19/2/13

Contos completos, de Guy de Maupassant

Conta a nosa biblioteca desde hai un tempo cun novo monumento literario: unha edición, en dous tomos, dos contos completos de Guy de Maupassant, o xenial escritor que tanto influira en outros moitos autores como Anton Chéjov ou Leopoldo Alas, o que o converte nun decisivo antecedente directo do conto moderno. Bel Ami, Mademoiselle Fifi, Bola de sebo, A Pensión Tellier e O Horla poden ser considerados os seus contos mais significativos. A traducción ao castelán é de Mauro Armiño, quen é Premio Nacional de Traducción e o máis reputado especialista na obra de Maupassant.
 Nesta dirección pódense ler algúns moi interesantes traducidos ao galego por Isabel Soto http://tradutoresgalegos.com/pdf/ContosMaupa.pdf.