Mostrando entradas con la etiqueta Actividades biblioteca. Exposicións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Actividades biblioteca. Exposicións. Mostrar todas las entradas

21/11/19

Novembro micolóxico no IES de Arzúa


Desde Biblioarzúa, solícitamoslle a Silvia Mira, profesora de Aproveitamentos forestais no Ciclo Medio e Superior de F.P. de Xestión Forestal, que nos contase para o blogue da biblioteca como fora o proceso de documentación bibliográfica para a elaboración e posta en andamento da incríbel exposición micolóxica que se organizou no noso centro este mes de novembro.   

A  continuación,  todo que nos contou... Por certo, ben interesante e estimulante para futuras incursións polo Planeta cogumelo. 

SILVIA MIRA: 
     
Para preparar a exposición partimos dos coñecementos básicos sobre identificación, comestibilidade, toxicidade, etc. que xa tiñamos pero, sendo o reino dos fungos un grupo tan amplo e diverso, é imprescindible o emprego de claves e guías para identificar correctamente cada un dos exemplares.









A correcta identificación é ademáis imprescindible para distinguir entre fungos comestibles, non comestibles e tóxicos. Un erro neste sentido pode ter consecuencias nefastas.

Imagen relacionada


Comezamos saíndo ao campo para recoller a maior variedade posible de especies. Coas cestas cheas, xa na aula (e secos...) agrupamos de visu por grupos ou xéneros (boletus, amanitas, agaricus....). 
Para esta primeira fase da clasificación, foron de gran axuda as claves dicotómicas para a identificación de xéneros que aparecen en todas as guías de cogomelos. 

O seguinte paso é baixar ao seguinte nivel e determinar a especie á que pertence cada especimen dentro do xénero que xa lle temos asignado. Aquí é onde ademáis das claves son indispensables as guías. As imaxes axudan moito ( as guías de Marcote, Pose e Traba teñen moi boas fotografías) pero sobre todo a descrición morfolóxica e do hábitat no que medran son determinantes para facer unha clasificación correcta.  Xa comezando a montar a exposición etiquetamos de forma provisional as especies máis comúns e coas guías fumos dilucidando dúbidas entre especies parecidas e identificando outras que non coñecemos. 


Un bó exemplo da importancia de facer correctamente esta identificación son as fotografías dos lactarius e o Paxillus involutus: Lactarius deliciossus (non só comestible senon delicioso) de outros Lactarios non comestibles aínda que tampouco tóxicos como é o Paxillus involutus, moi tóxico e abundante, fácilmente confundibles uns cos outros. 






Nestas últimas dúas fotos que estades a ver, vese a importancia destas fontes de consulta na delimitación e fixación dos exemplares recolectados. Se vos fixades ben, nunha aparece unha guía importántisma na mesa onde se están distribuindo os exemplares a identificar e na outra, vese un alumno cunha guía na man. 

Finalmente,  substituimos as etiquetas provisionais polas definitivas unha vez estamos seguros de que a identificación é a correcta.

As guías de que dispón a biblioteca do centro, segundovin eu, non comprobei se hai máis, son:

- A guía Blume, moi ampla, con especies de toda Europa.
- Unha guía de Marisa Castro.
- Guia micolóxica dos ecosistemas galegos, de Marisa Castro en Xerais.

Empregamos ademáis a primeira edición de Setas de Galicia, de Marcote Pose e Traba, porque é a que uso eu habitualmente pero existen edicións posteriores desta mesma, ampliadas e melloradas, así como outras guías dos mesmos autores dedicadas a hábitat concretos (dunas, litoral...) moi interesantes. Actualmente este grupo e Marisa Castro son os referentes en canto a publicacións sobre micoloxía en Galicia.




P.S.- Aproveitando, permítome suxerir ampliar a bibliografía con algunha publicación máis de Marisa Castro e do grupo de Pan de raposo (Marcote, Pose,Traba)


E NÓS DESDE BIBLIOARZÚA, ANIMAMOS A TODO O MUNDO INTERESAD@ QUE SE PASE POLA SECCIÓN DE AGRARIA e BOTÁNICA - A DE COR AZUL-  A CONSULTALOS!!

Con certeza que logo saen uns bons níscalos á prancha ou un suculento arroz con boletus !!

Resultado de imagen de boletus recetas arroz
  



14/2/19

Non é só un día: En Biblioarzúa, dedicamos algún tempo máis ao papel das mulleres na Ciencia (I)

E  comezamos con o primeiro. A ambientación do espazo. En Biblioarzúa, estivemos a montar unha expo con algunhas das mulleres máis significativas nalgunhas áreas científicas:
Bioloxía, astronomía, etoloxía, informática...
e que ...
aínda non son coñecidas ou recoñecidas o suficiente!.

Co alumnado de Cultura científica, subimos aos ceos da biblio e pescamos do río do olvido con fío de sedal algunhas das efixies ilustradas destas supercientíficas.

Atréveste a dicir cales?







NOTA: O material da exposición é unha doazón do departamento de igualdade da Universidade de Vigo.

28/11/12

Exposición sobre a violencia de xénero

Da man de La Cenicienta que no quería comer perdices, e grazas á admirable labor da nosa compañeira Emilia, vimos de celebrar na Biblioteca do IES de Arzúa unhas xornadas sobre a violencia de xénero. Vimos unha película que deu moito que falar: Hierro 3, do director coreano Kim Ki-duk. Con debuxos feitos por Emilia, collages, carteis moi coloristas e fermosos comentarios, puxémoslle un pouco de cor ao que sempre nos chega asociado á dor. O sorriso da rapaza que ocupaba o cartel da entrada do noso centro é o emblema do que quixemos expresar: o xesto natural dunha rapaza que sexa sempre coma ese sorriso.