15/4/09

COMO UNHA NOVELA

Xa sei que moitos coñecedes este texto tan estupendo de Daniel Pennac, pero me parece que é axeitado para introducirnos nesta próxima data que será o día do libro o próximo 23 de abril. Recordeino está mañá cando estiven vendo coa nosa compañeira Sabela unha presentación (que vos poñeremos nuns días) que están a facer un grupo de alumnas/os do IES de Arzúa, en ralación coa lectura.

Eu non me sinto capacitada para facer crítica desta obra, pero acabo de lela despois de escoitar falar dela repetidamente en cada un dos encontros de bibliotecas aos que asisto cada ano.

Só sei que agora teño ganas de continuar lendo e relendo “Guerra e paz” de Tolstoi, “Os Demos” de Dostoievski, “A especie humana” de Robert Antelme, “Os miserables” de Víctor Hugo, “Madame Bovary” de Flauvert, “Doctor Zhivago” de Boris Pasternak, “Os contos petersburgueses” de Gógol, “Oliver Twist” de Dickens .... e tantos outros, a Kafka, a Balzac, a García Márquez, a Fante, a Saki, a Cervantes, ... e iso a pesares de que “non hai nunca tempo para ler, porque o tempo de ler é sempre tempo roubado”.

E así, exercendo o meu “dereito a calarme” deixo que o mesmo Pennac fale: “porque os libros non foron escritos para ser comentados, senon para que, se o corazón así o di, sexan lidos”.

1 comentario:

olga dijo...

Por máis anos que lle pasen por riba a este libro só conseguirá facerse máis lido, máis real e máis verdade, porque con cada lectura sae á luz un novo aspecto no que na anterior non repara´ramos tanto. Grazas, Oki, por traelo unha vez máis ó primeiro plano.