10/5/13

Um filme falado

Unha  profesora de historia en viaxe de cruceiro polo Mediterráneo segue a trama da civilización, vista como utopía do mundo actual. A linguaxe criadora de civilización, a contradición  de ser portugués – o mais universalista dos europeos, o único que non fala a propia lingua fora do seu país – ilustran a realidade da  Unión Europea. A proxección deste filme do director portugués Manoel de Oliveira vainos servir ao longo do 3º trimestre para ilustrar o tema de Europa.  As protagonistas –nai e filla- parten de Lisboa, recorren  o Mediterráneo e detéñense en Marsella primeiro, logo en Nápoles, en Atenas, en Istambul e en Alexandría. Uns poucos poemas de autores emblemáticos de cada un destes lugares -Portugal, Francia, Italia, Grecia- dan unha pequena idea da riqueza que teñen as literaturas destes países. E da sonoridade das conversas no filme. Hai que escoitalo en versión orixinal.

9/5/13

Exposición sobre o Día de Europa

O mes de maio volvémonos moi cosmopolitas. Dedícámolo á conmemoración do día no que comenzou o proceso unificador -e, ao mesmo tempo, pacificador- de Europa. Desde o ano 1950 está en marcha tan loable propósito e, para celebralo, fixemos unha pequena exposición polos corredores do centro explicando a efeméride, unha exposición "interactiva": os alumnos tiñan que contribuir poñendo orden nos mapas (unha cuestión de cinchetas). Ademais, vimos Um filme falado, do director portugués Manoel de Oliveira, en versión orixinal, lemos textos de varios autores europeos e mesmo aprendemos a cantar un pouquiño en idiomas.