Mostrando entradas con la etiqueta Adolescencia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Adolescencia. Mostrar todas las entradas

17/4/08

CARTA A UN ADOLESCENTE

De Vittorino Andreoli.

¿Por que recomendar este libro?
Porque:
O comportamento dos seres humanos, e máis o dos adolescentes está influído polos sentimentos; e non sempre a razón, e moito menos no caso dos adolescentes está en condicións de modificalo.
Porque:
A autoridade, aínda que ás veces os adultos convertémola noutra cousa, ten algo de carisma e de desexo de estar co outro, de escoitalo e tamén de querelo un pouco. Por iso é bellísimo educar, que non significa impoñer, e debería ser na escola cada un dar e recibir, todos deberían sentirse ben e nunca excluídos uns dos outros.
Porque:
Os adolescentes teñen ante si unha etapa de vida difícil, e organizarse para a vida con momentos de serenidade e ledicia e disfrute coas vantaxes desta sociedade sen esquecer os afectos das persoas que teñen arredor.
Porque:
Os contidos e as grandes direccións do futuro son dos xóvenes e non podemos perder esto de vista.
Porque:
A pesares dos horrores que as veces parecen rodearnos, o paraíso perdido pode ser atopado aquí, onde o home pode ir mellorando a facéndose cada vez máis humano e menos monstruo.

18/2/08

EU DIGO AMOR, TI DIS SEXO

E aproveitando que a semana pasada celebramos o 14 de febreiro, vou propoñervos outro título escrito por María Menéndez-Ponte e Isabel García Santiago, "Yo digo Amor, Tú dices sexo" desta colección sobre temas que poden interesar a adolescentes, nais/pais e profesoras/as.
Como os outros libros comienza cunha historia, que neste caso vai abordar como foi a “primeira vez” de un rapaz e unha rapaza. As dúbidas, os medos, os amigos, os equívocos… todo é importante e ao tempo desvélase como secundario cando os dous descobren que poden confiar nun noutro, que ninguen vai facer nada que o outro non quera facer.
E como sempre hai unha segunda parte na que que se aborda a sexualidade de forma que cada quen debe sacar as súas propias conclusións, aclarando dúbidas como:
“¿ a primeria vez doe moito?”,
“¿é malo ter fantasías sexuais?”,
“existe o punto G?,
“¿pódese usar a píldora do día despois como anticonceptivo?”.

12/12/07

Falando dos dereitos humanos...

Aproveito a ocasión para enlazar coa entrada do luns do magnífico blog MESTURAS da biblioteca do IES Sánchez Cantón e coas inquedanzas sobre estos temas que unha nai fíxonos chegar e vou propoñervos hoxe unha das novidades da nosa biblioteca deste outono: o libro “El beso de Aquiles. Homosexualidad” de Alberto Conejero López e Isabel García Santiago.

“Non teño nada en contra dos maricóns… pero non os quero cerca de min” Cantas veces escoitamos unha frase como esta? Que é o que se agacha tras dela? Quizais sexa odio disimulado, desprezo sen dúbida, descoñecemento tamén…: ignorancia.

“Non quero ser gay. Non quero dicir a miña nai que non vou casar nunca, que non vai ter netos. Sabes o que é estar todo o día finxindo?” E detrás destas outras… canta dor, soidade e desesperación…

Aquí trátase unha historia de amor adolescente. Pero tamén de moito máis. Porque a pesares dos avances legais que tiveron lugar recentemente en España, somos aínda unha sociedade que xulga diferentes aos homosexuais.

E para un adolescente gay ou lesbiana non debería ser distinto que para o resto de compañeiros heterosexuais poder dicir a alguén que lles gusta… ser ter que avergonzarse… sen ter que sentirse diferentes… sen ter que soportar bromas no instituto… Sen ter que desexar soltar un cadáver agochado no seu interior… Un cadáver que chámase amor e que treme de esperanza.

6/11/07

O DIARIO VERMELLO DE CARLOTA - Gemma Lienas

¡Canto dera eu cando tiña 16 anos por contar cun libro coma este!!!! Non podo evitar poñervos algunhas das frases que poden atoparse nel:

“Cada persoa experimenta o orgasmo á súa maneira.... Nin as estatísticas, os libros, un amante, un marido o unha amiga teñen o máis mínimo dereito a dicirnos que hai unha única forma de experimentar pracer, ou que se a vosa non coincide coa dos libros é incorrecta”

“Resulta que hai moi poucas mulleres que chegan ao orgasmo soamente coa penetración. En xeral, todas as mulleres son capaces de ter un orgasmo se hai estimulación do clítoris”.

“Masturbarse considerábase fai anos unha actividade mala, un pecado... Iso era así dende a óptica católica. ...Algunhas relixións xulgan mala calquera actividade sexual que non vaia encamiñada á reproducción”.

“Cando tes a regra podes manter relacións sexuais e podes quedar embarazada se non tomas precaucións”

“A primeira vez que unha rapaza ten relacións sexuais pode quedar embarazada”

“Ter a primeira regra non te converte en muller automaticamente: Hai que medrar e ter experiencia para converterse en muller”

“A maioría dos tabús e prexuízos proveñen da ignorancia”

“Todas as persoas teñen dereito á sexualidade porque é unha maneira de comunicarse cun mesmo e con outra persoa, e unha forma de experimentar pracer”.

“A maternidade é unha forma de realización persoal... pero nin pode ser a única nin é obrigatoria para todas as mulleres”.

“Quizais os homes tería que facer un esforzo por saber como lles gusta facer o amos ás mulleres. E elas para falaren do tema con eles, dicirlles o que lles gusta e o que non”

“Sentirse atraído por persoas do mesmo sexo non é un problema... Un gai ou unha lesbiana non precisan ningún médico... E tampouco que lles digan que lles respectan, só precisan ser tratados como aos demais”

”Non se poder forzar a ninguén a ter relacións sexuais contra a súa vontade”

E moito máis...

31/5/07

Recomendación moi recomendada

Pretendemos iniciar dende a biblio unha nova seción especialmente para educadores e pais/nais, pois é un tema que temos un pouco abandonado e pensamos, que aínda que o noso fin primordial é a educación dos alumnos/as, tamén e verdade que é preciso que toda a sociedade colabore na tarefa (educa a tribu), e nos non podemos esquecer que a colaboración cos pais/nais é fundamental para o noso traballo. Moitas das cousas escritas xa se saben, pero é preciso reflexionar con tranquilidade e seriedade sobre elas.
Esta seción pretende aportar libros, DVS, páxinas web e calquera outro medio que chegue ata nos. A seción ímola iniciar cun deses libros absolutamente recomendable para os pais/nais con fillos en calquera idade. Por experiencia, vos digo que é un libro que che fai pensar, que subraias seguido , que volves atrás e relees, que tes sempre a man, pois é moi claro e sobre todo fala do eixe central do problema de moitos dos nosos adolescentes e xoves. É dicir unha recomendación moi, pero que moi recomendada.

TÍTULO: “El pequeño dictador”. Cuando los padres son las víctimas. Del niño consentido al adolescente agresivo.
AUTOR: Javier Urra
EDITORIAL: La esfera de los libros
Indicamos algúns enlaces onde podedes encontrar máis información
O autor deste libro, foi o primeiro defensor do menor en España e actualmente é psicólogo na Fiscalía de Menores de Madrid. Hai un montón de frases que se poden entresacar das súas páxinas como: "Los niños deben valorar las cosas, aprender a esperar, as soñar, a desear lo que quieren, a esforzarse por conseguilo y ... a no frustarse cuando no lo pueden obtener. De otro modo empiezan por no darle valor a las cosas y terminan por no darle valor a las personas".
Sabemos que algunha nai nos lee, así que ...¡Ánimo pais/nais, tamén contamos convosco para axudarnos a mellorar!