28/10/16

CERTAME LITERARIO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


O 25 de novembro é o Día Internacional contra a violencia machista.
No IES queremos escoitar o que o alumnado ten que dicir sobre a desigualdade entre sexos, por iso convocamos un CERTAME FEMINISTA.
O texto gañador (pode ser en forma de manifesto, poema,...) será lido na concentración contra a violencia sexista que terá lugar o venres 25 ás 12:30 na porta da entrada do IES.
Podedes presentar os vosos escritos até o venres 18 en Vicedirección ou envialos ao mail do IES:
ies.arzua@edu.xunta.es
poñendo no asunto "Certame 25 novembro".

19/10/16

CONCURSO DE EPIFAFIOS para celebrar o Samaín!


BASES DO CONCURSO

1.    Poderá participar no concurso calquera alumno ou alumna do centro; tamén profes e persoal non docente, pero sen optar a premio.
2.    A participación será individual. Os  textos deben ser orixinais e inéditos (en calquera idioma).
3.    Valorarase que sexan ocorrentes, pero non deben ser ofensivos.
5.    Valorarase  o enxeño  e a corrección lingüística.
6.    Os traballos, nos que se farán constar os datos do/a autor/a, deberán presentarse na urna antes da 3ª hora do xoves 27 de outubro.
7.    O xurado estará composto por representantes do alumnado, do profesorado e do persoal non docente do centro.
8.    Categorías: A (ESO) / B (Bacharelato e Ciclos).
9. Os premios serán entregados no Salón de Actos no 2º recreo do venres 28 de outubro.
10.    Premios: Unha semana de bocata + refresco gratis na cafetería do Instituto.