17/12/25

FIN DO 1º TRIMESTRE

Rematamos este trimestre cun lote de actividades. Os nosos voluntarios traballaron arreo para encher o instituto de espírito navideño: decoración, concurso de postais, petiscos para alumnos e profes, regalo de préstamos e photocall de nadal. Grazas a todos, agora a desfrutar das merecidas vacacións!

12/12/25

BIBLIOARZUA SAE Á RÚA. VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL

O pasado 7 de novembro, o alumnaod voluntario da biblio xunto co profesor de lingua castelá e membro do equipo de dinamización da biblioteca, visitaros a Biblioteca municipal
para coñecer máis de cerca o seu funcionamento e os seus fondos. Coma sempre, todo un éxito de actividade. Parabéns!!

10/12/25

Mes da ciencia en galego na biblio

Ahí van algunhas imaxes dos experimentos que fixemos durante estas semanas na biblio

3/12/25

Expositor de libros polo 25N

O 25 de novembro conmemoramos o día contra a violencia de xénero preparando este expositor con lecturas recomendadas.

2/12/25

BIBLIOARZÚA SAE Á RÚA- CONTOS MEDIOAMBIENTAIS NO CEIP DE ARZÚA

Neste curso repetimos a visita ao CEIP para falar do medio ambiente a través de contos. Participou o alumnado de 1º CS Xestión Forestal Natural ordinario e de dual, que traballaron sobre diferentes problemáticas ambientais no módulo Técnicas de Educación Ambiental coa profesora Silvia Calvo. De novo o conto dos tres porquiños explicado en clave ambiental foi un éxito entre a rapazada. A loita de Mogli e os seus compañeiros da selva para salvala da industria do aceite de palma tamén gustou moito. As novas propostas sobre o conto da Serea e a abella Maia foron recibidas tamén con moito entusiasmo. Sentímonos moi ben acollidos polo alumnado e profesorado do colexio.