30/8/07

¿Onde están...? Día internacional dos desaparecidos

En 1941 a Alemania nazi dictou o Decreto de Noite e Néboa (Nacht und Nebel-Erlass). O documento autorizaba o traslado secreto de toda persoa contraria ó réxime nos territorios ocupados permitindo "a desaparición dos acusados sen deixar rastro". Este decreto está considerado como o precedente histórico das denomindas "desaparicións forzadas", un crime que viola un amplo conxunto de dereitos humanos e prolonga a dor de víctimas e familiares.
Dende entón miles e miles de persoas en todo o mundo foron víctimas das "desaparicións forzadas". Son ben coñecidas as de Arxentina (8.960 persoas "desaparecidas" segundo a Comisión Nacional, aínda que as estimacións elevan a cifra a 30.000 despois do golpe do 76), Chile (3.197 "desaparecidos" dende 1973 ) e outros países de América Latina como Perú, Uruguay, Paraguay, Honduras, México, El Salvador, Haití, Brasil, Guatemala... Tamén foron habituais en lugares como Arxelia, Bosnia, Marrocos, Irak, Vitnam, Camboya ... España foi incluída en 2003 nos países nos que se denunciaron desaparicións... ETC...
Pero este fenómeno continúa hoxe presente en moitos conflictos de todo o mundo como Sudán, Colombia, Nepal, Pakistan, Rusia, Chechenia, EEUU... no marco da chamada "guerra contra o terror". Só algúns exemplos: A lo menos 1.000 persoas desaparecidas en Sri Lanka dende principios de 2006. 138 sindicalistas desaparecidos entre 1991 e 2006 en Colombia. Entre 3.000 e 5.000 hombres, mulleres e nenos desaparecidos na república rusa dende 1999. En Chechenia síguense rexistrando desaparicións forzadas.
Son centos de miles de persoas as que sufriron e sofren estes pesadelos e que non foron nin son victimas das guerras, senón de políticas deliberadas de represión levadas a cabo por forzas gubernamentais (Fonte Amnistía internacional). Moitos dos desaparecidos morreron e foron enterrados en lugares difíciles de descubrir , outros permanecen en instalacións secretas... De vez en cando descúbrense fosas comúns ou atópanse corpos en lugares insospeitados e ata aquí acuden os familiares ansiosos de atopar os restos dos seus seres queridos, xa que é preciso recordar que as víctimas das desaparacións non son só os propios desaparecidos senón tamén as súas familias e amigos que non saben nada de nada deles... o que agranda o sufrimento.
Pero esto non remata aquí, segundo fontes da ONU, cada vez son máis os países que violan o dereito internacional baixo a excusa de loitar contra o terrorismo. Ademais hai poucos países que posúan instrumentos xudiciais para castigar ós responsables desas desaparicións.
Despois de máis de dúas dédacas de campaña por parte de familiares e organizacións de dereitos humáns, o 20 de decembro de 2006 a Asamblea Xeral da ONU aprobaba a Convención contra as Desaparicións Forzadas que pretende ser un instrumento xurídico internacional que prevendrá ese crime e loitará contra a impunidade dos responsables. No seu artigo 2 defíneas como "o arresto, detención, secuestro ou calquera outra forma de privación de liberdade, levado a cabo por axentes do Estado ou outras persoas con autorización deste, seguido do ocultamento da sorte ou do pararadeiro da persoa".
Co fin de recordar a todas as nacións e gobernos do mundo a realidade dos "Desaparecidos", a Federación Latinoamericana de Asociacións de Familiares de Detidos-Desaparecidos, declarou o 30 de agosto como o Día Internacional dos Desaparecidos. Ese mismo día, en 1977, as Nais da Praza de Maio iniciaban a súa primeir marcha ante a Casa Rosada arxentina para recuperar ós detidos e desaparecidos durante a chamada Guerra Sucia (1976-1983) e promover o enxuizamento dos responsables. Dende entón estas nais marchan cada xoves ó redor da praza para manter vivo o recordo dos desaparecidos e alzarse contra a inxustiza.

Así pois hoxe RECORDAMOS A TODAS ESTAS PERSOAS E DENCUNCIAMOS ANTE A SOCIEDADE QUE ESTA VIOLACIÓN DOS DEREITOS HUMANOS SEGUE A PRACTICARSE CON TOTAL IMPUNIDADE.
¡¡¡Oxalá puidera servir para algo!!!

