Mostrando entradas con la etiqueta ciencia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ciencia. Mostrar todas las entradas

14/2/19

Non é só un día: En Biblioarzúa, dedicamos algún tempo máis ao papel das mulleres na Ciencia (II): Marion Donovan, Mary Anderson e Gertrude Belle



Un artigo de reflexión de Andrea Varela, 2º ESO B

MULLERES ÁS QUE A HISTORIA NON DÁ IMPORTANCIA

Todos coñecemos o inventor do teléfono, da luz eléctrica, etc., en definitiva, estes son inventos que fan da nosa vida algo máis sinxelo, artefactos que hoxe en día resultan cotidiáns. Pero tamén outros están totalmente asociados ao común e ninguén fai caer neles a súa curiosidade por saber quen os inventou. Por exemplo os seguintes, creados grazas ao inxenio dalgunhas mulleres.



Resultado de imagen de MARION DONOVANPrimeiro, falaremos dun invento de Marion Donovan, que é o cueiro de usar e tirar, iso que todos os bebés levan, foron idea desta muller estadounidense, á cal non se recoñeceu coa escusa de que a súa creación non sería útil nin naqueles tempos (1971) nin nun futuro. Está claro que non recoñecela foi un grave erro, xa que hoxe en día son moi utilizados e habituales, pero cabe destacar que Marion Donovan sigue sen o seu recoñecemento. 

A continuación falaremos dun elemento dos coches, que todo o mundo asocia cos homes. 
Refírome ao limpaparabrisas, obxecto que moita xente lle atribúe a Robert Kearns, pois ben, están equivocados. A creadora do primeiro limpaparabrisas foi unha muller de Estados Unidos, Mary Anderson, que tivo a idea un día chuvioso cando viaxaba no tranvía de Nova York, Actualmente, resultaría moi difícil conducir nos días de choiva sen a axuda deste artefacto.

Resultado de imagen de mary anderson parabrisas

En resumen, existen moitos inventos que melloraron as nosas vidas,pero esta muller non só mellorou vidas, se non que salvou moitas outras. Estou falando de Gertrude Belle Elion, nacida en Nova York, creou un dos fármacos máis importantes do mundo. Refírome ao primeiro fármaco contra a leucemia. A pesar de que moitos din que este importante descubrimento foi de George Hitching, foi a estadounidense a que o descubriu nun dos seus experimentos, que máis tarde investigou profundamente con Hitching.

Imagen relacionada

En definitiva, hai descubrimentos tan importantes como os de Thomas Alva Edison e Graham Bell, a pesar de non ser recoñecidos e estar totalmente infravalorados e olvidados.

3/4/11

ALBERT EINSTEIN Y SU EXPLOSIVO UNIVERSO

Título: Albert Einstein y su explosivo Universo
Autor:
Mike Goldsmith
Editorial:El Rompecabezas

Todo o mundo escoitou falar de Einstein algunha vez. É famoso porque descubreu unha teoría revolucionaria sobre o universo. Pero este personaxe está cheo de sorpresas, foi expulsado da escola, espiado polos nazis e lle extirparon o cerebro...

Este libro fai un percorrido que comeza cos inicios de Einstein como mal estudante, continúa coas súas primeiras investigacións sobre o Universo e finaliza co descubrimento da súa famosa Teoría da Relatividade.

Este libro está en Biblioarzúa.

12/4/08

VIVA A CIENCIA!!!


Hoxe chegou un novo libro a nosa biblio, deses que hai que ter, porque son fantásticos os mires por onde os mires.

Este novo libro fala de ciencia e titúlase: ¡VIVA LA CIENICA!. Esta escrito por José Manuel Sánchez Ron e ilustrado por Antonio Mingote. Como eles mesmos indican no prólogo "Este libro trata de ciencia, unha das habilidades máis marabillosas, senón a que máis, que inventamos e desenrolamos os humanos. Non hai máis que botar unha ollada á historia da humanidade, e enseguida se comproba a forza transformadora que posúe a ciencia.

