8/11/18

Unha de B.D. : Death Note… ¿Ten unha fama merecida?





Este manga foi escrito por  Tsugumi Ōba e ilustrado por Takeshi Obata.
Death Note tamén ten unha serie anime baseada no manga e dirixida por Tetsurō Araki.
Eu coñecín este anime grazas ao meu tío Ignacio, ao cal lle encantan este tipo de series. 
Como me gustou tanto, decidín comprarme os mangas para ver se era moi diferente á serie e a verdade é que non se saltan un detalle. Death Note tivo tanto éxito en min que vin a serie unhas tres veces e estou lendo a colección por segunda vez.
É unha historia con moito suspense, intriga e asasinatos. 

Tamén fai referencia á mitoloxía xaponesa, algo que contribúe sen dúbida a que este manga aínda me guste mais xa que toda a mitoloxía en xeral me fascina. 
Aquí, concretamente, encontramos aos Shinigamis, os deuses condutores ao limiar da morte na cultura xaponesa, e tamén a  libreta negra deles á que remite o título deste manga. 

Outros personaxes que nos podemos encontrar Misa Amane, unha coñecida cantante de pop;
L,  o impresionante detective cuxo nome se descoñece e que trata de resolver estes casos paranormais e o meu favorito, o antihéroe, Kira, tamén coñecido como Light Yagami. 

Light é un personaxe moi intelixente que quere acabar co mal na Terra matando a todos os criminais no planeta e reducir os crimes. Para isto, usa a libreta de morte outorgada por Ryuk, un Shinigami.



Si, Death Note ou o Cuaderno da morte, é dentro da historia unha personaxe mais porque ao longo das súas páxinas aparecen as instruccións para usalo e o mais importante, o fío do destino final escrito a tinta de calqueira personaxe do que apenas fican cuarenta segundos de vida unha vez apareza o seu nome escrito completo .
Se vos gustan as novelas ou o cine negro, o suspenso, o misterio e a intriga este saga seguramente sería do voso agrado.

Helena Gómez para Biblioarzúa

https://www.eldiario.es/cultura/arte/civilizacion-Maya-Segunda-Guerra-Mundial_0_838166660.html


No hay comentarios: