25/5/07

África


Hoxe 25 de maio celébrase o día de África, conmemorando a fundación da Organización da Unidade Africana, OUA (hoxe chamada Unión Africana – UA)

E por este motivo indicamos algunhas cifras para pensar:
• O último informe do Programa de Nacións Unidas para o Desenrolo (PNUD) sinala que dos últimos 5o países co índice de desenrolo máis baixo, 40 son africanos..
• Cerca de 936 millóns de persoas viven en África, delas, 315 millóns o fan na pobreza a pesar das enormes riquezas do continente.
• 460 millóns teñen dificultades ara alimentarse, 50 millóns pasan fame crónica.
• 300 millóns, na súa maioría habitantes de zonas rurais, non teñen aceso á auga potable, 313 millóns carecen de servicios básicos de saneamento.
• Máis de 200.000 nenos son utilizados como soldados, escravos domésticos ou dedicados á prostitución.
• Máis de 78 millóns de nenos están sen escolarizar, a maior parte son nenas.
• Na África subsahariana hai 28 millóns e medio de infectados polo VIH, dos que o 60% son mulleres.
• Só en dous conflictos: Sudán – Darfur e República Democrática do Congo, producíronse, dunha ou doutra forma, 7 millóns de víctimas.
E todo isto:
No chamado continente da esperanza, dada a xuventude dos seus habitntes.
Nun continente con enormes riquezas naturais, e cunha gran historia, cultura e marabillosas lendas.
Nun continente con enormes posibilidades turísticas que o converten nunha fonte de recursos enorme.


Fonte: Manos Unidas

No hay comentarios: