29/4/09

Umia O Grove

Check out this SlideShare Presentation:

27/4/09

Celebrando o día do libro

Durante a semana do día do libro estívose movendo pola entrada do instituto unha presentación que Sabela (profe de lingua española) e as súas alumnas de diversificación fixeron con agarimo para esta ocasión, elas titulárona: A LECTURA e nós traémola a este blog para que sempre estea presente e nos recorde que ler é divertido.

Cada vez estades a ver que dende a porta principal cara a biblioteca están a aparecer unha colección de fotos que nos traen recordos moi penosos, coas nosas praias cheas de chapapote e coa dor na cara da xente... tamén vedes ricóns con libros.... Está claro que enlazamos o PRESTIGE e o MEDIO AMBIENTE... pero aínda non rematamos de montar a exposición e tampouco podemos adiantar as celebracións, reflexións, ... que traerán consigo... pouco a pouco que da máis traballo do que parece.

23/4/09

23 de abril día do libro

Hoxe é o día do libro e hai celebracións de todo tipo festexando este día, nós dende a biblioteca tamén queremos aportar o noso gran de area para intentar fomentar a lectura e os libros. Os que estades no instituto estades a ver que a zona da biblioteca (dentro e fora) está a sufrir cambios importantes cunha achega de fotos impactantes... acompañadas de libros. Aínda non rematamos, levamos dúas mañás a tope pero aínda non fomos capaces de rematar o traballo... pero todo se andará... Nestes días iremos pasando información pouco a pouco, gota a gota, do mesmo xeito que o traballo irá facéndose visible.
Pero non vos vou contar nada máis, estade atentos e seguro que vos chaman a atención as fotos e os libros.... Seguide proximamente o noso blog e visitade a biblio e veredes a sorpresa completa.

Por outra banda acabo de baleirar a cámara de fotos e atopeime coas fotos da viaxe que 4º de ESO e os compoñentes do club de lectura, fixemos a Pontevedra a visitar a cidade e ó Salón do Libro infantil e xuvenil desa fermosa cidade e como vai sendo hora, enlazamos e aquí tedes a pegada dun chuvioso pero marabilloso día na cidade do Lérez.
Por certo o salón do libro IMPRESIONANTE... FANTÁSTICO ...

20/4/09

El lector

No clube de lectura tocounos ler o libro "El lector" de Bernhard Schlink.
Un libro de lectura bastante fácil que fala das relacións humanas entre dúas persoas de diferentes edades e da súa evolución. Un mozo de 15 anos que por casualidade establece unha relación moi íntima cunha señora que lle pode duplicar a idade. A relación complicase debido a a guerra. Ela que é unha analfabeta decide ir traballar os campos de concentración femininos. Despois de acabar a guerra é xuzgada e condenada a cadea perpetua por todas as fechorias que ocorren nos campos, e por unhos informes escritos sobre un traslado de prisioneiros. Neste traslado os prisioneiros estiveron albergados nunha igrexa e nese momento caeu unha bomba e morreron case todos, polo que foi acusada de asesinato.
No cárcere aprende a ler de forma autodidacta. Despois de 20 anos concedenlle o indulto, pero tenlle medo o exterior e antes de sair para fora esgánase.

15/4/09

COMO UNHA NOVELA

Xa sei que moitos coñecedes este texto tan estupendo de Daniel Pennac, pero me parece que é axeitado para introducirnos nesta próxima data que será o día do libro o próximo 23 de abril. Recordeino está mañá cando estiven vendo coa nosa compañeira Sabela unha presentación (que vos poñeremos nuns días) que están a facer un grupo de alumnas/os do IES de Arzúa, en ralación coa lectura.

Eu non me sinto capacitada para facer crítica desta obra, pero acabo de lela despois de escoitar falar dela repetidamente en cada un dos encontros de bibliotecas aos que asisto cada ano.

Só sei que agora teño ganas de continuar lendo e relendo “Guerra e paz” de Tolstoi, “Os Demos” de Dostoievski, “A especie humana” de Robert Antelme, “Os miserables” de Víctor Hugo, “Madame Bovary” de Flauvert, “Doctor Zhivago” de Boris Pasternak, “Os contos petersburgueses” de Gógol, “Oliver Twist” de Dickens .... e tantos outros, a Kafka, a Balzac, a García Márquez, a Fante, a Saki, a Cervantes, ... e iso a pesares de que “non hai nunca tempo para ler, porque o tempo de ler é sempre tempo roubado”.

