18/5/07

Concurso literario do IES de Arzúa. Categoría Poesía de Bacharelato e Ciclos

Na miña modesta opinión, mentras existan persoas que teñan esta sensibilidade e sexan capaces de escoitala mentres a plasman nun papel deste xeito tan marabilloso, sempre haberá poesía, e si hai poesía sempre hai esperanza.

O PROPIO MUNDO DA ESPERANZA
Se no abismo dun mundo remoto,
retorna a escuridade da vida,
asoma o asombro do existir,
xurde o momento do engano,
vive un tropezo de asomo
da ínfima vida de cadaquén.
Nace a luz,
nun infinito mínimo logro.
Esperanza, quizais,
esperanza de acadar
a visión do desengano
do teu propio ti
.

BELÉN LEÓN SANTOS (2º Bach A)

RUMOR
Sinto o rumor dun lapis
deslizarse nun papel
estou escribindo os meus sentimentos
os alicerces do meu ser.
Quero detelo e non poido
o meu corpo empeza a tremer
miles de voces me berran:
"sigue, sigue"
el vaino ler.
Pois que sería da miña vida
se el non me quixera?.
Que sería do meu amor
se del non fora?
Que sería dos meus soños
se soñar con el non puidera?
Que sería da miña calor
se para el non fora?
De novo oio o rumor
do lapis sobre o papel
de novo as voces me berran:
"sigue, sigue"
el vaino ler.

MIRIAM VEIGA BREA (1º Bach B)

Mañá sae o primeiro premio de poesía da ESO.

3 comentarios:

O Segrel do Penedo dijo...

Parabéns ás autoras deste fermosos poemas.
Disque para fomentar a lectura hai que fomentar a escritura, vós o tedes moi claro.
Unha aperta.

yuju dijo...

Holas Belén este comentario es solo para ti para que veas que leo tus poesías y te escribo cositas, en realidad me gusta mucho, no pense que tuvieses esa capacidad!!!Sabes quién soy verdad?
Un beso, mua!

yuju dijo...

También me gusta mucho el tuyo Miriam que todo hay que decirlo pero Belén estaba ansiosa, un beso a ti también y enhorabuena.