde, para os alumnos de 1º e 2º de ESO.

Méritos y desméritos








Méritos: por ejemplo, los de pequeñas salas como Garufa, que intentan, contra todo pronóstico, mantener la afición por la música en directo, por la relación que se establece entre el artista y el público cuando se están mirando a la cara. O, por ejemplo, los de Señor Buena Suerte, que este fin de semana actuaron en el Garufa, con todas las condiciones en contra, incluso las climatológicas -y ya no digamos la celebración de San Patricio, con su orgía etilíca de cerveza irlandesa-. Señor Buena Suerte es una banda gallega que canta los temas de Dr. Feelgood. E hizo honor a sus emulados británicos. El repertorio basado en rhythm and blues fue interpretado con mucha dedicación, ya que no medios. E incluso la estética de pub rock londisense de Lee Brilleaux fue recreada con mucho acierto: el cantante lucía un traje de raya diplomática, digno de un auténtico gángster endomingado, camisa negra y corbata roja, y los más inverosímiles zapatos de puntera abotinados, mezcla de chulo y Aladino. Era un verdadero profesional, muy buen actor, capaz de crear un gran espectáculo por sí solo. Y un gran músico. Desméritos: por ejemplo, los del público, todos. El ambiente semejaba una verbena de pueblo, en los peores tiempos de la dictadura. Ellas, disfrazadas de modernas -es decir, de Inditex- bailaban entre ellas con risas forzadas y falsa camaradería, haciendo ver que “ni se fijaban” en ellos. Ellos, anulados por su propia medianía. ¡Qué grandes profesionales los músicos, que intentaron, contra viento y marea, no deprimirse incluso ellos¡.

19/3/12

UN TEXTO DE DOUSCENTOS ANOS

Estamos de aniversario: A Constitución gaditana de 1812 cumpre hoxe douscentos anos, e todos o celebramos: incluso Google!
Esa Constitución, que por ser aprobada tal día como un 19 de marzo foi denominada "A Pepa", é unha importantísima aportación ao estado democrático moderno, e moitos dos seus valores promulgados nos seus artigos segen vixentes hoxe, dous séculos despois: a democracia, a liberdade, a soberanía nacional, a separación de poderes, a independencia da xustiza e os dereitos humanos baseados na liberdade individual das persoas... e moito máis.

En todos os medios estase a recordar e celebrar este feito, e en Biblioarzúa tamén.

Escoita un pouco de cómo fixeron en 1812


14/3/12

Bicentenario de Dickens

Fai douscentos anos, no porto inglés de Portsmouth, naceu Charles Dickens, un dos máis famosos -e popularmente coñecidos- novelistas. A súa experiencia persoal levouno a solidarizarse cos desfavorecidos nas súas obras, e a criticar á clase dominante. En 1837 publicou a súa primeira novela: Os papeis póstumos do club Pickwick. Converteuse en famoso, e moito máis coas aventuras do orfo Oliver Twist, unha dura condena ao maltrato á infancia na Inglaterra vistoriana, tema presente tamén noutras obras como David Copperfield. En Historia de dúas cidades trata temas políticos: a revolución francesa; aínda que non era un revolucionario, senón un "reformista compasivo" que pensaba que, se a xente facía o ben, a sociedade funcionaría mellor. Esta é a mensaxe de Conto de Nadal. Pese á súa crítica feroz das desigualdades sociais e da hipocrisía das institucións británicas da época, Dickens nunca perdeu popularidade e segue a reeditarse. As mensaxes das súas obras -clásicos imprescindibles- continúan sendo temas desgraciadamente actuais. "Dickens sigue diciendo la verdad" é o título dun artigo publicado recentemente no diario El País. Pódese consultar en http://elpais.com/diario/2012/02/07/opinion/1328569211_850215.html.

12/3/12

Broders in Band

Son galegos, fanse chamar Brothers in Band, como homenaxe a un dos mellores temas e discos de Dire Straits (Brothers in arms), e cravan o son e a posta en escea do grupo de Mark Knopfler, un dos máis populares da década dos 80 e un dos mellores sen discusión. O venres pola noite actuaron na sala Capitol , o primeiro concerto da súa nova xira. O que comezou como unha broma entre catro amigos coruñeses, acabou por converterse nun grupo formado por 14 persoas (nove músicos e cinco técnicos) adicados a reproducir e facer versións da música dunha das grandes bandas de rock, Dire Straits. Óscar Rosende, o guitarrista e vocalista, líder da banda, e os seus compañeiros, contaxian ilusión cando soben ao escenario. O seu traballo é tamén a súa paixón: nótase, e gózase oíndoos tocar e véndoos cun sorriso mentres actúan.

25/2/12

OS FANTÁSTICOS LIBROS VOADORES DE MR. MORRIS LESSMORE



Inspirado por acontecementos como o furacán Katrina, o personaxe central da historia creouse en homenaxe ao actor de cine mudo Buster Keaton. "Morris Lessmore" presenta a mesma atmósfera de Up filme de Pixar.
O protagonista nesta ocasión en vez de ascender ao ceo entre globos, é un empedernido lector que levado pola súa imaxinación voa entre as liñas dos moitos libros que leu.
Unha "alegoría sensible e humorística sobre o poder das historias", chea de nostalxia e beleza, que foi nominada aos Oscars de Hollywood.

23/2/12

Los papeles póstumos del Club Pickwick


Los papeles póstumos del maravilloso Club creado y presidido por el ínclito profesor Pickwick son un monumento vivo a la imaginación, el humor, la maestría literaria y la finura de inteligencia; un altísimo logro del ser humano. Cuando Charles Dickens empezó a publicar esta obra, por entregas, en 1836, contaba solo veinticuatro años.
La editorial Mondadori, con ocasión de la celebración del Bicentenario del nacimiento del escritor inglés, nos ofrece una edición magníficamente presentada, con reproducciones de las ilustraciones de Phiz, y la magistral traducción de José María Valverde (todos sabemos que una mala traducción es capaz de destruir el mejor original del mundo: os aseguro que esta traducción casi "mejora" el original). El resultado es una obra maestra. Recomendado sin reservas.

The Vegabonds


Estes días do Antroido sonou "Carnival Man" no Mardi Gras. Curiosa casualidade. Resulta moi reconfortante comprobar que a xente máis nova ten profesionalidade e talento nas actividades que emprende. Neste caso, a música. E da boa, moi boa. Os mozos que compoñen esta banda, The Vegabonds, apenas con vintetantos anos, herdeiros de The Allman Brothers Band, Lynyrd Skynyrd, Screaming Cheetah Wheelies, incluso de Widespread Panic, actúan en varias cidades españolas procedentes de Alabama. "Southern sons" chámase o seu novo traballo e déronnos toda una lección de arte en acústico co seu rock sureño.