A maioría de vos xa sabedes que fai pouco chegaron como regalo dende a Asesoría de Bibliotecas Escolares, unhas "mochilas viaxeiras" para que dalgún xeito lle deramos forma a idea de que saíran da biblio cargadas de libros e de ilusións, cara as casas, para que a lectura fose compartida en familia. O mércores previo as vacacións de semana santa, as 5 mochilas traspasaron o umbral da biblio e comenzaron a súa andaina con ilusión, impaciencia, incertidume e tal vez un pouco de medo... OKi e máis Catalina preparáronnas e entregáronnas con todo o cariño do mundo ós 5 primeiros rapaces, comenzando a viaxe cara a lectura en común coa familia. O pasado mércores volveron a saír, esta vez un pouco menos nervosas pero igual de ilusionadas,... todavía é cedo para saber si a experiencia é positiva ou non, e ver que podemos mellorar, pero si mirades estas fotos veredes que prometer promenten... A ILUSIÓN, igual que moitas outras cousas contáxiase, E NON SERÁ POR FALTA DE ILUSIÓN polo que as mochilas fracasen, porque non vos podedes imaxinar CANTA ILUSIÓN, AMOR E ESPERANZA HAI POSTA NESTA ACTIVIDADE QUE VAI DIRIXIDA ÓS NOSOS ALUMNOS E ALUMNAS DE PRIMEIRO DA ESO (para comenzar) ... porque temos pensado ampliarla e tamén continuar facendo da biblioteca UN LUGAR DE ENCONTRO, Ó SERVIZO DE TODA A COMUNIDADE DO CENTRO. Contamos con todos e todas para logralo...
BOA VIAXE E ATA PRONTO
1 comentario:
Vaia iniciativa máis fermosa, non si?
No noso cole xa chegaron de volta e o próximo venres sae a segunda rolda. A experiencia, polo novedosa para eles, sorprendeulles moi gratamente, esperemos a ver como resulta!!
Bicos viaxeiros dende Fene!!!
Publicar un comentario