24/10/10

MANUEL ESTRÉASE COMO ESCRITOR

Título: As manifestacións relixiosas ao longo da historia
Autor: Manuel Lamas
Editorial: tresCtres editores

No día das bibliotecas, empezamos finalmente o blog de Biblioarzúa e para iso temos unha noticia estupenda!!!!

Esta semana, Manuel Lamas, o noso moito máis que compañeiro do IES de Arzúa e de Biblioarzúa, presentou en Ames, no fermoso Pazo de A Peregrina, o seu libro "As manifestacións relixiosas ao longo da historia".


Manuel e o seu libro foron presentados por Amancio Liñares Giraut, da editora, e Xesús Ferro coa presenza do alcalde de Ames, Carlos A. Fernández Castro.

É un texto pensado para 1º e 2º de ESO, pero eu, como profana no tema, atopo que pode resultarnos interesante a moitos máis, xa que a través das súas páxinas facemos un percorrido por aquelas rerelixións máis significativas que xurdiron ao longo da histoira da humanidade, e non só polas do noso mundo occidental.

Finalmente, e dada a orientación didáctica do texto, propóñense exercicios prácticos ao final de cada capítulo.

E todo da man de Manuel o que o fai máis cercano e interesante, e ao que desexamos moita sorte nesta nova andaina literaria.