27/8/07

Tras los pasos de los ... ESCLAVOS

TÍTULO: Tras los pasos de los esclavos
AUTORES: Marie-Thèrése Davison // Christian Heinrich// Thierry Aprile
EDITORIAL: BLUME
TRADUCIÓN: Pilar Guerrero Jiménez

O outro día dando unha volta por unha biblioteca de Santiago atopeime cunha coleción de libros de historia que me chamou poderosamente a atención, pois trataba temas históricos para rapaces dunha forma novelada, pero ó mesmo tempo con moitos datos e cuestións reais... e empecei a ollalos, de feito comprei varios, pero un deles o dos ESCLAVOS empeceino a ler e non puiden parar. É de fácil lectura, pero é tremendamente crudo e reflexa de forma clara e concisa o sufrimento e loita humanos.O tono do libro é divulgativo é ó mesmo tempo de gran rigor, contén numerosas ilustracións e definicións informativas.
ARGUMENTO:
Trata do comecio que durante os séculos XVI e fins do XIX, sufriron perto de 11 millóns de homes, mulleres e nenos africanos que foron capturados, deportados, trasportados en barcos europeos e vendidos como escravos ó outro lado do Atlántico, principalmente nas Antillas, EEUU e Brasil. Busca compartir a dor e a esperanza de dous irmáns escravos, a través do relato das súas vidas, dende África ás Antillas, descubrindo as loitas pola abolición da escravitude.

"Carlos se divertía jugando a hacer el papel de maestro de escuela, Samuel hacía grandes progresos y la señora Lucía estaba encantada de ver a su hijo estudiando con celo para poder enseñar mejor al esclavo. Todo el mundo estaba muy contento con la siutación hasta el día en que...
Hasta el día en que el Señor Victor llegó en plena clase. Dando grandes zancadas hasta Samuel, le arrancó de las manos el cuaderno en el que se ejercitaba en la escritura, le abofeteó la cara y se volvió hacia su mujer y sus hijos para gritarles con violencia:
-¡Desgraciados! ¿En qué estáis pensando? ¿Queréis enseñar a leer a un negro? ¿Para qué? ¡Tú, sal de aquí!-gritó también a Samuel.
Pero desde fuera, el joven pegó la oreja a la puerta:
-¿Que tipo de cosas puede leer en un periódico o en un libro?- continuó el Señor Saint-Bris. ¿Y qué estúpidas o peligrosas ideas puede aprender? ¡Lo único que conseguirá es ser más infeliz! Que no se vuelva a repetir, ¿entendido?.
Samuel tuvo tiempo de quitarse de en medio antes que el amo saliera de la habitación. Pero el discurso que había oído no hizo sino aumentar su deseo de aprender. ¿Por qué esa prohibición? ¿Qué había escrito en los periódicos y en los libros que le quisieran esconder?"

24/8/07

Agosto musical (VII)

Seguimos de xira polo mes de agosto que como podedes comprobar é xeneroso en eventos musicais...Un día coma hoxe pero de 1948 nace en Lyon (Francia) un músico distinto, que elevou a música eléctrónica a un arte difícil de igualar. Estouvos a falar de Jean Michel Jarre. Ademais de músico destaca polos seus concertos memorables en lugares tan peculiares como a Cidade Prohibida de Pekín, o deserto de Marrocos ....
En 1976 gravou unha pequena obra maestra chamada Oxygene (considerado o álbum máis importante de música electrónica). Foi todo un evento, éxito de ventas en todo o mundo iniciandose unha nova época da música que rompía os mitos de que a música electrónica non era música e que os sintetizadores non eran instrumentos musicais...
A este enorme éxito seguiulle Equinoxe. (1978)
Ademais iniciou a era dos megaconcertos, co seu show na Praza da Concordia en Paris en 1979, reunindo a 1.000.000 de persoas.
Continúa cun novo álbum: Les Chants magnétiques (Campos Magneticos ) (1981)
The Concerts in China (1982)
Musique pour supermarché (Music For Supermarket) (1983, só se produxo unha copia que foi subastada)
Máis tarde chega Zoolook (1984), un dos traballos preferidos dos fanáticos de Jarre no que crea bases e sons musicais con palabras e frases de máis de 30 linguas e dialéctos diferentes.
En 1988 chea Revolutions onde fai un repaso dos cambios e da evolución da humanidade.
En 1990 Jean Michel dedica o seu traballo En attendant Cousteau (esperando a Cousteau) ó biólogo francés Jacques-Yves Cousteau.
En 1993 e inspirado no libro de Stephen Hawking "A historia do tempo" lanza Chronologie, un disco que mostra a evolución na historia do home.
En 1997 Jarre anuncia a continuación do seu traballo máis significativo, Oxygene 7-13, un álbum onde une os vellos sons coas novas tendencias da electrónica.
En 1999 foi o ano onde planifica o seu máis ambicioso proxecto: The 12 Dreams of the Sun, un espectacular show de doce horas para celebrar a chegado do séptimo milenio baixo as pirámides de Exipto. O concerto foi transmitido por internet e gañou varios premios.
No ano 2000 sorprende con Metamorphoses, onde se aproxima máis as correntes electrónicas modernas sen perder a esencia da súa música.
Durante o 2002 preparou un novo disco: Sessions 2000 (2002) e o 7 de setembro realizou un concerto en Aalborg, Dinamarca. Este concerto tivo como tema central a ecoloxía, e gran parte da enerxía precisa para o mesmo foi obtida dos muíños de vento do parque no que se desenrolou o evento.
En 2003 publicou o seu traballo Geometry of love
En 2007 lanzou o seu, ata agora, último disco titulado "Téo & Téa", que conta con 13 temas orientados ó xénero dance.

16/8/07

Unha volta polo mundo

Hoxe chegoume un correo cunha invitación a viaxar polo mundo e non puiden resistirme a invitarvos e a depegar rumbo a unha viaxe fascinante, aquí está abride ben os ollos e deixadevos levar polas marabillas que existen neste planeta:

Unha viaxe polo mundo

15/8/07

A raíña do pop (Agosto musical VI)

Tamén un 16 de agosto de 1958 naceu a raíña do pop: Madonna Louise Verónica Ciccone Ritchie, máis coñecida com Madonna, esta é unha cantante, bailarina, productora, actriz, compositora, deseñadora, escritora e, ultimamente diectora de cine estadounidense. Esta muller converteuse en todo un icono artístico de carácter internacional nas últimas dúas décadas. É unha revolucionaria do espectáculo e a creatividade en xeral que se fixo a si mesma marcando unha tendencia moi influínte na música dos últimos 25 anos. Reinventa a súa imaxe unha e outra vez, ademais tamén destaca pola súa ambición, inovación e provocación, tanto nos seus videos musicais como nos seus espectáculos, e tamén destaca polo uso continuo de símbolos políticos, relixiosos e sexuais. Dende os seus inicios en 1983 co lanzamento do seu primeiro álbum "Madonna" hasta su último disco "Confessions on a Dance Floor" adquiriu e segue a manter intactos o seu éxito e fama mundiais pasando por diversas xeracións. Madonna é dende fai anos, a artista feminina máis existosa de todos os tempos, chegando a vender máis de 275 millóns de álbumes en todo o mundo e .... o que lle queda.
Boa mostra desto que vos digo é este video de 1989 no que xa polemizaba e como...

O Rei do rock and roll (Agosto musical V)

Continuando co periplo por este mes e a súa relación con grandes músicos encontrámonos con que o 16 de agosto celébranse 30 anos da morte de Elvis Aaron Presley, que foi e aínda é un icono da música que inspirou a moitos cantantes tanto fora como dentro do xénero rock.
Considerado O Rei do Rock and Roll, tamén protagonizou moitas películas, case todas consagradas as súas cancións. A pesar da súa morte, Elvis sigue vendendo discos e actualmente superou a cifra dos 1000 millóns de discos vendidos.


free music



Con 10 anos compráronlle a súa primeria guitarra e dende neno xa lle apasionaba a música de blues, o gospel, o Doo wop así como a música country e o pop, incluíndo os temas musicais favoritos da súa nai: mariachi e a ópera. Tamén explorou as raíces musicais indias, xa que tiña ascendencia cherokee, polo lado materno.
Ós 19 anos , en 1954, como regalo de cumpreanos para a súa nai, gravou un disco con dous temas nos estudios Sun Records, My Happiness e That's When Your Heartaches Begin. Ata aquí achegouse dúas veces máis para gravar a nivel privado ata que o escoitou o propietario da compañía, Sam Phillips, que foi o seu descubraidor. .
Os seus comenzos:


Moitos consideran que foi o creador do rockabilly, unha fusión do country e do blues.
Co seu primeiro tema para a RCA, Heartbreak Hotel, conseguiu o seu primeiro número !. O seu modo de bailar, cos seus movementos pélvicos, resultou do máis escandoloso nos EEUU da época, pero entusiasmou ós xoves, incluso nalgúns programas foi censurado, de forma que só se enfocaba da cintura para arriba.
Deste xeito rompeu todos os records de ventas, acadando 11 números un seguidos nas lista de sencillos e 4 nos discos de longa duración, ó mesmo tempo que interpretou varias películas (de mediana calidade) cun éxito enorme de taquilla.
Entre 1958 e 1960 estivo ausente dos escenarios para realizar o servicio militar en Bad Nauheim, (Alemania). Pero o seu regreso foi espectacular na TV rompendo todos os records de audiciencia, sendo visto por máis de 40 millóns de persoas. Presley recibiu 125.000 dólares pola súa actuación que durou 10 minutos.
Elvis gravou 75 álbums de estudio dende 1956 ata o ano da súa morte en 1977, entre os que se inclúen 22 bandas sonoras das súas películas, varios recopilatorios e 8 discos en directo. Rodou máis de 30 películas incluíndo varios documentais das súas xiras e concertos.
Nos seus últimos anos, o mito adquire visos de traxedia. A súa saúde deteriórase tras anos de dietas rigurosas e píldoras de todas clases. Para saír ó escenario cíñese apretadísimos corsés que disimulen a súa obesidade, incluso ten que poñer pañais, xa que perde o control dos intestinos. Esta decadencia chegou ó seu fin o 16 de agosto de 1977. Na actualidade está entrerrado en Graceland, lugar que continúa sendo santuario de pregrinación para millóns de amantes do rock and roll de todo o mundo.
Cerca do fin "o Rei" era unha sombra do artista que cautivou ás audiencias e revolucionou a música popular, pero aínda continúa vendendo millóns e millóns de discos e sigue a ser unha fonte de ingresos multimillonaria para os seus albaceas e herdeiros. ¡Todo un negocio do máis rendible 30 anos despois da súa morte!
Eu recordo que chorei o día da súa morte, tiña 12 anos e foraseme un dos meus grandes ídolos, aínda o siguo escoitando con melancolía e cariño, sobre todo as súas baladas... todo un mito, para moitos un icono, para min un remanso de paz nas súas cancións, a súa voz transpórtame e faime sentir ben....
Recordade a súa música







O seu último concerto


11/8/07

O gran Mark Knopfler (Agosto Musical IV)

Mañá 12 de agosto imos felicitar a Mark Knopfler no seu 58 cumpreanos e sinto que o meu comentario non sexa obxectivo, pero para min é imposible falar de Mark Knopfler e do seu grupo Dire Straits, sen emocionarme e sen tomar partido, xa que me encantan, son un dos meus grupos favoritos, que ademais me trasladan a miña época universitaria aló polos anos 80 e por suposto a unha das etapas máis bonitas da miña vida, ou sexa, é imposible ser imparcial, ...aínda así aconséllovos que os escoitedes porque merece a pena... ¡esa voz...! ¡ esa guitarra...! como soan, poñenseme os pelos de punta só con pensalo. INVÍTOVOS A QUE RECORDEDES OU COÑEZADES... A UN DOS GRUPOS MÁIS GRANDES DA MÚSICA MODERNA.
E esta canción de Brothers in arms, é unha marabilla... mírese por onde se mire (advertín que non podo ser obxectiva neste asunto)

Mark Knopfler revolucionou o mundo da música e sobre todo o da guitarra ( a súa gran pasión). Toca a guitarra utilizando os seus dedos en lugar dunha púa (este xeito peculiar e pouco practicado polos grandes guitarristas do rock). A súa forma de tocar é recoñecible por todo o mundo e non é posible copiala. É único. Esas frases eses solos, esos pellizcos que lle da ás cordas O seu son é cristalino, puro, limpo, dotando as súas obras dunha harmonía, cadencia e calidade propias, é como si fose poesía en movemento... .
free music

Mark Knopfler ten unhas 70 guitarras incluíndo:

**Por certo un 10 de agosto de 1907 naceu Clarence Leo Fender que foi un luthier que fundou a compañía de fabricación de instrumentos eléctricos Fender(o Fender Electric Instrument Manufacturing Company), hoxe coñecida como Fender Musical Instruments Corporation, e máis tarde fundou G&L Musical Products (G&L Guitars). As súas guitarras eléctricas, baixos e amplificadores continúan dominado a musica popular máis de medio século despois. Fender e o inventor Les Paul son citados, como as dúas persoas máis influíntes no desenrolo dos intrumentos eléctricos do século XX.

Tradicionalmente admítese que a marca de Paul Gibson foi o máis serio competidos de Fender na fabricación de instrumentos musicais, tratándose, en realidade, de deseños e filosofías da construción de guitarras moi diferentes e con éxito alternante ó longo da historia

9/8/07

Pequena homenaxe a Hermann Hesse

Hermann Hesse é o escritorritor de lingua alemana máis lido do século XX, naceu un 2 de xullo de 1877 en Calw. E morreu un 9 de agosto de 1962 en Suíza. O seu pai era un misioneiro alemán e a súa nai, de orixe francesa, naceu na India, tamén de pai misioneiro (esto influiu moito na súa vida, ata tal punto que tamén quixo ser misioneiro, aínda que abandonou esta idea). Cando tiña vinteseis anos publicou o seu primeiro volume de Poesías, esta obra tivo gran repercusión entre os críticos, a segunda obra que publicou foi a novela "Peter Camenzind" (1904), que obtivo un gran éxito editorial.
Continuou escribindo e consolidouse como un dos escritores máis recoñecidos de Alemania. Publicou: "Baixo a roda" (1905), "Diesseits", "Veciño" (1908), "Gertrud Rotzhelde" (1914).
Neste punto a súa vida resultaba apacible: tiña esposa, fillos, recoñecemento público, viaxaba por Europa central e a India..., pero as cousas cambiaron en 1914 co inicio da primeira guerra mundial.
Hesse non se plegou á corrente exacerbada de fervor patríotico que recorría Europa, e mantivose fiel ás súas convincións: "Cando odiamos a alguén, odiamos na súa imaxe, algo que está dentro de nós mesmos". "O amor é máis forte que a violencia".

Por eso declarouse, dende o principio, contrario á guerra e expresou o seu desacordo cun artigo periodístico que lle valeu ser declarado traidor á súa patria. Tratando de alonxarse deste clima hostil, partiu cara a Suíza, onde adoptou esta nacionalidade en 1923.

Sempre mantivo distancia dos temas políticos: "Sigo sen compartir a opinión de que a vida e a humanidade deben ser politizadas, e rechazarei ata a morte calquera intento de politizarme. Ten que haber, tamén, xente desarmada, á que se lle poida asasinar. A este sector da humanidade pertenzo e, polo tanto, nunca convendrei […] en que a poesía poida ser menos importante e necesaria que o partidismo ou a guerra.”
Unha vez concluídos os horrores da guerra publicou a novela "Demian" (1919), na que se percibe a influincia da psicoanálises. Esta obra fíxolle recuperar rapidamente a popularidade en Alemania. A ela seguíronlle " Viaxe ó interior" (1922) que incluía o conto "O último verán de Klingor", "Siddharta" (1922), na que se reflexan as súas experiencias na India e o seu forte contacto co budismo. Seguíronlle "O Lobo estepario" (1927), "Narciso e Goldmundo" e " O xogo de abalorios" (1943).
Hess era pouco dado a exposición pública, prefería a soidade e a vida apartada, concendendo moi poucas entrevistas. En 1946 concedéronlle o premio Nobel de literatura, que aceptou, pero non asistiu á ceremonia de entrega.
Definiuse a si mesmo: “A miña fe política é a dun demócrata; a miña concepción do mundo, a dun individualista. O que ocupou, atraxo e conformou o meu espíritu non foron os problemas sociais, senón os do individuo, e a tendencia da nova Historia a suboridnar a personalidade ó capricho das masa arbitraria, é algo que odio á morte. Os meus libros, entre os que hai moitos de natureza puramente lírica, non foron escritos cun propósito deteminado. As dificultades que o individuo debe confrontar hoxe en día no mundo e a maneira de poder construír unha persoalidade armónica, son experimentados por moitos, principalmente polos xoves, dentro dos estados e igrexias autoritarios, e parte desta xuventude é a que parece atopar en min ó poeta co que sinten maior afinidade"

8/8/07

Agosto musical (III)

Seguimos co noso particular xeito de recordar grandes cantantes e músicos. Como é difícil escribir sobre todos eles, prefiro que escoitedes algo da súa música, aí van novas cousas que espero vos gusten, porque son grandes, moi grandes, cada un ó seu xeito e da súa maneira, pero son artistas como a copa dun pino, ou máis ben piñeiro... ¡DISFRUTADE, QUE BEN O MERECEDES! E recordade que aínda virán máis cousas, non poderei resitir falar de Elvis e Mark Knopfler, dous dos meus grandes ídolos musicais, dende que os escoitei por primeira vez nos anos 70...¡ Non choveu nin nada!. Eran outros tempos, pero eu sigo disfrutando con eles e con todos estes artistas que nos regalan cousas tan marabillosas como estas...

  • Un 8 de agosto de 1961, nace Dave Evans, máis coñecido como The Edge (integrante do grupo musical U2)

  • Un 9 de agosto nace Whitney Houston, unha das grandes voces da canción mundial, gran interprete de gospel e un regalo para os oídos. É filla de Cissy Houston, prima de Dionne Warwick e ten a Aretha Franklin como madriña, todo un luxo de damas do gospel e soul.

  • Tamén un 9 de agosto, pero de 1971 nace Juan Esteban Aristizabal, máis coñecido como Juanes. Moitas das súas letras falan da problemática social e humanitaria no mundo e sobre todo no seu país Colombia (Fijate Bien, Sueños, ¿Que pasa? ....) Ademais é un abandeirado da loita contra as minas antipersoa e outros artefactos explosivos que atentan contra os dereítos humanos. Así mesmo tamén está vinculado ó programa de loita conta o HIV/VIH Sida en latinoamerica Youth AIDS.

  • CONTINUARÁ...

7/8/07

Tal vez exista esperanza...

En ocasións un abrazo é todo o que precisamos. Baixo esta premisa Juan Mann, saleu á rúa mostrando un cartel no que se podía ler que se ofrecía a abrazar a todo aquel que o precisase.

O que comenzou como unha iniciativa persoal e anónima calou entre a xente, converténdose en todo un fenómeno social gracias a Internet. Unha boa mostra é este video, un dos máis vistos en YouTube:



6/8/07

O horror de Hiroshima e Nagasaki

O 6 e 9 de agosto de 1945 sendos bombardeiros estadounidenses lanzaron sobre Hiroshima e Nagasaki en Xapón as primeiras e únicas bombas atómicas con uso militar non experimental. En poucos segundos, ambas cidades quedaron devastadas, logrando un xenocidio instantáneo. Calcúlase que nos primeiros instantes en Hiroshima, a bomba matou a máis de 120.000 persoas dunha poboación de 450.000 habitantes, causando outros 70.000 feridos e destruíndo a cidade case na súa totalidade. En Nagasaki, o número de víctimas causadas directamente pola explosión estímase en 50.000 persoas e 30.000 feridos dunha poboación de 195.000 habitantes. A estas víctimas hai que engadir as causadas polos efectos da radiación nuclear que foron moitas nos seguintes anos, morrendo xente de enfermidades descoñecidas, con graves mutacións xenéticas e de cancro. Aínda hoxe en día se están vendo as consecuencias daquel desastre.

Nun comentario dos moitos que estiven a ler estes días alguén dicía que non era cuestión de buscar culpables, senón de atopar fórmulas para que estes horrores non volvan a ocorrer, si tal vez esa sería a utopía a buscar... porque seguimos machacándonos como seres humanos con saña... basta mirar o mapa mundi e ver os conflictos existentes moitos deles enquistados e olvidados. Sería importante lembrar para evitar que volva a pasar, pero tal vez sería moito máis eficaz reflexionar sobre algo tan sinxelo, pero difícil de levar a cabo, como "NON FAGAS ÓS DEMAIS O QUE NON QUERES SUFRIR TI". Reflexionemos todos, porque eso é o que nos distingue dos animais: que somos racionais... ¿OU NON...?

Mirade este estremecedor vídeo e si vos atrevedes envíosvos un enlace dun blog, con moitas fotos e comentarios desgarradores sobre alqueles días, advírtovos que é duro como a vida mesma: Fogonazos (asombros diarios)


Hiroshima - For more funny videos, click here

5/8/07

Agosto musical (II)

Como imos desaparecer ata o luns ou martes (bueno so imos de farra uns días), vouvos a adiantar algúns acontecementos musicais dos que xa falabamos o outro día:
En agosto ocorreu:

  • Un dous de agosto de 1921 morreu un dos máis famosos tenores de todos os tempos ENRICO CARUSO




  • Un 3 de agosto de 1944 naceu NINO BRAVO, que igual que Cecilia morreu nun accidente de tráfico, cando só tiña 28 anos e tamén foi moi chorado en España. Algunhas das súas cancións son auténticos himnos, como este Libre que atopei en You tube, pero tamén outros como Noelia, Te quiero , Un beso y una flor, Mi querida mamá, Esa será mi casa, Voy buscando, Al partir, América ...




  • Un 4 de agosto de 1901 naceu o inigualable e un dos máis grandes trompetistas de jazz de todos os tempos: LOUIS ARMSTRONG, este marabilloso músico, aínda é moi coñecido, ou senón escoita ... ¿soache?. Non só era un gran músico, senón que tiña unha voz, desas que son inesquecibles, ou será que a min gústanme ese desgarro que sae do máis profundo do corazón.


Seguídenos esto só é o aperitivo, a semana vindeira á volta da farra soarán nomes como:

  • Juan Esteban Aristizabal (Juanes)
  • Whitney Houston
  • Enrique Bumburi
  • Mark Knophfler
  • Madona
  • Hilario Camacho
  • Elvis Presley... e máis moito máis

2/8/07

Agosto Musical (I)

Si mirades o calendario de efemérides musicais observaredes que este mes sálese..., nel naceron e morreron algúns dos grandes músicos pops, e tamén conmemórase o 30 aniversario da morte de Elvis "O Rei", e dende aquí imos recordar a música destes mestres.
Hoxe recordamos a Cecilia, que morreu en 1976 un día coma hoxe nun acidente de tráfico. Por favor lede as letras das cancións que vos van enlazadas e xa me contaredes...

Era filla de diplomáticos españois e tivo unha infancia itinerante (Inglaterra, EE.UU., Portugal, Xordania) e unha educación cosmopolita: aprendeu a falar en inglés antes que en español. Cando voltou a España, tras licenciarse en Dereito, decidiu dedicarse a música e a compoñer as súas propias letras, que posúen unha calidade poética e literaria notable, moi por riba do habitual no seu tempo, e que se adscriben a correntes existencialistas e á canción protesta feminista.
En 1972, a multinacional "CBS", hoxe"Sony", contratouna. Unha canción social deste disco "Dama Dama"· foi un existazo
En 1973 apareceu o segundo LP con moitas cancións-recordo ("Cuando yo era pequeña", "Mi ciudad"), prospeccións ó futuro ("Me quedaré soltera", tema forte para a época, e "Si no fuera porque..."), pasado colectivo ("Un millón de sueños", que alude á guerra civil) e un amor existencial e triste característico de Cecilia ("Canción de amor", "Me iré de aquí").
O seu terceiro álbum foi o de maior éxito na súa corta e fulminante carreira. Contén cancións marabillosas como "Un ramito de violetas", "Mi querida España", "
En 1975, Televisión Española decidiu que representara a España no Festival da OTI, e a artista aceptou a regañadentes, posto que non lle gustaban os festivais, a canción que levou foi "Amor de medianoche", composto por ela e Juan Carlos Calderón; o tema, nada festivaleiro, conseguiu o segundo posto.
Un recopilatorio con este título foi o seu último traballo antes de perder a vida.
Como intérprete, unhas veces usou unha voz fráxil de nena pequena e outras unha voz firme e indomesticable. Nos seus versos reflexa unha España gris, que empeza a deixar de ser a España negra e rural do Franquismo.