Mostrando entradas con la etiqueta Cómic. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cómic. Mostrar todas las entradas

8/11/18

Unha de B.D. : Death Note… ¿Ten unha fama merecida?





Este manga foi escrito por  Tsugumi Ōba e ilustrado por Takeshi Obata.
Death Note tamén ten unha serie anime baseada no manga e dirixida por Tetsurō Araki.
Eu coñecín este anime grazas ao meu tío Ignacio, ao cal lle encantan este tipo de series. 
Como me gustou tanto, decidín comprarme os mangas para ver se era moi diferente á serie e a verdade é que non se saltan un detalle. Death Note tivo tanto éxito en min que vin a serie unhas tres veces e estou lendo a colección por segunda vez.
É unha historia con moito suspense, intriga e asasinatos. 

Tamén fai referencia á mitoloxía xaponesa, algo que contribúe sen dúbida a que este manga aínda me guste mais xa que toda a mitoloxía en xeral me fascina. 
Aquí, concretamente, encontramos aos Shinigamis, os deuses condutores ao limiar da morte na cultura xaponesa, e tamén a  libreta negra deles á que remite o título deste manga. 

Outros personaxes que nos podemos encontrar Misa Amane, unha coñecida cantante de pop;
L,  o impresionante detective cuxo nome se descoñece e que trata de resolver estes casos paranormais e o meu favorito, o antihéroe, Kira, tamén coñecido como Light Yagami. 

Light é un personaxe moi intelixente que quere acabar co mal na Terra matando a todos os criminais no planeta e reducir os crimes. Para isto, usa a libreta de morte outorgada por Ryuk, un Shinigami.



Si, Death Note ou o Cuaderno da morte, é dentro da historia unha personaxe mais porque ao longo das súas páxinas aparecen as instruccións para usalo e o mais importante, o fío do destino final escrito a tinta de calqueira personaxe do que apenas fican cuarenta segundos de vida unha vez apareza o seu nome escrito completo .
Se vos gustan as novelas ou o cine negro, o suspenso, o misterio e a intriga este saga seguramente sería do voso agrado.

Helena Gómez para Biblioarzúa

https://www.eldiario.es/cultura/arte/civilizacion-Maya-Segunda-Guerra-Mundial_0_838166660.html


24/10/18

Imprescindible de hoxe: Día da biblioteca

Aínda que pensamos que non só de festexar o seu día viven as bibliotecas, aproveitamos que  hoxe é  o 24 de outubro, o aniversario,  o " santo" da biblioteca para vos conducir até un recuncho de Biblioarzúa.

Olho!: Non estamos falando , nen do WC, nen do zulo azul do fondo, estamos falando dun recantinho do corredor central que nós denominamos... a BEDETECA.

Se controlades de etimoloxía e de procedementos morfolóxicos, vos resultará moi fácil saber que se trata dunha palabra formada por un acrónimo: B.D. "Banda desenhada"( Bedé) e despois, pola raíz grega" teca" da voz grega "apotheca" que significa " adega".
Si, ho, tamén podedes chamarlhe coloquialmente  a sección da biblio onde están localizados todos os " Comics"...

Nestes vídeos, companheir@s mois queridos e " currelas" do noso centro  convídannos a adentrarnos nela e, tamén, a encontrar algún gazapo simpático!.

Para vos inspirar nisto dos gazapos, fundamentalmente dos que ocorren no cinema,  consultade esta páxina:

https://www.lasprovincias.es/culturas/cine/gazapos-cine-diste-20170929164115-nt.html        

E se encontrades algún gazapo nos nosos vídeos, se cadra, teredes unha  "compensación-renumeración-retribución" polo voso esforzo...

Quen se atreve @ primeir@? 


10/6/11

O ARTE DE VOAR

Título: El arte de volar
Autores: Antonio Altarriba Ordóñez e Kim (ilustracións)
Editorial: Edicións de ponent


Nun cómic en branco e negro asistimos a unha desgarradora crónica da vida de Antonio, un español do século XX.

É iste un despiadado retrato da condición humana que nos representa a todos: un home suicidase poñendo fin a unha vida marcada polo fracaso e a frustración. Ao igual que outros homes e mulleres tentou construir un mundo máis xusto e a Historia doulle as costas, quixo voar coas ás da ilusión e rematou estrelándose.

El arte de volar está en Biblioarzúa

1/4/11

LAS CALLES DE ARENA

Título: Las calles de arena
Autor:
Paco Roca

Editorial:
Astiberri

Unha vida que non acaba de convencer ao protagonista, unha cita á que non pode chegar tarde (a pesares de que o lector xa sabe que non chegará a tempo), e un atallo que, como pasa moitas veces, resulta peor que o camiño longo, pero que ao final resultou ser máis divertido que o outro.

Unha cidade dentro da cidade con reglas e personaxes surrealistas cunha sorprendente realidade que atrapa ata o final.

Unha historia para non durmir...

2/12/10

OS CINCO NARRADORES DE BAGDAD

Título: Os cinco narradores de Bagdad
Autor: Fabien Vehlmann e ilustracións: Frantz Duchazeau
Editorial: Faktoría K de libros

Os cinco narradores de Bagdad está en Biblioarzúa

Achégadevos se queredes escoitar unha historia.

Collede o libro sen perxuícios por ser un cómic, con ilustracións en cores, co texto en galego, (aínda de de orixe francesa).

Deixade aparcada a idea de que sodes maiores para ler contos...

Deixádevos levar pola imaxinación e os soños como can erades aínda máis nenos ca hoxe e disfrutade desta historia que son moitas, pero que é un único relato fantástico....

8/10/09

COMIC: METRALLA

Israel roto polas tensións dunha guerra interna.

Un atentado no que se producen 5 víctimas, unha delas sen identificar.

Unha familia como calquera outra a pesares dos horrores da cotidianeidade que lles rodea.

Unha procura desesperada ao longo da que aparecen insospeitados rencores, preocupacións e amores da vida do pai/amante desaparecido.

Un relato que mantente na intriga, quizais un pouco frouxo ao final (para o meu parecer, totalmente subxectivo...), pero que resulta tan real e natural como a vida mesma.

Metralla é da autora israelí Rutu Modan

19/2/09

A SEMANA DA BANDA DESEÑADA

O venres pasado iniciamos a SEMANA DA BANDA DESEÑADA. É esta unha actividade na que participa o Departamento de Educación Plástica e Visual, O ENDL e a Biblioteca.

Fixemos unha exposición de cómics diversos na entrada do noso IES, e o ENDL iniciou as actividades co autor do cómic galego dos Megatoxos, Anxo Fariña, que estivo no noso instituto o venres pasado.

Este venres virá
Gochi, o autor galego de “Tesouro de Carraxe” e “A Santa Compaña”, que fará un taller de deseño de cómic entre o noso alumnado.

Eu aproveitei para ler algo da banda deseñada que temos na biblioteca e descubrín a BONE de Jeff Smith.

BONE é unha saga dun heroe involuntario, que xunto cos seus curmáns van para a un valle máis aló dos límites do seu mundo coñecido.

FONE BONE atopará alí a todo unha sorte de personaxes humanos, monstroratas, (chámanse así uns monstros en forma de ratas) e dragóns. E alí coñecerá o amor por Thorn, unha misteriosa rapaza humana que ten soños estraños e que ten unha avoa non menos particular.

É un cómic tenro e gracioso que mestura unha aventura de tintes máis ben épicos cun persoaxe tipo Bugs Bunny (isto último o recoñece o propio autor).


Bone está en Biblioarzúa (por certo está en cores non en branco e negro)
Por certo, como souben agora, o blog de Trafegando ronseis tamén fixo un descobremento deste cómic e un comentario que podedes ler aquí.

13/1/09

EL CICLO DE IRATI

¡¡¡¡¡Un cómic español!!!!! Si. E non é malo, non. Ambientado na Navarra premonárquica, pero non pensedes que estamos ante un cómic histórico nin moito menos, o que pasa é que mestura algo de realidade con moitísima ficción e fantasía.

Ten bos debuxos, aínda que a historia queda ao final un pouco confusa sen resolver os misterios que vanse perfilando ao longo das follas, pero o cómic ten ritmo e é entretido.

Recreado en tempos remotos, con importante presenza do folclore vasco, con seres inventados e xunto cunha referencia (aquí si que verdadeiramente histórica) en relación ao primeiro rei de Navarra, Íñigo Arista.

Historia de fantasía ambientada en 3 capítulos. Eu invítovos a botarlle unha ollada e comparade a cor dos dous primeiros que se adiviña máis artesanal (datan de 1995-97) coa do terceiro que xa parece creada por ordenador. ¿cal vos gusta máis?
EL CICLO DE IRATI é un cómic de J. Muñoz Otaegui e J.L. Landa e está editado por Glénat, s.l.

21/12/08

PERSÉPOLIS

Antes de marchar de vacacións de Nadal e dexesarvos a todos un Feliz Aninovo, quería contarvos que pechamos o ano e o mes dedicado ás relixións dende Biblioarzúa, coa proxección da película Persépolis, de indubidable valor humano para o alumnado de Ciclo Superior do noso instituto.

Persépolis é a historia dunha rapaza en Irán dende a revolución islámica ata agora. A historia comeza cando os fundamentalistas toman o poder obrigando ás mulleres a levar veo, encarcelando a miles de persoas e instaurando un réxime de medo. Ela vai vivir ademais do terror do réxime fundamentalista islámico cousas diferentes como a emigración a Europa, o desamor, as miradas de distintas culturas e así poderá comparar co fundamentalismo relixioso do cal escapou. Esta nena é a propia autora do cómic no que está baseada a película.

É unha historia triste e conmovedora que fai que nos plantexemos unha reflexión sobre como o uso/maluso das relixións e os fundamentalismos poden desgrazar a vida das persoas, como converter ás persoas e aos países en realidades sen futuro e as veces mesmo sen esperanza. (Todo o contrario do que inicialmente parece que eran para o que xurdiron...)

En Biblioarzúa, temos a peli e o cómic de Marjane Satrapi.

21/11/07

E TAMÉN PODEMOS LER UN CÓMIC


LA BALADA DE LAS LANDAS PERDIDAS

de Dufaux e Rosinski Norma Editorial

Este cómic está editado contendo 4 albumes , dando como resultado un integral bastante grande e tamén, para ser un cómic, con un certo glamour aínda que resulta un pouco pesado de manexar. Non obstante é unha boa e bonita edición.
O tomo ven cuns extras finais non demasiado interesantes pero engaden algo de información sobre a historia na que se basea este cómic.
É unha típica historia fantástica de corte clásico, pero ten a orixinalidade de que todo se desenvolve a través de intrigas na corte; as batallas quedan un pouco en segundo plano, e o protagonismo é levado pola maxia e a loita clásica entre o Ben e o Mal.
Hai quen pensa que pode estar inspirado na “Irlanda medieval e nas lendas de meigas”. "Dis que un día renacerá o que morreu nestas terras... E entón oirase un canto... E aquel que o escoita erguerase en armas contra o usurpador... Aquel...ou aquela.". Case todo se resolve con pouca violencia. Ademais a protagonista do cómic é muller, aínda que non ten o típico carácter de heroína xa que ás veces é unha vítima máis do Mal.
Creo que ten unha continuación que non puiden atopar chamado Moriganes, aínda que non sei como estará.