24/8/07

Agosto musical (VII)

Seguimos de xira polo mes de agosto que como podedes comprobar é xeneroso en eventos musicais...Un día coma hoxe pero de 1948 nace en Lyon (Francia) un músico distinto, que elevou a música eléctrónica a un arte difícil de igualar. Estouvos a falar de Jean Michel Jarre. Ademais de músico destaca polos seus concertos memorables en lugares tan peculiares como a Cidade Prohibida de Pekín, o deserto de Marrocos ....
En 1976 gravou unha pequena obra maestra chamada Oxygene (considerado o álbum máis importante de música electrónica). Foi todo un evento, éxito de ventas en todo o mundo iniciandose unha nova época da música que rompía os mitos de que a música electrónica non era música e que os sintetizadores non eran instrumentos musicais...
A este enorme éxito seguiulle Equinoxe. (1978)
Ademais iniciou a era dos megaconcertos, co seu show na Praza da Concordia en Paris en 1979, reunindo a 1.000.000 de persoas.
Continúa cun novo álbum: Les Chants magnétiques (Campos Magneticos ) (1981)
The Concerts in China (1982)
Musique pour supermarché (Music For Supermarket) (1983, só se produxo unha copia que foi subastada)
Máis tarde chega Zoolook (1984), un dos traballos preferidos dos fanáticos de Jarre no que crea bases e sons musicais con palabras e frases de máis de 30 linguas e dialéctos diferentes.
En 1988 chea Revolutions onde fai un repaso dos cambios e da evolución da humanidade.
En 1990 Jean Michel dedica o seu traballo En attendant Cousteau (esperando a Cousteau) ó biólogo francés Jacques-Yves Cousteau.
En 1993 e inspirado no libro de Stephen Hawking "A historia do tempo" lanza Chronologie, un disco que mostra a evolución na historia do home.
En 1997 Jarre anuncia a continuación do seu traballo máis significativo, Oxygene 7-13, un álbum onde une os vellos sons coas novas tendencias da electrónica.
En 1999 foi o ano onde planifica o seu máis ambicioso proxecto: The 12 Dreams of the Sun, un espectacular show de doce horas para celebrar a chegado do séptimo milenio baixo as pirámides de Exipto. O concerto foi transmitido por internet e gañou varios premios.
No ano 2000 sorprende con Metamorphoses, onde se aproxima máis as correntes electrónicas modernas sen perder a esencia da súa música.
Durante o 2002 preparou un novo disco: Sessions 2000 (2002) e o 7 de setembro realizou un concerto en Aalborg, Dinamarca. Este concerto tivo como tema central a ecoloxía, e gran parte da enerxía precisa para o mesmo foi obtida dos muíños de vento do parque no que se desenrolou o evento.
En 2003 publicou o seu traballo Geometry of love
En 2007 lanzou o seu, ata agora, último disco titulado "Téo & Téa", que conta con 13 temas orientados ó xénero dance.

No hay comentarios: