Unha profesora de historia en viaxe de cruceiro polo Mediterráneo segue a trama da civilización, vista como utopía do mundo actual. A linguaxe criadora de civilización, a contradición de ser portugués – o mais universalista dos europeos, o único que non fala a propia lingua fora do seu país – ilustran a realidade da Unión Europea. A proxección deste filme do director portugués Manoel de Oliveira vainos servir ao longo do 3º trimestre para ilustrar o tema de Europa. As protagonistas –nai e filla- parten de Lisboa, recorren o Mediterráneo e detéñense en Marsella primeiro, logo en Nápoles, en Atenas, en Istambul e en Alexandría. Uns poucos poemas de autores emblemáticos de cada un destes lugares -Portugal, Francia, Italia, Grecia- dan unha pequena idea da riqueza que teñen as literaturas destes países. E da sonoridade das conversas no filme. Hai que escoitalo en versión orixinal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario