Antes de que
Magallanes e
Elcano desen a primeira volta ó mundo no século XVI, moitos aínda pensaban que a terra podía ser plana. Resulta asombroso pensar que, case 2000 anos antes, os gregos non só achegaron probas convincentes da súa efericidade, senón que incluso un deles
ERASTÓSTENES, conseguiu calcular o seu tamaño (máis ou menos polo ano 255 a.c.). Eratóstenes nos seus estudos dos papiros da
biblioteca de Alexandría (da que foi director) atopou un informe de observacións en Siena (a uns 800 Km. ó sureste de Alexandría, no que se dicía que os raios solares ó caer sobre unha vara o mediodía do solsticio de verán non producían sombra. Entón o noso pensador realizou as mesmas observacións en Alexandría e asumiu (de forma correcta) que si o sol se atopaba a gran distancia, os seus raios ó alcanzar a terra debían chegar en forma paralela si esta era cha, segundo se creía naquela época, e non se deberían atopar diferencias entre as sombras proxectadas polos obxectos á mesma hora do mesmo día, independentemente de onde estiveran.
Pero,
Erastóstenes, observou que si había diferencia. Deste xeito deduciu que a terra non era cha e utilizando a distancia coñecida entre as dúas cidades e o ángulo medio das sombras calculou a circunferencia da terra nuns
39690 quilómetros. E o máis asombroso de todo e que está increiblemente próxima á considerada correcta na actualidade, eso si, sen utilizar sofisticadas tecnoloxías para facer esa medición (errou en menos do 1%).
Erastótstenes fíxoo só coa súa intelixencia e coa súa cabeza, demostrando que a cabeza serve para algo máis que para lucir enriba dos ombreiros.
¿Que vos parece? Como dice unha vella canción que me cantaba a miña avoa:
Tan tan tan tan tantarintiña
o que non pensa
non ten cabeciña.
Tan tan tan tan tantarontola
o que non pensa
non ten cabezola.
ASI QUE XA SABEDES A PENSAR E A UTILIZAR ESA MARABILLOSA MÁQUINA QUE É O CEREBRO
No hay comentarios:
Publicar un comentario