28/2/09

Semana da Banda Deseñada IV

Pois completamos a semana da Banda Deseñada co Taller co que nos deleitou David Prieto "Gochi". Estívonos facendo unha introducción sobre o seu traballo como ilustrador de cómics e tamén como editor e... de igual xeito que Anxo Fariña, foi moi educativo e tamén fixo fincapé na necesidade dun esforzo grande para chegar a "poder vivir desto", falounos de cifras e os rapaces alucinaron cando lles contou o que supoñía facer un cómic como o de "Tramallo e o tesouro da Carraxe " en canto a tempo e en canto a cartos.... REALMENTE TODO PARECE MÁIS DOADO DO QUE EN REALIDADE É, e ademais non temos nin idea do que custa facer as cousas e é moi fácil botar a lingua a pastar (alguén xa dixo que a ignorancia é moi atrevida).
Pois eso que foi unha mañá sen presas, con profesionalidade manifesta, con ilusión, con dedicación, con traballo, con risas, con admiracións, con pinturas de antroido, .... con humor........ con VIDA.
Aquí vos deixo en imaxes unha mañá fantástica e moi productiva (incluso para aqueles que non temos nin idea de debuxar). Un verdadeiro pracer....

No hay comentarios: