O vindeiro venres, día 21 de marzo, inaugura a Cidade da Cultura unha exposición llamada "Auga Doce".
Cando lin a noticia, lembrei unha canción que trata sobre a auga, sobre os ciclos dos océanos e os ríos da Terra. Guilherme Arantes, un dos maiores compositores da música popular brasileira, compuxo "Planeta Água" entre abraiado e namorado. Nela amosa a súa sinceira preocupación polo medio ambiente, que o levou a crear unha ONG en Bahía co mesmo nome da canción. A exposición da Cidade da Cultura promete cadros de autores moi afamados, provintes dos museos máis renombrados. Haberá que ver se tamén namorados da auga.
Se queredes escoitar a canción, deixo un enlace: http://www.youtube.com/watch?v=xzh0j4xt7io
No hay comentarios:
Publicar un comentario