28/2/09

Xardíns do mundo I

Emulando á grande Loly Lago de O segrel do Penedo coas súas entradas de librarías e bibliotecas especiais, e máis modestamente claro... vou empezar a mostrarvos fermosísimos xardíns de todo o mundo, lugares cheos de paz e beleza ós que podes levar un libro e onde entón a felicidade sería completa... ¿Que sería de nos sen a natureza? e tamén e porque non ¿que sería de nos sen esa beleza creada polo home como son os xardíns?, xa sabemos que a especie humana é capaz do peor e do mellor, intentemos quedarnos co mellor e admirar tamén as fermosas obras humanas...
Hoxe para empezar imos visitar O Xardín de Bahai en Haifa - Israel, pola súa fermosura e tamén polo seu simbolismo de paz entre todos os seres humanos.
O primeiro que pensamos cando se chega a Israel, é nunha paisaxe desértica, pero non é así, non en vano son o país punteiro en sistemas de aproveitamento de auga e en sitemas de rega, unha tecnoloxía que lles permite ser un dos grandes productores agrícolas e tamén exportador de tecnoloxía e productos para o rego, buscando minimizar as perdas de auga e rendibilizar ó máximo os recursos neste sentido.
Un dos lugares onde esto se ve claramente son os Xardíns de Bahai en Haifa, un espazo verde, cheo de flores e céspede que se extende pola colina do Carmel. O lugar é o centro de meditación dos seguidores da relixión Bahai, esta é pouco coñecida, foi establecida en Persia en 1862, creen nun único deus, apoian a unificación de todas as relixións, a paz mundial, a igualdade entre homes e mulleres, a educación e a xustiza.
O lugar foi declarado Patrimonio Cultural da Humanidade, a súa construcción costou uns 250 millóns de dólares e rematouse no ano 2001. Os custes anuais de mantenemento son de 4 millóns de dólares e son financiados exclusivamente por membros da comuidade relixiosa.




Ver:

"Si tienes una biblioteca con jardín, lo tienes todo" (CICERÓN)

4 comentarios:

Loly dijo...

Ai meu Deus, eu non son grande nin con tacóns e sin eles, xa nin che conto... Está visto que ti me miras con bos ollos, con moi bos ollos diría eu!!
Pero bueno, eu o que quería dicir é que ninguén mellor para ilustranos sobre estes marabillosos xardíns. Xa estou esperando as sucesivas entregas.
Bicos

Oki dijo...

Moi bonito.
E se se poden facer peticións a min me gustaría que mostraras a todos o xardín do noso IES de Arzúa en canto chegue a primavera, para que todos poidan ver unha mostra do que facedes tan lindo nos ciclos de agraria.

olga dijo...

¡Eu quero unha biblioteca con xardiiiiiiiiiiiiiiiiiiiin!
Grazas, Marina por tanta beleza para comezar un día neghro onde os haxa.

Mon dijo...

Preciosos xardins, é unha mágoa non ter sitio na casa para sisfrutar de tanta beleza.