22/12/20

L' ami syrien (O amigo sirio)

     

      O venres 18 de decembro, durante o segundo recreo, tivo lugar a xuntanza do Club de lectura dos alumnos de francés de 2º Bac que leron este trimestre l’ami syrien de Évelyne Siréjols. Houbo un intercambio de impresións sobre o relato que centra a atención na problemática dos refuxiados. Mediante a figura do protagonista Idriss, estudante refuxiado sirio de 17 anos, pódese ver a fuxida do personaxe a diversos países (Turquía, Francia) tras a guerra siria, que provoca a masacre dos seus pais e a desaparición da súa irmá pequena Souad. Destacan os seus respectivos percorridos a través de varios centros de acollida e campos de refuxiados.

      Esta lectura fainos reflexionar sobre a situación de millóns de refuxiados que están nesta situación, especialmente nenos e mozos orfos, menores de idade...


 

Primeira posta en común do club de lectura

 

Onte despedimos o trimestre coa primeira posta en común do Club de lectura do insti.
O alumnado de 1º ESO leu Ons de Carlos Meixide e o alumnado de 3º ESO Memoria do silencio de Eva Mejuto.
Cada grupo fixo unha busca do tesouro a partir de pistas baseadas na obra que co traballo en equipo resolveron rapidamente. Despois vimos o booktrailer que Elsa Fernández fixo para presentarnos unha das obras e que podedes visualizar no seguinte enlace: https://www.youtube.com/watch?v=DFEFQU8W7G0
Finalmente intercambiamos impresións sobre cada obra e até nos deu tempo para achegarnos as personaxes con un xogo de mímica.
Porque a lectura é divertida e creativa!


 

21/12/20

Gañadoras do concurso de postais de Nadal

      As postais gañadoras foron elaboradas por Ainara Gausach de 4º ESO A e Elsa Fernández de 3º ESO A, unha en galego outra en francés, unha en formato cartolina outra en formato dixital e con estas mensaxes damos conta dos propósitos esperanzadores para o vindeiro ano 2021! Celebramos unha educación en valores! 

 
     

             







19/12/20

O día das Letras galegas 2020 foi dedicado á Carvalho Calero. No insti fixemos un vídeo para achegarnos á súa vida e obra de forma dinámica. Hai uns días comunicáronnos que gañáramos o 1º Premio no Certame Audiovisual da Asociación Sociopedagóxica galega!

3/12/20

Dereitos Humanos

     O 10 de decembro é o Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Desde a biblioteca do IES de Arzúa poñemos o noso gran de area para que cada día a nosa comunidade educativa sexa máis sensible co respecto aos dereitos das persoas nos diferentes ámbitos da vida.

     Aquí amosamos este expositor con literatura e cine ó servizo da loita pola dignidade humana, sexa cal sexa a raza, o idioma ou a cultura.