E así, exercendo o meu “dereito a calarme” deixo que o mesmo Pennac fale: “porque os libros non foron escritos para ser comentados, senon para que, se o corazón así o di, sexan lidos”.

10/4/09

Selo violeta

Pois resulta que ata de vacacións hai mentes que non paran e dedícanse a repartir agasallos, a nós acábanos de chegar vía Raioteca (CEIP Andradre), e vía CEIP Milladoiro de Malpica, uns fermosos agasallos de cor violeta.
Presentámosvos o
selo violeta.

A historia procede de Blogstórias Essenciais , segundo os seus creadores "O Selo Violeta representa as sensações que a cor violeta traz para a nossa mente. Este prêmio é dado aos blogs que têm algumas das sensações da cor violeta. São algumas delas: magia, encantamento, graciosidade, magnetismo... e tudo aquilo que parece mágico".


As regras son:
- Exhibir o Selo Violeta no seu blog coas regras;
- Indicar cantos blogs consideras que merecen este selo;
- Avisar aos indicados, non te esquezas diso!;
- Escribir dous poderes máxicos que xa imaxinaches ter.

Os blogs violeta son:
Iniciarte
Bibliosigüeiro

Moitos dos que a nós nos gustan xa están agasallados por todas partes e por eso non aparecen aquí, pero non porque non teñan a cor violeta do noso corazón... O segrel do penedo, Mesturas, A nosa biblioteca, Biblioafonso, ......

En canto ós poderes máxicos, en quero o poder da amizade por riba de todo, o poder da verdade para descubrir o mundo, o poder da tolerancia e o poder da paz para salvarnos a todos.

8/4/09

TRES MULLERES GALEGAS DE ARMAS TOMAR

Quero presentarvos un libro que acaba de publicar Bahía de Guillermina Domínguez Touriño e Felicia Estévez Salazar adecuado para ser empregado tanto en historia como en literatura.

As mulleres somos unha maioría tratada como unha minoría dende moitos ámbitos (no traballo, nas relacións sociais, no contexto empresarial, científico, literario…). Mentres tanto o noso alumnado de secundaria segue a estudar textos maioritariamente androcéntricos na forma e no fondo en moitos dos currículos actuais, polo tanto a visión da realidade é en certa medida sesgada.

Editoriais, institucións e persoas que nos dedicamos ao ensino temos a responsabilidade de achegar aos nosos xóvenes estas mulleres que, ás veces, parece que mesmo, nin existiron.

Neste contexto é escrito este libro que nos achega a estas tres mulleres, galegas, María Balteira, María Castaña e María Soliña (quizáis despois veñan máis...) na procura de ser un instrumento de referentes históricos para preparar ao noso alumnado cara a un futuro máis axeitado e xusto, contribuíndo a desfacer a omisión das mulleres na historia, non silenciando a perspectiva femenina na mesma. É unha historia de mulleres dende unha perspectiva de mulleres.

1/4/09

PARAÍSO INHABITADO

Para rematar este mes das mulleres recoméndovos Paraíso inhabitado de Ana María Matute , no que atoparemos a Adriana...
Adriana é unha nena moi especial, que descobre un día que o mundo é un espazo grande e cheo de ameazas con “xente moi mala” que se materializa en odios para o seu amigo Teo, (alguén diferente e coa “alma tocada” como ela mesma), en incomprensión no seu propio colexio e nas prohibicións da súa amizade verdadeira, e coñecerá ben cedo que nada é para sempre e que a vida ás veces vólvese demasiado dura aínda que hai que continuar con ela.
Hai lugares repartidos por toda a face da terra onde crecen plantas e flores preciosas, de brillantes cores, cunha beleza sinxela e diáfana, que brillan ao sol simplemente, sen máis pretensións que desfrutar… e de súpeto chega un día de vento atroz e chuvia forte e a flor desaparece e tan so queda o tallo para recordarnos, quizais, aquilo que un día foi…

Pero sobre todo deixame pasmada oila falar con esa claridade de ideas: que ten 82 anos!!!!!