Non hay nada comparable co gozo do saber científico, porque con el podemos coñecer o universo, o mundo que nos rodea, a vida e a nós mesmos. E, aínda así, disuadénos dese coñecemento unha prevención inxustificada: solemos crer que é difícil e, quizais, prescindible. É un tráxico erro. Primeiro, porque deixa ós ignorantes indefensos ante a natureza e as súas manifestacións cotidianas; despois, pporque perden irremisiblemente unha forza inagotable de pracer intelectual.

O coñecemento científico é o principal responsable de que vivamos máis e suframos menos, sen ir moi lonxe no século XIX, antes de que fosen introducidas a teoría microbiana da enfermidade e técnicas médicas como a anestesia e a asepsia, calquera que fose a entrar nun quirófanodebía facer dúas cousas:

  • Prepararse para sufrir moito
  • Facer testamento.

A anestesia eliminou a conciencia da dor, e a teoría microbiana da enfermidade, xunto coas técnicas de asepsia, fixo que se evitaran moitas infecións postoperatorias.

11/3/08

O home que foi quen de medir a terra coa súa cabeza...

Antes de que Magallanes e Elcano desen a primeira volta ó mundo no século XVI, moitos aínda pensaban que a terra podía ser plana. Resulta asombroso pensar que, case 2000 anos antes, os gregos non só achegaron probas convincentes da súa efericidade, senón que incluso un deles ERASTÓSTENES, conseguiu calcular o seu tamaño (máis ou menos polo ano 255 a.c.). Eratóstenes nos seus estudos dos papiros da biblioteca de Alexandría (da que foi director) atopou un informe de observacións en Siena (a uns 800 Km. ó sureste de Alexandría, no que se dicía que os raios solares ó caer sobre unha vara o mediodía do solsticio de verán non producían sombra. Entón o noso pensador realizou as mesmas observacións en Alexandría e asumiu (de forma correcta) que si o sol se atopaba a gran distancia, os seus raios ó alcanzar a terra debían chegar en forma paralela si esta era cha, segundo se creía naquela época, e non se deberían atopar diferencias entre as sombras proxectadas polos obxectos á mesma hora do mesmo día, independentemente de onde estiveran.
Pero, Erastóstenes, observou que si había diferencia. Deste xeito deduciu que a terra non era cha e utilizando a distancia coñecida entre as dúas cidades e o ángulo medio das sombras calculou a circunferencia da terra nuns 39690 quilómetros. E o máis asombroso de todo e que está increiblemente próxima á considerada correcta na actualidade, eso si, sen utilizar sofisticadas tecnoloxías para facer esa medición (errou en menos do 1%).

Erastótstenes fíxoo só coa súa intelixencia e coa súa cabeza, demostrando que a cabeza serve para algo máis que para lucir enriba dos ombreiros.

¿Que vos parece? Como dice unha vella canción que me cantaba a miña avoa:

Tan tan tan tan tantarintiña
o que non pensa
non ten cabeciña.
Tan tan tan tan tantarontola
o que non pensa
non ten cabezola.

ASI QUE XA SABEDES A PENSAR E A UTILIZAR ESA MARABILLOSA MÁQUINA QUE É O CEREBRO


27/11/07

¿Alguén coñece a LUCA?

Pois non, resulta que ninguén coñece a LUCA.

En realidade son as unhas siglas que significan Last Universal Common Antecessor, é dicir, o "último antepasado común universal"

Suponse que todos os seres vivos, incluídos todos nós, descendemos dun microorganismo que apareceu sobre a Terra hai máis de 3.500 millóns de anos. A súa descencencia, ó longo de todo este tempo, foi acumulando variacións sobre variacións para dar lugar á biodiversidade actual.

¿Curioso non?

14/10/07

Marabillas da enxeñería

A través dun correo que me enviou o noso querido compañeiro Fernando Verdes, descubrín unha pasada de "deseños tecnolóxicos" que me deixaron coa boca aberta e os ollos coma platos, e pensei que tiña que compartilo con todos vos e de paso darlle ánimos a Fernando que continúa a loitar coa enfermidade.

Nós votámoste de menos na biblio. Bicos e mogollón de grazas por colaborar aínda que sexa de forma indirecta con esta biblio que ti axudaches a formar e a crecer.


Alucinas con esta foto, pois clicade neste enlace: MARABILLAS DA ENXEÑERÍA DO SÉCULO XXI, e descubriredes unha presentación moi interesante e sorprendente.

5/7/07

A resposta

Xa vexo que andades todos de vacacións e que ninguén contestou a miña difícil pregunta, pero aíndá así e por si hai algún despistado pola rede que non estea na praia, vouvos a dar a resposta que, por suposto, todos coñecedes:...

A porta funciona como unha palanca coas bisagras como fulcro. Canto máis lonxe do fulcro apliques a forza, menos costa de mover.

Pois eso que busques palancas que habelas hailas por todas partes: dende os abrelatas, ás tesoiras ou ós balancíns.

Continuade na praia pero conectade de cando en vez con nós.... Sempre teremos algunha cousa interesante que contar.

29/6/07

Esa horrrible ciencia

Unha das últimas compras que fixemos dende a biblioteca antes de rematar este curso, foron algún libros da coleción "Esa horrible ciencia", que a pesar de estar dirixidos a rapaces ente os 10-14 anos, son do aptos para todo tipo de público (adultos incluídos)... Tratan de acercarnos a ciencia dunha forma sinxela e divertida.
E eu que estes días de vacacións non teño moito que facer (bueno....), ocorreuseme que neste ano adicado a ciencia (porque supoño que sabedes que o ano 2007 foi declarado Ano da Ciencia), poderíamos xogar un pouco e tal vez reflexionar sobre moitos aspectos da mesma, e dito e feito, aquí estamos coa intención de achegar ata vos algunhas preguntas que seguro vos interesan.
Hoxe escomenzamos con algo moi simple ou todo o contrario moi complexo.... ti decides...Lee atentamente e contesta a esta pregunta e si che interesa recorda que a partir de setembro estarán todos estes e moitos máis libros a túa disposición na biblio do Insti para que sexas un pouco máis divertido...
A PALANCA
Unha palanca utilízase para levantar ou empuxar obxectos. A palanca descansa nun punto denominado fulcro e son eficaces xa que a forza de xiro máis efectiva está no ángulo recto respecto ó obxecto que se trata de mover (¿Como imos entendes ou non entendes?). Así pois as palancas non axudan a realizar máis traballo con menor esforzo.

AVISO: PELIGRO FUNESTO. IMOS FACER UN EXPERIMENTO

¿Preguntáchete algunha vez como pode a xente pillarse os dedos coas bisagras das porta?. Débese a que as portas, que son como palancas, dispoñen dunha forza sorprendente que actúa sobre o lado da bisagras; así que, ¡MANTÉN SEMPRE OS DEDOS LONXE DELAS DURANTE O EXPERIMENTO!
Así pois, empezamos...
1.-Abre a porta un pouco, e asegúrate de que teu irmán pequeno non ande por alí, non vaia ser que esto remate no hospital coas unllas negras...
2.-Colócate por fora da porta e intenta empurrala cun dedo a 2 cm de distancia das bisagras
3.-Agora empurra co mesmo dedo a 2 cm do lado oposto das bisabras (lonxe delas).
REFLEXIONA E CONTESTA
¿Cal é máis fácil?
-Ambolos dous son imposibles e tes o dedo dolorido
-É máis fácil empurrar a porta perto das bisagras
-É máis fácil empurrar a porta nun punto máis lonxano das bisagras
A RESPOSTA ESPERO QUE A CONSIGAS TI, SENÓN SIGUE VISITÁNDONOS E UN DÍA DESTES, APARECERÁ A RESPOSTA E O PORQUE.
O autor desta coleción é NICK ARNOLD, que ten títulos do máis interesante.