Mostrando entradas con la etiqueta Cultura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cultura. Mostrar todas las entradas

20/5/19

17 DE MAIO: MÁIS OITO MICROCRÓNICAS DAS LETRAS GALEGAS NO IES DE ARZÚA





1.- O que máis me gustou foi cando MJ Pérez cantou algunhas das súas cancións, tamén cando os dous responderon as preguntas da caixa misteriosa. Por último , o que máis me gustou foi cando contaron o seu recorrido polo IES . Ademais quero agradecer por facer esta charla con estes maravillosos artistas para o noso dia único porque foi una gran experiencia. Grazas a eles aprendín que cada un ten que loitar polos seus soños e nunca rendirse.
REALIZADO po unha alumna de 2 da ESO A que se fai chamar Eva Ferro Vázquez.
2.- Ás 12:50. Salón de actos que encerraba tantos recordos para os invitados e tantos presentes para os espectadores. Fúmonos deixando levar polos acordes da guitarra de MJ Pérez e os saborosos versos de Vicente Vázquez.Os afluentes corrían en Lyon como corrían os minutos ante o escenario que se fixo deles.Cando soou o timbre a parella marchou cantando “Ai, ai de min! Eu que metín a pata ata o fondo porque che contei todo referente a min".  Antía Pereira 


2
3.- Gustoume bastante, sobre todo porque hai persoas que contan a súa vida e normalmente chega a aburrir, con todo eles contaron a súa historia con graza.  Outra cousa que me gustou foi que, mentres contaban os sucesos da súa vida e MJ ensinábanos as súas videoclips, picábanse e criticaban entre eles, sempre de forma divertida e respectuosa.A verdade é que non coñecía a MJ, pero ao coñecela pareceume unha moza divertida, a súa voz era preciosa, tenia unha arte para a súa profesión que duramente estudou: audiovisuais; díxonos que ao catorce anos regaláronlle unha guitarra e escoitar como tocaba confírmome que desde que lla regalaron usouna moito.Vicente doutra banda contounos as súas viaxes, o seu poema das croquetas con amor foi xenial. Outra cousa que me encantou foi como non tiñan toda a actuación planeada, foi espontánea, improvisada, as respostas ás preguntas eran moi sinceras xa que eles non coñecían ditas preguntas que estaban metidas nunha caixa.Foi unha gran experiencia onde te ris e fanche reflexionar que con esforzo todo pódese conseguir, eles empezaron no instituto IES de Arzúa e chegaron lonxe, encantaríame que chegasen mais lonxe do que han chegaron e que fagan rir a moita xente pero ao mesmo tempo facerlles ver que na vida hai que esforzarse.Un saúdo, Ainara.G.C

4.- Foi unha charla lúdica,por parte de dúas exalumnos do IES de Arzúa.Son os dous mui agradables, tanto como persoas, como representantes do evento transcorrido o anterior 15 de maio de 2019. Foi unha charla na que todos se riron polo menos unha vez. MJ tocaba a guitarra espectacularmente e Vicente acompañábaa de cando en vez cos coros e outras veces coas súas bromas para espertar o ambiente calado que se presentaba cando unha canción de MJ se terminaba.Se é certo que por unha banda me gustaría estar a gozar do día xogando e charlando cos meus amigos na triangular, foi unha experiencia xenial e divertida.  Atentamente o de Rourís

5.- Para empezar teño que dicir que esta actividade pareceume moi divertida e gratificante, pero non todo foi do meu agrado.
Unha das partes desta acividade que me pareceron desde o meu punto de vista erróneas ou non de todo correctas foron as cuestións realizadas, xa que non eran orais, é dicir, eu creo que que estivesen escritas facía perder a naturalidade de esta actividade, se non estiveran escritas e foran realizadas ao final da charla, serían máis espontáneas e resolverían máis dúbidas, ademáis poderían surxir novas preguntas , non só unhas cantas programadas.Aínda que a actividade na súa maior parte gustoume moito por leccións que nos servirán de moita utilidade para a nosa vida, por exemplo que non nos ten porque gustar ou dársenos ven algo desde un principio, senón que en calquera momento da nosa vida pódenos chamar a atención algo que nos noutros tempos calificariamos de aburrido ou de odioso. Pero o que máis me gustou desta gratificante actividade foi a naturalidade que desprendía , eso encantoume, que non estivera todo programado como en outras charlas que chegaban a resultar esgotadoras.Crónica por aIliForCen



6.- O acontecemento vivido no salón de actos o día 15 de maio de 2019 foi moi gratificante e didáctico. Xunto á diversión vivida alí, tamén sentín moita emoción ao escoitar os poemas de Vicente. Gustoume moito,porque como a Vicente, a min tamén me gusta escribir contos e algunha que outra vez,escribo poemas.Gustáronme moito os seus poemas, porque en cada un deles hai un sentimento escondido.
Ás veces,máis facil ou máis difícil de explicar, pero en todos transmítese algún pensamento,sentimento...Gústame moito a súa maneira de expresarse, a súa maneira de sentir cada palabra dos seus poemas.
Sobretodo, encantoume cando fixeron o poema con fado, MJ tocaba de fondo a guitarra mentres Vicente recitaba cada verso do poema.
Cando falaron da súa infancia e adolescencia gustoume, porque reviviron vellos tempos e explicáronnos todo, soamente para nós.
Foi unha charla moi didáctica, xa que,aprendemos diversos poemas que anteriormente moitos non coñeciamos.
Non me esperaba unha charla tan impresionante, pensei que falarían un pouco e iríanse, pero pareceume incrible, por momentos, sentín como conectaban con cada un de nós.
En resumo, foi unha das mellores charlas ás que asistín, porque me gustou que nos brindasen un pouco de atención e que tivesen o simulacro de vir falar da súa vida. Por Tania Vázquez
7.-Gustoume moito, parecéronme os dous moi agradábeis. Non coñecía a Vicente pero sen embargo a MJ si. Pareceume unha oportunidade estupenda para coñecer a dous grandes artistas.
A parte que mais me gustou foi cando cantaron e recitaron un poema con acompañamento musical. Carla Carrón
8.- Foi unha actividade moi entretida. Gustáronme as preguntas xa que as contestaron con total sinceridade. Foron moi naturais na súa forma de expresarse por iso pasaron tan rápido as dúas horas. MJ contounos o seu comezo na música e como dende pequena lle gustou tocar a guitarra e tamén cantou algunhas das súas cancións.
Vicente contounos as súas diversas viaxes que tivo que facer para estudar, recitounos tamén varios dos seus poemas, un deles ía sobre as croquetas, que as comparaba co amor.
Os dous fixéronnos ver que debemos loitar polos nosos soños. Sara Rivas



5/5/10

Ramón Suárez Picallo

O noso compañeiro Xosé Ramón de Allariz (profe de galego) fíxonos esta semblanza sobre a figura de Ramón Suárez Picallo, que estes días está de paseo por Arzúa nunha exposición cedida polo concello de Sada.

"Naceu en Sada (A Coruña) en 1894. Emigrou a Arxentina de rapaz moi novo e alí mantivo contactos cos intelectuais galeguistas que residían en Buenos Aires. Regresaría despois a Galicia onde exercería de director da revista A Nosa Terra (órgano das Irmandades da Fala).

En 1931 participou na fundación do Partido Galeguista . Accedeu os estudos de bacharelato e universidade cáseque ós 40 anos. Rematou a carreira de dereito en1935.

Foi escollido deputado no ano 1936 polo Partids Galeguista . Participou na campaña a favor do Estatuto de Autonomía de Galicia formando parte da comisión que presentou o Estatuto en Madrid. Trala Guerra Civil residiu en New York, Chile e Arxentina. En Buenos Aires formou parte do Consello de Galiza, xunto a Castelao e Alonso Ríos. Morreu no sanatorio do Centro Galego de Buenos Aires en decembro de 1964.

No ano 2008 as súas cinzas foron repatriadas a Sada."

Tamén comentar que foi un lector incansable. Aquí vos quedan as fotos da exposición:


19/3/09

Xardíns do mundo: O xardín xaponés

Hoxe non imos falar dun xardín con nome e apelidos, senón dun xardín que marca unha filosofía de vida. Son os XARDÍNS XAPONESES, que son moi antigos na tradición xaponesa, onde se considera que o home non sería completo sen natureza, sería coma u orfo, se non se sentise irmán da auga, das plantas ou as rochas.... como vedes unha forma diferente de entender os xardíns e a vida.

O xardín xaponés nace como un espazo de meditación en comunión coa natureza, están concibidos para inspirar vitalidade e serenidade, onde as rochas son montañas, a grava modúlase en forma de ondas de auga simulando un estanque ou onde a vexetación se move para poder oír os seus sons e as súas emocións.
Os xardíns xaponeses non están feitos para pasear, senón para ser admirados e contemplados como si fosen un cadro onde o desprazamento do corpo e da mente son fundamentais. O seu obxectivo é representar a beleza da natureza, imperfecta, o desorden e o equilibrio inestable entre o home o ceo e a terra, búscase que o efecto sexa natural, de xeito que si as rochas usadas na súa creación estaban colocadas dun determinado xeito na natureza, no xardín deben ir do mesmo modo... non existe planificación previa, son os propios elementos os que van indicando como deber ir colocados. Son xardíns asimétricos, como o son o mundo e a natureza; si fose simétrico o xardín non invitaría ó home a formar parte dese universo utópico. A Beleza atópase no imperfecto no inacabado. Deben marcar as estacións como símbolo de cambio, todo no xardín ten o seu lugar e non se recollen as follas caídas para permitir o crecemento doutras especies como musgos e fieitos
Hai moitos tipos de xardíns pero poderíanse facer tres grupos:
  • Os da casa de te, á que se accede por un camiño de pedras rodeado de plantas, árbores e auga.
  • Os verdes que poden ser grandes como bosques e solen rodear a mansións.
  • Os xardíns secos ou de pedra que en tan só uns poucos metros cadrados, a base de grava e rochas engloban os principios fundamentais da arte e filosofía xaponesas.
Podes ler máis neste enlace ou neste outro


Na nosa biblio temos moitos libros de xardíns con magníficas fotos para disfrutar de momentos superagradables. Pásate e pregunta!!!

28/2/09

Xardíns do mundo I

Emulando á grande Loly Lago de O segrel do Penedo coas súas entradas de librarías e bibliotecas especiais, e máis modestamente claro... vou empezar a mostrarvos fermosísimos xardíns de todo o mundo, lugares cheos de paz e beleza ós que podes levar un libro e onde entón a felicidade sería completa... ¿Que sería de nos sen a natureza? e tamén e porque non ¿que sería de nos sen esa beleza creada polo home como son os xardíns?, xa sabemos que a especie humana é capaz do peor e do mellor, intentemos quedarnos co mellor e admirar tamén as fermosas obras humanas...
Hoxe para empezar imos visitar O Xardín de Bahai en Haifa - Israel, pola súa fermosura e tamén polo seu simbolismo de paz entre todos os seres humanos.
O primeiro que pensamos cando se chega a Israel, é nunha paisaxe desértica, pero non é así, non en vano son o país punteiro en sistemas de aproveitamento de auga e en sitemas de rega, unha tecnoloxía que lles permite ser un dos grandes productores agrícolas e tamén exportador de tecnoloxía e productos para o rego, buscando minimizar as perdas de auga e rendibilizar ó máximo os recursos neste sentido.
Un dos lugares onde esto se ve claramente son os Xardíns de Bahai en Haifa, un espazo verde, cheo de flores e céspede que se extende pola colina do Carmel. O lugar é o centro de meditación dos seguidores da relixión Bahai, esta é pouco coñecida, foi establecida en Persia en 1862, creen nun único deus, apoian a unificación de todas as relixións, a paz mundial, a igualdade entre homes e mulleres, a educación e a xustiza.
O lugar foi declarado Patrimonio Cultural da Humanidade, a súa construcción costou uns 250 millóns de dólares e rematouse no ano 2001. Os custes anuais de mantenemento son de 4 millóns de dólares e son financiados exclusivamente por membros da comuidade relixiosa.




Ver:

"Si tienes una biblioteca con jardín, lo tienes todo" (CICERÓN)