O PROPIO MUNDO DA ESPERANZA
Se no abismo dun mundo remoto,
retorna a escuridade da vida,
asoma o asombro do existir,
xurde o momento do engano,
vive un tropezo de asomo
da ínfima vida de cadaquén.
Nace a luz,
nun infinito mínimo logro.
Esperanza, quizais,
esperanza de acadar
a visión do desengano
do teu propio ti.
BELÉN LEÓN SANTOS (2º Bach A)
RUMOR
Sinto o rumor dun lapis
deslizarse nun papel
estou escribindo os meus sentimentos
os alicerces do meu ser.
Quero detelo e non poido
o meu corpo empeza a tremer
miles de voces me berran:
"sigue, sigue"
el vaino ler.
Pois que sería da miña vida
se el non me quixera?.
Que sería do meu amor
se del non fora?
Que sería dos meus soños
se soñar con el non puidera?
Que sería da miña calor
se para el non fora?
De novo oio o rumor
do lapis sobre o papel
de novo as voces me berran:
"sigue, sigue"
el vaino ler.
MIRIAM VEIGA BREA (1º Bach B)
Mañá sae o primeiro premio de poesía da ESO.
3 comentarios:
Parabéns ás autoras deste fermosos poemas.
Disque para fomentar a lectura hai que fomentar a escritura, vós o tedes moi claro.
Unha aperta.
Holas Belén este comentario es solo para ti para que veas que leo tus poesías y te escribo cositas, en realidad me gusta mucho, no pense que tuvieses esa capacidad!!!Sabes quién soy verdad?
Un beso, mua!
También me gusta mucho el tuyo Miriam que todo hay que decirlo pero Belén estaba ansiosa, un beso a ti también y enhorabuena.
Publicar un comentario