16/2/09

El cazador de estrellas

Bachir vive nun campamento de refuxiados saharauis. Unha doenza pulmonar obligalle a permanecer inválido na súa tenda, dende onde escoita atentamente os sonidos que chegan ata él. A través do oído trata de imaxinar o que sucede ao seu redor.
O contexto temporal é a República Saharaui, que loita por manterse libre e independente a través dun conxunto de cidades formadas por jaimas, (tendas de campaña), ao mesmo tempo que mostra a provisionalidade (verdadeiramente tan longa) das súas vidas.
Con esta novela Ricardo Gómez gañou o premio ELANDAR, da Editorial Edelvives, e como sucede noutras das súas obras, rapaces e rapazas viven situacións dramáticas que conseguen superar grazas ao seu esforzo persoal e á poesía, considerada no seu significado máis amplo.
É unha historia de ficción baseada en feitos reais. A partires deses feitos crease un mundo que nos mostra dúas visións: a particular e individual de Bachir, co seu sofremento e ao mesmo tempo ilusión por coñecer e aprender outras cousas máis aló destas jaimas cheas de area, e a propia visión da República Saharaui que quere converterse dunha vez nun estado independente e autónomo.

El Cazador de estrellas de Ricardo Gómez está en Biblioarzúa



Pois unha vez máis perdón pola intromisión no post de OKI, pero resulta que non podiamos ver os post do blog e cortei e peguei de novo a última entrada. Espero que saibades perdoar algunhas cousas que son cousas de novatos

No hay comentarios: