Estamos de noraboa: despois de máis de 15 anos desde a idea orixinal, Santiago conta dende esta semana cunha gran biblioteca pública: A bibioteca Ánxel Casal, que inicalmente se abre con 60.000 volumes aínda que pode albergar ata 300.000.Conta con 4 prantas, nas que atopamos, salón de actos, hemeroteca, bedeteca, sala multimedia para acceso a internet, sala infantil (toda unha
pranta dedicada aos máis pequenos),etc.
pranta dedicada aos máis pequenos),etc.Parece que vai converterse nunha biblioteca de referencia con innovadores sistemas de última xeración para a xestión dos seus fondos, e segundo o Presidente da Xunta de Galicia na inauguración da mesma tamén é " a máis novedosa, innovadora, e plenamente adaptada ao tempo que vivimos".
No hay comentarios:
Publicar un comentario