31/5/07

Recomendación moi recomendada

Pretendemos iniciar dende a biblio unha nova seción especialmente para educadores e pais/nais, pois é un tema que temos un pouco abandonado e pensamos, que aínda que o noso fin primordial é a educación dos alumnos/as, tamén e verdade que é preciso que toda a sociedade colabore na tarefa (educa a tribu), e nos non podemos esquecer que a colaboración cos pais/nais é fundamental para o noso traballo. Moitas das cousas escritas xa se saben, pero é preciso reflexionar con tranquilidade e seriedade sobre elas.
Esta seción pretende aportar libros, DVS, páxinas web e calquera outro medio que chegue ata nos. A seción ímola iniciar cun deses libros absolutamente recomendable para os pais/nais con fillos en calquera idade. Por experiencia, vos digo que é un libro que che fai pensar, que subraias seguido , que volves atrás e relees, que tes sempre a man, pois é moi claro e sobre todo fala do eixe central do problema de moitos dos nosos adolescentes e xoves. É dicir unha recomendación moi, pero que moi recomendada.

TÍTULO: “El pequeño dictador”. Cuando los padres son las víctimas. Del niño consentido al adolescente agresivo.
AUTOR: Javier Urra
EDITORIAL: La esfera de los libros
Indicamos algúns enlaces onde podedes encontrar máis información
O autor deste libro, foi o primeiro defensor do menor en España e actualmente é psicólogo na Fiscalía de Menores de Madrid. Hai un montón de frases que se poden entresacar das súas páxinas como: "Los niños deben valorar las cosas, aprender a esperar, as soñar, a desear lo que quieren, a esforzarse por conseguilo y ... a no frustarse cuando no lo pueden obtener. De otro modo empiezan por no darle valor a las cosas y terminan por no darle valor a las personas".
Sabemos que algunha nai nos lee, así que ...¡Ánimo pais/nais, tamén contamos convosco para axudarnos a mellorar!


1 comentario:

Oki dijo...

Pois eu estaba dando unha volta polos blogs de algúns institutos de Galicia e a través do blog da asesoría de bibliotecas escolares accedín ás guías de lectura.
Hai unha do IES Alfonso X O Sabio que se chama Guia de lectura para as Familias 2007. Recomendan un libro que garda relación con este que nos propón Marina, e que vos facilito o título por se vos interesa: Los Hijos Tiranos. El síndrome del emperador. É de Vicente Garrido Genovés e está editado por Ariel.

Por certo invito a todo o mundo a que mire de cando en vez os outros blogs, son estupendos!!!! ¡Que xente tan xenial hai traballando por esas bibliotecas!