31/3/14

Octavio Paz naceu hai cen anos

Hoxe fai exactamente cen anos. Foi na Cidade de México. Pouco importan os premios, nin os honores. Non imos sacar do arquivo as fotos famosas publicadas nas revistas. Agora imos só a recordar a súa dimisión como embaixador en 1968. A quen algo quere... No diario El País veñen de publicar unha serie de artigos interesantes sobre a súa obra poética e os seus ensaios. Tentaremos lembrar aos mortos nos seus momentos de gloria. Cando leamos os seus versos, procuraremos esquecer as fotos famosas.

18/3/14

Auga Doce

O vindeiro venres, día 21 de marzo, inaugura a Cidade da Cultura unha exposición llamada "Auga Doce".
Cando lin a noticia, lembrei unha canción que trata sobre a auga, sobre os ciclos dos océanos e os ríos da Terra. Guilherme Arantes, un dos maiores compositores da música popular brasileira, compuxo "Planeta Água" entre abraiado e namorado. Nela amosa a súa sinceira preocupación polo medio ambiente, que o levou a crear unha ONG en Bahía co mesmo nome da canción. A exposición da Cidade da Cultura promete cadros de autores moi afamados, provintes dos museos máis renombrados. Haberá que ver se tamén namorados da auga.
Se queredes escoitar a canción, deixo un enlace: http://www.youtube.com/watch?v=xzh0j4xt7io