20/5/07

Concurso literario: Relato ESO

MENOS LOBOS, CARAPUCHIÑA!

O plató era un espazo abrasador. Os asentos eran de estilo decimonónico. Os focos que mandaban luz, daban unha calor abafante, que te facía suar aínda que tiveses frío.Ao lado dereito do presentador estaba o home calvo do polígrafo. Vestía un traxe con garabata da mesma cor escura que os seus ollos. Levaba nas mangas da chaqueta uns xemelgos de ouro branco.O presentador vestía un pouco máis informal. Lucía uns pantalóns vaqueiros e unha camisa frouxa por fóra. Nas súas mans tiña uns cartóns co nome do programa, supoño que alí estaría o guión.Á esquerda do presentador estaba eu, e ao meu lado a muller máis guapa que vira nunca. Chamábase Helena. (...)

Así comenza o relato gañador do noso concurso que escribiu VICENTE VÁZQUEZ VIDAL (3º ESO A)
Si queres seguir o relato pulsa no seguinte enlace:
http://biblioarzua.googlepages.com/Carapuchia.doc

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Felicidades! Vicentiño !!!

O Segrel do Penedo dijo...

Os nosos parabéns ao autor deste conto tan fantástico. Comeceino a ler e non puiden parar ata o final. Non deixes de escribir!!
Noraboa Marina, o traballo ben feito ten recompensas tan marabillosas como este conto e os poemas dos artigos anteriores.
Bicos.

Anónimo dijo...

Onte, comendo cunha compañeira, gran lectora, comenteille o do voso concurso e o que me gustara o conto gañador. Pediume que llo pasara e aquí tedes o comentario que me acaba de enviar...
Hola Loly:
Te agradezco el envío da Carapuchiña... Me prestó su lectura.
Me parece bueno, bueno, bueno!! ..... No deja de ser un 3º de E.S.O.
Un saludo.
Ana Berta.

Anónimo dijo...

un bo titulo pero o texto non e tan bo