25/2/09

Semana da banda deseñada III

O luns 16 de febreiro tivemos a sorte de que nos acompañara Anxo Fariña, un dos máis afamados e mellores ilustradores da nosa Galiza. Estívonos contando a súa vida a través das súas ilustracións e foi moi, pero que moi pracenteiro e divertido.... é un comunicador excelente que ademais nos deixou o seu sentido do traballo duro para poder chegar a onde un quere e tamén a súa filosofía de olvidar ós críticos, ... que o que importa son as gañas e a ilusión coas que se fan as cousas... O dito un pracer e toda unha lección para os máis novos de éxito pero unido ó esforzo. Para os seus seguidores anunciou que está a punto de saír a terceira entrega dos Megatoxos, pero que tampouco pensa facela estirar e estirar... xa que pretende facer moitas cousas e moi variadas na vida.

1 comentario:

olga dijo...

Efectivamente, o traballo de Anxo Fariña cos rapaces é fantástico. E, o curioso, é que é igual de fantástico con aulas de infantil que con adolescentes.